Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

martes, 1 de julio de 2025

A Cúpula Atlántica volve respirar: arte, océano e memoria en San Pedro

 Esta semana, Koruña ten un novo motivo para erguer a mirada cara ao Atlántico. A icónica Cúpula Atlántica do Monte de San Pedro, pechada durante anos e deixada a medias entre o óxido e o esquecemento, reabre totalmente restaurada e cunha proposta artística de primeiro nivel. 

Zara cumpre 50 anos, e para celebralo non escolleu unha festa nin un desfile. Escolleu facer un agasallo. E non un calquera: un acto de amor á cidade que a viu nacer, como quen volve á casa co corazón cheo e di “grazas”. 

Dende o 3 de xullo, podrá  verse neste espazo emblemático unha instalación inmersiva da artista británica Es Devlin, e converterase ata outubro nun lugar para a arte, a memoria e a emoción atlántica.


🛠 Un símbolo herculino recuperado por Zara

A reconstrución da cúpula forma parte das actividades do 50 aniversario de Zara, a multinacional koruñesa que decidiu deixar pegada na cidade que a viu nacer. O edificio, que leva case vinte anos no cumio do Monte de San Pedro, estaba pechado desde 2019 por deterioro. A súa arquitectura circular de cristal e aceiro, con 28 metros de diámetro, estaba pensada orixinalmente como miradoiro e restaurante panorámico.

Agora, tras meses de obras, a cúpula abre con nova vida. Zara realizou a reforma e ofrece este espazo ao Concello en réxime de cesión gratuíta temporal. Así, a cidade gaña un novo punto de encontro entre cultura e natureza, sen custo para as arcas públicas. Os traballos incluíron a substitución dos cristais danados, melloras na estrutura, rehabilitación da cuberta e a instalación dun sistema de iluminación adaptado á nova función expositiva.


🌊'50 Songs for the Sea': a voz do mar na cidade do vento

No centro da Cúpula instálase ‘50 Songs for the Sea’, unha obra de gran formato da recoñecida artista Es Devlin, coñecida por proxectos escénicos para artistas como Beyoncé ou U2. A súa proposta combina arte cinética, poesía, son envolvente e proxeccións de vídeo. Trátase dun teatro escultórico rotatorio de tres aneis en movemento continuo, que proxectan imaxes e luces mentres se escoitan 50 poemas sobre o mar.

Es Devlin
Es Devlin, la artista británica autor de "50 songs for the Sea". Foto de La Opinión de A Coruña. 

A instalación está composta por unha peza audiovisual de dez minutos que se proxecta no interior da cúpula e que vai acompañada pola voz da actriz Elena Anaya. No exterior, unha banda de LED proxecta en bucle 50 poemas sobre o mar, coma se o propio océano falase a través dos versos. Todo isto cun remate inesperado: a proxección xira, e de súpeto ábrese ao espectador a vista panorámica completa da cidade, deixando sen palabras a quen non a coñecía... e reapaixonando a quen xa a levaba dentro.

Este es el aspecto del interior remozado de la Cúpula Atlántica. Foto de La Opinión. 

Segundo Devlin, este espazo coruñés mira cara tres continentes: ao sur, ata África; ao leste, ata Asia; e ao oeste, cara América, abrazando así un horizonte que conecta coas rutas que fixeron posible a historia de Zara e tamén a da cidade. Para ela, esta obra invita tanto a celebrar a participación da xente de Koruña nestes 50 anos, como a presentar a cidade aos que chegan de novo, nun sitio onde “as ondas e o clima feroz” constrúen carácter e beleza.

Os textos foron traducidos ao castelán por Mariano Peyrou e recitados pola actriz Elena Anaya, envoltos nunha banda sonora que percorre ondas, ventos e lembranzas oceánicas. Cada pase dura uns dez minutos e repetirase cada hora e media.

Devlin traballou cun equipo multidisciplinar no deseño desta experiencia, incluíndo arquitectos, deseñadores de luz, produtores de son e poetas. A idea, segundo declarou, é "celebrar a conexión emocional que temos co océano, especialmente nun lugar como A Coruña, onde o mar é identidade".

O mar como identidade. Foto de Opinión Coruña. 

Pero a Cúpula non se limita á proxección. Haberá concertos, talleres públicos e actividades culturais ata o 12 de outubro, conformando un programa que se suma ao impulso que tamén está a dar a Fundación MOP no porto coruñés. Todo con entrada gratuíta, previa reserva na web de Zara. E para completar a experiencia, o espazo conta agora cunha cafetería aberta ao público, onde tomar algo mentres se contempla Koruña dende o ceo.

E despois de 12 de outubro o Concello ten previsto aproveitar o espazo para novos usos culturais.


