Este verán as pedras do Castelo de San Antón e do Castro de Elviña volverán contar historias, pero desta volta coas voces e risas dos máis pequenos. O Concello vén de anunciar un programa de actividades arqueolóxicas e lúdicas para os sábados de xullo e agosto, dirixidas a nenos e nenas con inquedanza histórica e espírito explorador.
Os obradoiros, que combinan historia, creatividade e moita diversión, teñen como obxectivo facilitar a conciliación familiar e, ao mesmo tempo, achegar o patrimonio da cidade á veciñanza máis nova. A cousa vai en serio: o prazo para reservar praza abre o mércores 25 de xuño ás 10:00 h, e coas prazas limitadiñas, haberá que estar á carreira como se dunha escavación se tratase.
🔹 Información básica para familias rabuñeiras:
-
Horario: todos os sábados ás 12:00 h
-
Duración: 1 hora e media
-
Aforo: 20 nenos/as por taller (15 máis adultos nos familiares)
-
Máximo de dúas actividades por neno/a
-
Levar: roupa cómoda, gorra, crema solar e moita curiosidade
No Castelo de San Antón (Museo Arqueolóxico)
- 5 de xullo – ECOPRINT
- 12 de xullo – O ARTE DO REPUXADO
- 26 de xullo – ROMPECABEZAS NO CASTELO
- 2 de agosto – COPISTAS MEDIEVAIS
Caligrafía, letras iluminadas e un salto á Idade Media. Como se escribiría "rabuña" con pluma de ganso?
- 9 de agosto – XOGANDO Á ROMANA
- 23 de agosto – PENSAR COAS MANS
A cerámica castrexa será protagonista nun taller onde a creatividade será tan importante como a historia. Cada quen fará a súa ola (ou o que lle saia).
- 30 de agosto – ARTISTAS OURIVES (familiar)
🛖 No Castro de Elviña
- 19 de xullo – O TESOURO DE ELVIÑA (familiar)
- 16 de agosto – ¡ARQUEOLOXÍA EN ACCIÓN!
O verán koruñés non se entende sen mar… e tampouco sen historia. Estes obradoiros no San Antón e en Elviña son unha oportunidade única para que os máis pequenos descubran a súa cidade xogando, creando e aprendendo. Porque Koruña non só se vive: tamén se escava.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???