Se algo define a última semana de xullo por estas terras é o ambiente de festa, a música de orquestra, as sesións vermú, os pasarrúas de gaitas e charangas, e ese arrecendo a churrasco e xente contenta. Koruña e a súa área metropolitana viven intensamente as Festas do Apóstolo, e este 2025 temos dúas citas maiores: O Burgo e Arteixo, que rivalizan —sempre en boa lid— polo trono das festas máis animadas da comarca.
🔹 O Burgo: luces, verbena… e un incidente que non apagou a festa
Este mércores 23 comezaron oficialmente as Festas de O Burgo, que xa tiñan todo preparado: atraccións en funcionamento, caravanas instaladas, reforzos no alumeado e nos servizos de limpeza… pero tamén certa tensión no ambiente, despois do altercado entre feriantes que tivo lugar o pasado xoves.
O enfrontamento, que incluíu disparos ao aire e unha arma branca, rematou con dous feridos, un home en prisión provisional e dous acusados por tenencia ilícita de armas. A pesar do susto, o alcalde José Ramón Rioboo asegurou que todo está baixo control e que se reforzou a vixilancia con apoio da Subdelegación do Goberno.
A zona está tranquila, e as familias implicadas comprometeron a súa colaboración para que a festa non se vexa afectada. E así foi: máis de 100.000 persoas pasarán estes días por O Burgo para gozar da súa programación.
O cartel festivo:
-
Mércores 23: arranque das festas con verbena a cargo da orquestra Miramar.
-
Xoves 24: toma o relevo a orquestra Capitol.
-
Venres 25: alborada con Os da Veira do Monte, pasarrúas con Santa Compaña e Os Jalácticos, sesión vermú con Dilema e verbena de luxo con Fania Blanco Show.
-
Sábado 26: verbena co grupo Origen.
-
Domingo 27: nova alborada, máis pasarrúas (con Alambique e Los Caimanes), vermú con Estrellas e verbena de peche con Marbella.
-
Luns 28: churrascada popular e gran fin de festa con París de Noia, rematando con foguetes artificiais durante a verbena.
Todo isto, sen esquecer os actos relixiosos, que manterán o seu horario tradicional.
🔹 Arteixo: Soraya, Panorama e moita festa para honrar ao Apóstolo
Se O Burgo leva a palma en atraccións e ambiente popular, Arteixo tampouco se queda atrás. As Festas do Apóstolo 2025 decorren do 23 ao 27 de xullo cun programa cheo de cultura, música e actividades para todas as idades. Aquí, as orquestras conviven con festivais de habaneiras, danza contemporánea, e mesmo torneos de chave ou trofeos ciclistas.
O prato forte? Sen dúbida, a actuación de Soraya Arnelas o sábado 26, na praza do Balneario, celebrando os seus 20 anos na música.
O programa:
-
Mércores 23: arrancan co concerto de Nano MZ, a orquestra Cinema e o DJ Kike Varela.
-
Xoves 24: verbena con La Misión e o Grupo Kaloma 3.0.
-
Venres 25: día cargado de tradición: gaitas da AC Triskell, misa solemne cantada pola Coral de Mera, pasarrúas, vermú con Aixa Romay, torneo de chave, danza contemporánea, concerto da banda de música local, festival de habaneiras e verbena con Panorama e Ache.
-
Sábado 26: misa con alfombra floral, sesión vermú con Dúo Élite, actuación de Cinderella, e o concerto de Soraya ás 20:00, seguido da verbena con Marbella e a disco móbil Impacto.
-
Domingo 27: misa con gaitas, vermú con Dúo D'Vicio, festa infantil, concerto da banda xuvenil e peche coas orquestras Los Satélites e Grupo Origen, rematando ás 00:00 cos foguetes artificiais.
Koruña e a súa contorna celebran con forza estas festas do Apóstolo, con música de calidade, tradicións que se manteñen, verbenas de categoría, e algunha que outra chuva que non apaga os ánimos. Nin os incidentes en O Burgo nin a auga sobre os concertos conseguiron frear o espírito festivo dun pobo que sabe como celebrar e resistir.