☕ Miradoiro, cafetería e encontros coa cidade

Ademais da instalación artística, a cúpula contará cunha nova cafetería con vistas que abrirá nos próximos días, onde poderemos tomar algo mirando ao mar, as borrascas que entran en Europa e tocan terra aqui, a o litoral desde as Sisargas ata o porto; a inmensidade do Atlántico. A entrada será de balde, con control de aforo, e as reservas faranse desde a web oficial da exposición. Habilitaranse tamén actividades complementarias: talleres, encontros artísticos, visitas escolares e ciclos de música ou poesía ao solpor.

A nova cafetería. Foto de Opinión Coruña

🌄 A cidade recupera o seu gran balcón ao Atlántico

Este proxecto tamén ten unha dimensión urbanística e emocional importante: recupérase un espazo que levaba anos en desuso e deterioro, grazas a unha concesión temporal outorgada polo Concello, que viu nesta proposta unha oportunidade para revitalizar un dos miradoiros máis espectaculares da cidade. A empresa concesionaria Miramar de San Pedro S.L. amosou o seu acordo co Concello para suspender os antigos servizos municipais e facilitar esta nova etapa.

A remozada Cúpula Atlántica. Foto de El Español.

O miradoiro da cúpula ofrece unha das mellores vistas panorámicas da cidade. Desde alí, pode verse a cidade vella, a Torre de Hércules, a praia de Riazor, as illas exteriores, o paseo marítimo, os portos… e tamén a inmensidade do mar que rodea a cidade.

A súa recuperación supón devolver á veciñanza un espazo querido, singular, e moi utilizado até a súa clausura. A ascensión polo elevador panorámico do parque (construído en 2007) é xa unha experiencia en si mesma: unha cápsula que nos leva desde o paseo marítimo ata o cumio do monte, salvando 63 metros de altura con vistas vertixinosas.


🏰 San Pedro, de batería militar a pulmón cultural

O Monte de San Pedro, onde se atopa a Cúpula, é un parque urbano creado a finais dos anos 90, tras a reconversión dunha antiga batería militar. Na zona consérvanse aínda os canóns, os túneles subterráneos e estruturas defensivas, agora integradas nun espazo verde aberto á cidadanía.

Foto del Español. 

O parque é xa un dos lugares máis visitados polos turistas, pero tamén un sitio de paseo habitual para moita xente do barrio e da cidade. A nova etapa da cúpula dálle un impulso simbólico a esta zona, que une historia, natureza, memoria e vangarda artística

💘Un acto de amor hacia Koruña

Esta non é a única pegada cultural recente de Inditex na cidade: hai uns días, inaugurouse tamén a exposición David Bailey’s Changing Fashion na nave do muelle de Batería, outro espazo recuperado pola Fundación MOP. E por se fora pouco, a primeira tenda de Zara na rúa Juan Flórez —aquela que o viu nacer hai medio século— foi renovada por completo este ano, e inclúe agora unha cafetería, unha boutique de revistas e unha colección de edición limitada.

Zara cumpre 50 anos e o celebrado con este gran espectáculo nun sitio tan emblemático. Pero máis que unha celebración de empresa, isto semella un agasallo. Un agasallo a Koruña. Á cidade que a viu nacer, medrar e vestir ao mundo. E non calquera agasallo: un que une arte, poesía, paisaxe e emoción. Un acto de amor que, no fondo, non está tan lonxe do que facemos aquí cada semana con este blog. Porque amar esta cidade tamén é falarmos dela, contala, mirala dende o alto... e compartir a vista.

La nueva cúpula recibe a los primeros visitantes que salen sorprendidos de la exhibición (El Ideal Gallego). 

Primeras reacciones a la cúpula de Zara en A Coruña: «Se me ha puesto la piel de gallina» (La Opinón Coruña). 

🖋 Remate rabuñés

En Koruña non só recuperamos un edificio: recuperamos un xeito de mirar. Mirar cara ao mar, cara á nosa memoria , cara ao futuro . A Cúpula Atlántica volve ser o que debeu ser sempre: un faro sen luz, esa que pode verse na Torre de Hércules, pero con moita alma. Grazas ao traballo de moita xente, e co impulso da arte e do sentimento, San Pedro deixa de ser un outeiro esquecido para converterse nun corazón que latexa arte e horizonte.

Así que, xa sabedes: subide á arielita, tomade un café mirando o mar, entrade no alto da cúpula para sentir as "50 Cancións do Mar" e deixádevos envolver polas voces do océano... e logo baixade de novo ó barrio. Porque somos cidade de vento, brétemas e salitre... e de rabuñadas con orgullo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???