Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

viernes, 6 de junio de 2025

Augusto César Lendoiro cumple 80 años

 Non todos os días se soplan 80 candeas, e menos aínda se fai rodeado da historia viva do fútbol galego. Augusto César Lendoiro, o eterno presidente do Dépor, celebrou o seu aniversario este xoves cunha festa sorpresa no Restaurante O Cabo, organizada polo seu círculo máis próximo. Alí estaban amigos, familia e un doce preparado para a ocasión, inmortalizado polas cámaras do Chiringuito.

Sempre lle gustou dicir que naceu un 6 de xuño como o desembarco de Normandía, "o Día D", bromeaba, aínda que o seu foi en 1945, cando a guerra xa tocaba ao seu fin. E quizais iso é o que representa tamén: o comezo dunha era. A dun Deportivo que, baixo o seu liderado, viviría os anos máis felices da súa historia.

Augusto con un grupo de famiiares y amigos muy
cercano, celebrando su cumpleaños.
Foto de Deporte Campeón. 




O legado lendoirista: o Dépor máis grande da historia

Cando Lendoiro colleu as rendas do Deportivo a finais dos 80, o club estaba en horas baixas, afundido na Segunda División e cun futuro incerto. Pero chegou el, con visión, teimosía e amor polo escudo, e todo cambiou.

En apenas tres anos, o equipo ascendeu á Primeira División. En pouco tempo, chegaron os fitos históricos: semifinales de Copa, fichaxes clave como Bebeto e Mauro Silva, subcampionatos de Liga e, finalmente, a gloria absoluta: a Liga 1999-2000, a única que descansa nunha vitrina galega. Un soño que se fixo realidade grazas á súa xestión.

Con Lendoiro no despacho, o Dépor sumou unha Liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas, converténdose nun dos equipos máis respectados de Europa e chegando ás semifinais da Champions. En pleno século XXI, o nome de Koruña resoaba por todo o continente.

Foron anos de ledicia, de rúa e bandeira, de fútbol e orgullo. De sentir que aquí tamén se podía. De crer que unha cidade coma a nosa podía estar á altura dos máis grandes. E iso, iso é algo que nunca esqueceremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???