Queda festa por diante, e como bo rabuñés ou rabuñeira, cómpre saír, bailar, comer churrasco, e se cadra botar unha cunca pola saúde do Apóstolo... e polo verán que por fin chegou.
Otras fiestas:
Monelos despide xullo coas súas festas de barrio: vermú, escuma e música ata a noite
Este sábado 26 de xullo, Monelos vístese de festa para celebrar os seus festexos patronais, os últimos do mes nos barrios koruñeses antes de que agosto dea paso ao apoteose de María Pita.
A xornada festiva terá lugar na explanada de Salvador de Madariaga e comezará ás 12.00 horas cun pasarrúas a cargo de Os Gaiteiriños. Ás 12.15 horas será a quenda do pregón, que este ano correrá a cargo de José Fernández Pernas, presidente da asociación benéfica Renacer.
A mañá continuará con xogos infantís e festa da escuma, unha das actividades máis agardadas polos pequenos do barrio. E para ir abrindo o apetito, ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú coa actuación de Aixa Romay.
Xa pola tarde, a música seguirá soando con forza:
17.30 h – Amizades
19.00 h – Os Gaiteiriños
20.30 h – Nós Brigantium (Rondalla e Coro)
E como broche final, ás 22.30 h, o grupo Clandestinos poralle ritmo e peche a un día grande en Monelos.
Financiamento municipal e máis autonomía veciñal
Este sábado 26 de xullo, Monelos vístese de festa para celebrar os seus festexos patronais, os últimos do mes nos barrios koruñeses antes de que agosto dea paso ao apoteose de María Pita.
A xornada festiva terá lugar na explanada de Salvador de Madariaga e comezará ás 12.00 horas cun pasarrúas a cargo de Os Gaiteiriños. Ás 12.15 horas será a quenda do pregón, que este ano correrá a cargo de José Fernández Pernas, presidente da asociación benéfica Renacer.
A mañá continuará con xogos infantís e festa da escuma, unha das actividades máis agardadas polos pequenos do barrio. E para ir abrindo o apetito, ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú coa actuación de Aixa Romay.
Xa pola tarde, a música seguirá soando con forza:
17.30 h – Amizades
19.00 h – Os Gaiteiriños
20.30 h – Nós Brigantium (Rondalla e Coro)
E como broche final, ás 22.30 h, o grupo Clandestinos poralle ritmo e peche a un día grande en Monelos.
Financiamento municipal e máis autonomía veciñal
As festas de Monelos forman parte do plan de apoio ás entidades veciñais impulsado polo Concello para promover as festas patronais dos barrios. Esta liña de subvencións, dotada con 500.000 euros, permite ás asociacións veciñais organizar as súas celebracións con maior autonomía.
«Este ano democratizamos o proceso para que os diferentes barrios celebren as súas festas, dándolles ás asociacións unha maior autonomía para que confeccionen os programas», explicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, en relación ao modelo impulsado polo Goberno local de Inés Rey.
Monelos, así, pon o broche de ouro a un xullo cheo de celebracións nos barrios. A partir de agora, o protagonismo festivo trasládase ao centro, onde xa se quece o ambiente para as Festas de María Pita.
Festas de Santa Ana en Mera (Oleiros)
Despois das Festas do Mar, Mera segue en pé de festa coas Festas de Santa Ana.
-
Xoves 24: A verbena arrinca ás 22:30 coa actuación de La Banda de Ayer.
-
Venres 25: Churrascada popular ás 14:00 no parque da Lagoa, festival folclórico da A.C. A Marola ás 18:00 e pulpeira Bo Xantar pola tarde. Ás 22:00 concerto de Sés na Festa Galega e ás 00:00, Carlos Bau e 80 Razones.
