O Deportivo escolleu o Día de Galicia para dar a coñecer a súa terceira equipación da tempada 2025/26, e non foi por casualidade. Este lanzamento vai moito máis alá do marketing ou do deseño: é unha declaración de principios, unha homenaxe visual á identidade galega, á alma atlántica e ao profundo vencello que une ao Dépor coa súa terra.
Deseñada por Kappa, patrocinador técnico do club, a nova elástica toma como base a bandeira de Galicia e réinventa a súa estética sen perder a esencia. O branco tradicional transfórmase nun ton óso elegante, case cerimonial, sobre o que destacan detalles dourados que non son simples adornos, senón un guiño á historia, á grandeza e á ambición que envolven ao escudo branquiazul.
O azul galego continúa presente, nesta ocasión acompañado por mosaicos inspirados na Rosa dos Ventos que preside a Torre de Hércules. A escultura do artista coruñés Tono Correa Corredoira non só decora: vertebra visualmente toda a colección do Dépor para esta tempada e serve de brúxula simbólica para unha camisola que conecta pasado e presente.
Pero hai máis. O que fai única a esta terceira equipación é o seu homenaxe ás nacións celtas. Ao redor da Rosa dos Ventos aparecen integrados os símbolos que representan esta identidade compartida:
-
A vieira, por Galicia
-
O trévo, por Irlanda
-
O trisquel, pola Illa de Man
-
O dragón, por Gales
-
O cardo, por Escocia
-
O cáliz, por Cornualles
-
O armiño, por Bretaña
-
E a caveira de Tarsis, ligada á figura do rei Xerión, que completa os oito cadrantes
Segundo revelou o propio club, estes símbolos non só decoran, senón que constrúen un mapa visual dunha cultura que transcende fronteiras e que atopa no Deportivo un canal para expresarse.
Os detalles dourados tamén están presentes no pantalón curto, que se presenta en azul claro, completando un conxunto que transmite elegancia e identidade.
O RC Deportivo, así, completa a presentación dos seus equipamentos para a tempada 2025-2026 co lanzamento desta terceira camisola o 25 de xullo, Día de Galicia. Unha peza que pon o foco nas raíces, a identidade e o orgullo galego, converténdose probablemente na máis koruñesa das tres.
Esta camisola non se limita a vestir un equipo. Conta unha historia. Fala de raíces, de orgullo, de conexión. É unha pel para sentir Galicia en cada pase, en cada gol, en cada partido. É unha invitación ao deportivismo a celebrar o que o fai único: as súas orixes, a súa historia e a súa forma de entender o fútbol... e a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???