Corunna Live!!!

sábado, 28 de junio de 2025

Festas en honor a San Pedro na comarca e na Torre de Hércules por o seu 16º Aniversario como Patrominio da Humanidade

 Este finde está cheo de moitas celebracións nas vilas preto a Koruña. O 29 de xuño e o Día de San Pedro e no seu nome se fain festas e romarías. 

Fuegos, romanos y un faro azul: la Torre de Hércules se va de cumple

La nosa Torre, o faro máis antigo do mundo en funcionamento, celebra o seu 16º aniversario como Patrimonio Mundial por todo o alto. A madrugada do 27 de xuño comeza cunha iluminación azul —un símbolo de vanguardia e historia unidas— que dará paso a un finde cargado de recreacións históricas, teatro e tecnoloxía.

Ave Crunia no fin de semana na Torre de Hércules

Durante o sábado 28 e domingo 29, a Torre acollerá a Ave Crunia, unha actividade que nos traslada ao mundo civil e militar da antiga Roma. A asociación Gallaecia Viva porá en pé un campamento cheo de xogos, talleres e mesmo loitas de gladiadores, mentres que os Royal Green Jackets traerán un exército romano, actividades para cativos… e un salto ao Século de Ouro.

O teatro tamén será protagonista: Noche Bohemia levará ao público nunha viaxe teatral pola historia da Torre e representará Electra, de Sófocles. Pola súa banda, Corzo Producciones recuperará o humor de Anfitrión, de Plauto, nas escaleiras do faro.

E como guinda do pastel, do 15 de xullo ao 31 de agosto, Maotik trae a instalación dixital Everything Flows, Nothing Dies, un espectáculo inmersivo con luz, intelixencia artificial e arte que reafirma que a Torre non só é historia, senón tamén futuro.

Fillas de Cassandra presentan Hibernarse na Fundación Seoane

O sábado 28 de xuño ás 20:00, o dúo galego Fillas de Cassandra presenta Hibernarse, o seu novo proxecto artístico na Fundación Luis Seoane. Será un evento especial dentro do ciclo Noite no Museo con Fnac, con entrada mediante reserva do vinilo a través da tenda. María SOA e Sara Faro propoñen unha experiencia intimista, cun espectáculo pausado, fóra da lóxica frenética dos festivais: “Queremos estar tranquilas e vivir esta experiencia desde outro lugar, máis íntimo, coidado e con narrativa”. Hibernarse é tamén un EP de catro temas, un fanzine, un videofilm e ata unha colección de xoias artesás feitas por Toda Frágil. Un universo artístico completo.

“Queremos volver á pausa, á artesanía. Temos o privilexio de poder permitirnos facer isto así. Non é rendible, pero é coherente co noso momento vital”.

En Os Mallos, o barrio transforma as súas rúas en escenario de festa

Do 27 ao 29 de xuño, Os Mallos bota a casa pola ventá. O venres comezan co pregón de Inés Rey, homenaxe ao mítico Club Karbo e verbena con Saudade. O sábado haberá pasacalles, concertos en varias rúas, festa da escuma e maxia. A verbena nocturna correrá no super-macro escenario a cargo da Orquestra Brigantium e DJ Javito. E o domingo, despedida con pasacalles dos Kilomberos e vermú musical con Mar Davila.


En Bens, festa ao estilo popular

Bens tamén se suma á troula co seu programa clásico: churrascada o venres 27 con Orquestra Finisterre, pulpada o sábado con Los Satélites e vermú dominical co Dúo D'Vicio. Tamén haberá xogos para nenos, torneo de chave e moita música para mover o esqueleto.


Festival do Pasatempo en Betanzos

Tanxugueiras, Carlos Núñez, Zetak, Antía Muíño e máis conforman un cartel que mestura tradición galega, electrónica e folk con talento local. A cita será os días 27 e 28 de xuño neste espazo máxico que cada vez medra máis en personalidade.


Festas de San Pedro de Nós (Oleiros)

San Pedro de Nós celebra as súas festas a partir do 27 de xuño. Ás 19:00 terá lugar unha gran churrascada, seguida ás 22:30 da verbena da man de Los Satélites.