-
Sábado 26: Misas rezadas pola mañá e misa solemne ás 13:00 no parque Santa Ana, con Coral Polifónica de Mera e Banda de Gaitas A Marola. Sesión vermú, pulpo e verbena con Los Satélites dende as 22:30. Foguetes ás 00:30.
-
Domingo 27: Misa de San Xoaquín ás 13:00, sesión vermú e ás 14:00 festa da navalla e a zamburiña.
Feira de 1900 en Curtis
Curtis viaxa ao pasado coa súa popular feira ambientada no ano 1900.
-
Sábado 26: Pregón ás 13:00 a cargo do conselleiro de Cultura, sesión vermú con Antonio Barros, espectáculo "Punto en Boca", música con Mulleres da Carballeira, pasarrúas con Garatuxeiros e Embruxo, Paseo das Mozas e concerto de Treixadura.
-
Domingo 27: Actuacións de grupos de danzas, sesión vermú con Melchor Rodo, charanga Os Celtas e concertos de Pan Sen Fron e Susana Seivane.
-
Durante toda a fin de semana: Demostracións de oficios tradicionais, talleres de cerámica, coiro e actividades infantís.
Festas do Apóstolo en Sigrás (Cambre)
A pista do Souto énchese de música, xogos e tradición en honor a Santiago Apóstolo.
-
Venres 25: Misa solemne ás 13:00, sesión vermú con Aires de Sigrás e Dúo Charada, xogos infantís, hinchables de balde e verbena con Los Alcántara e disco móbil CDC.
-
Sábado 26: Zumba gratuíta, misa ás 13:30, sesión vermú con Dilema, festa da escuma e churrascada ás 20:30. Verbena con Dilema e Unión y Fuerza.
-
Domingo 27: Misa e sesión vermú longa con Cristina Cachaldora e DJ Lobetti, acompañada de degustación de callos.
Festas do Apóstolo en Val de Barcia (Carral)
Unha celebración marcada pola música e a gastronomía.
-
Venres 25: Misa solemne ás 13:00 con procesión e verbena con Dúo Dilema.
-
Sábado 26: Misa á Virxe do Carme, sesión vermú con Aché, pulpada ás 20:00 e verbena de novo con Aché.
Festas do Apóstolo en Vilamateo (Vilarmaior)
Celebracións con música, gastronomía e animación.
-
Venres 25: Dianas e alboradas, misa ás 13:00, vermú con Dúo Maracuyá e liscos gratis, noite con DJ Pablosky e Maria.
-
Sábado 26: Misa ás 13:00, vermú con Dúo Supercombo e xamón escaldado gratis. Verbena con Supercombo e DJ Alaiko.
San Pantaleón das Viñas (Paderne)
Unha festa intensa de tres días con música e actos relixiosos.
-
Domingo 27: Dianas ás 09:00, misa ás 13:00 cantada pola Coral de Mugardos, sesión vermú con Alaska, festa infantil ás 18:00 e verbena con Alaska e Panamá ás 23:00.
-
Luns 28: Misa á Virxe do Carme ás 13:00, sesión vermú con Maracuyá e verbena con Cayenna e DJ Sebas 21.
-
Martes 29: Misa a San Xosé, sesión vermú con Fusión e verbena con Fusión e Cinema.
Festas do Apóstolo en Adragonte (Paderne)
Dúas xornadas festivas con música e tradición relixiosa.
-
Venres 25: Misa ás 13:00, sesión vermú e verbena con Grupo Fénix.
-
Sábado 26: Misa ás 23:00, vermú con Orquestra Fuego e verbena con Fuego e DJ Sebas 21.
Festas de Santiago en Requián (Betanzos)
Requián ofrece música, callos e boa comida nesta fin de semana.
-
Venres 25: Misa solemne ás 13:30, festa infantil ás 17:30 e música con Kalima 3.0.
-
Sábado 26: Misa ás 13:30 ao Santísimo Sacramento, vermú con La Bamba e churrascada ás 20:00. Verbena con La Bamba e DJ Pedro.
-
Domingo 27: Misa solemne e vermú con Dúo Deluxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???