O sábado 28, a partir das 14:00, celebrarase a sesión vermú co grupo folclórico Os Rueiriños e Xilo e Carlos, xunto coa degustación dunha gran paella. A partir das 22:00 a verbena correrá a cargo de Grupo Assia e Xilo e Carlos.

O domingo 29, ás 13:00, celebrarase a misa solemne na honra a San Pedro coa participación da coral Airiños de Nós, seguida dunha sesión de fogos e dunha sesión vermú infinita desde as 14:00 con Unión y Fuerza, Gus DJ e degustación de callos. Ás 19:00, o pase de tarde e o fin de festa correrán a cargo de Unión y Fuerza.


Festas de San Pedro en Crendes (Abegondo)

Crendes homenaxea a San Pedro con tres días de celebración. A festa comeza o sábado 28 ás 09:00 coa tradicional sesión de dianas e alboradas. Ás 13:00 terá lugar a misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú con callos, amenizada polo Dúo Dilema. Ás 18:00 celebrarase un partido infantil, e pola noite terá lugar a verbena, tamén a cargo do Dúo Dilema e da Discomóbil Disketoca, con David Expósito.

O domingo 29, a misa solemne celebrarase ás 13:00 en honra da Cofradía do Santísimo Sacramento. Os callos da sesión vermú estarán acompañados pola música do Trío Manhattan, mentres que ás 18:00 haberá xogos infantís con toro mecánico, inchables e festa da escuma.

O luns 30 pecharanse as festas cunha gran churrascada e sardiñada a partir das 20:00 horas. A continuación, celebrarase a verbena co Dúo D'Vicio e Cinema. No descanso, sortearanse 300 euros.

Festas de San Pedro en Miño

Miño festexa a San Pedro a partir do sábado 28. Ás 13:00, celebrarase unha sesión vermú na Praza do Parchís co Dúo Karamba. Xa pola tarde, ás 18:00, terá lugar a tradicional cucaña no porto, que repartirá premios entre 100 e 200 euros. A xornada pecharase ás 23:00 co concerto "Lo Mejor del Último", unha homenaxe a El Último de la Fila. l domingo 29 la alborada de las 10.00 dará paso a las 12.00 a la misa en honor a San Pedro y a las 13.30 a la sesión vermú en el campo da festa con Grupo Zona Zero. A las 19.00 será el festival de música y danza tradicional José Juan García y a las 23.30 regresa Grupo ZonaZero a la verbena.

O luns 30 chegará a verbena da Orquesta París de Noia desde las 23.30 horas e o  martes 1 de xullo será Origen a que se encargue da música.

A festa se cierra el mércores 2 a las 18.00 horas con una fiesta infantil de la espuma y día del niño en las atracciones.



Festas da Octava da Ribeira (Betanzos)

Betanzos celebra esta fin de semana as Festas da Octava da Ribeira, comezando o venres 27 ás 20:30 con bombas e churrascada popular. A partir das 23:00, a orquestra Marbella encargarase de poñer a música na verbena.

O sábado 28, desde as 12:00, haberá bombas e alboradas a cargo de Os Xóvenes do Pobo e Os Brigantinos. Ás 14:00, será a sesión vermú animada por Galia, e desde as 18:00 terá lugar a festa infantil. A verbena da noite comezará ás 23:30 novamente con Galia e, ás 00:30, sortearanse 200 euros, antes do tradicional lanzamento de fogos artificiais.

O domingo 29, ás 10:00, haberá alborada, seguida da misa en honra a San Pedro ás 12:00 e da sesión vermú ás 13:30 no campo da festa co Grupo Zona Zero. Ás 17:00, o Club de Piragüismo tomará o relevo, e ás 19:00 celebrarase o Festival de Música e Danza Tradicional José Juan García. A verbena da noite volverá estar a cargo do Grupo Zona Zero desde as 23:30.

O luns 30 chega o prato forte da festa coa actuación da mítica orquestra París de Noia, tamén ás 23:30.

O martes 1 de xullo, será a quenda de Origen, que poñerá a música da xornada festiva.

Finalmente, o mércores 2, ás 18:00, a festa pecharase cunha festa infantil da escuma e o Día do Neno nas atraccións.


Festas de San Pedro en Filgueira de Barranca (Oza-Cesuras)

A festa comezará o sábado 28 coa misa ás 13:00 horas e, pola noite, a gran verbena da man de Los Coleguitas e a Disco Móbil Chocolate. Durante a festa, sortearanse 100 euros entre os asistentes.

O domingo 29 volverá haber misa ás 13:00, seguida da sesión vermú de fin de festa co Dúo Deluxe e sorteos.


Foliada A Meda (Sada)

A pista polideportiva de Sada acolle a segunda edición da Foliada A Meda a partir das 19:30. A xornada comezará cunha sardiñada popular, seguida ás 21:00 dunha foliada con música e baile tradicional. Ademais, haberá mostra de artesanía, sorteos durante todo o evento e recollida de produtos non perecedeiros para Cruz Vermella.



Festival Coral Camiño ao Verán (Sada)

A Casa da Cultura “Pintor Lloréns” acollerá o Festival Coral Camiño ao Verán o 28 de xuño a partir das 20:00 horas. Participarán as agrupacións Coitelo de Pau (A Coruña), Do lado do Sol (Abegondo) e o Coro Galego Santa Comba de Veigue (Sada).
Entrada libre ata completar aforo.


Trasan Fest en Trasanquelos (Oza-Cesuras)

Trasanquelos, en Oza-Cesuras, será o escenario dunha nova edición do Trasan Fest, un festival cheo de música, actividades e bo ambiente.

O venres 27, desde as 17:00, actuarán:
SJU, Jay Luna, Pijama, Carlangas, Tito, Era Hoy, Kenya by Alegría e Todos Verdes.

O sábado 28, a partir das 14:00, será a quenda de:
Sofía de Áfrick, DJ Theaia, Ramírez, Ale González e DJ Suavesito.

Tamén haberá zona de acampada, clases de ioga, talleres de arte, e postos de tarot para unha experiencia completa.


Festas de San Pedro de Borrifáns (Oza-Cesuras)

As festas comezan o sábado 28 coa sesión vermú ás 14:00 a cargo do Dúo D’Vicio, que volverá á noite para a gran verbena desde as 22:00.

O domingo 29, terá lugar a misa solemne ás 13:00, seguida de procesión e sesión vermú con música do grupo de gaitas O Xico e o Dúo Crazy.


Festas de San Paio en Montrove (Oleiros)

O entorno da capela de San Paio acollerá as festas o venres 28 de xuño desde as 13:00 horas.
Haberá misa solemne, procesión, sesión de fogos artificiais e, para pechar a xornada, actuación de Lupe e bochinche no centro cultural. Ambiente asegurado!

Romería do Rocío en Oza-Cesuras

O domingo 29, Oza-Cesuras celebra a súa tradicional Romería do Rocío, cun completo programa que comeza ás 09:10 co rezo do Rosario na parada de taxis de Oza.
Ás 09:30, iniciará a marcha cara ao sanatorio de Cesuras, e ás 12:00 rezarase o Ángelus e realizaranse os bautizos dos romeiros, antes de continuar camiño cara a As Capillas.
Ás 14:00 celebrarase unha Misa Rocieira, e ás 15:00, cada grupo desfrutará da súa comida campestre.
Ás 19:00 farase a procesión de recollida da Virxe do Rocío para a súa ermida.

A organización informa que haberá churrasco e paella para quen queira, e recomenda que os homes leven camisa branca, gorra e pano ao pescozo, e as mulleres vistan traxe de flamenca ou saia rociera. A romaría vai ser de película!

 

Romería de San Pedro de Rubieiro (Carral)

O domingo 29 celébrase a romaría de San Pedro en Rubieiro (Carral), comezando ás 13:15 coa misa solemne en honra ao santo.

A continuación, ás 14:30, terá lugar a sesión vermú e baile da tarde amenizados polos Gaiteiros de Abegondo e o Dúo Lidia.

A comida correrá a cargo da Pulpería Porta, que ofrecerá polbo á feira, churrasco e carne ao caldeiro, todo a 14 euros a ración. Bo xantar, boa música e moito San Pedro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???