Hai cousas que pouca xente sabe, mesmo aquí na cidade. Por exemplo, que Koruña foi o porto de saída da segunda volta ao mundo, unha aventura mariñeira de proporcións épicas que acabou durando máis dunha década. E que este mes celebramos o quinto centenario daquela saída cara o gran descoñecido, co porto da cidade como punto de partida e protagonistas coma Elcano, Loaysa e Urdaneta a bordo.
🌶 O ouro era picante: especias, estratexias e moita ambición
No século XVI, a vida ía por outras rutas. A fame de riqueza da Coroa de Castela tiña nome: especias. Os cravos, a noz moscada, a canela… eran máis valiosos que o ouro. O Tratado de Tordesillas (1494) repartira o mundo entre portugueses e casteláns, pero as Illas Molucas, en Filipinas, eran un punto quente de conflito.
Así que Carlos I decidiu lanzar unha nova expedición, esta vez desde Koruña. Aquí estableceu a Casa da Contratación da Especiaría en 1522. O noso porto era ideal: podía acoller barcos grandes e quedaba ben situado na ruta atlántica. A partir de aí, naceu a misión comandada por García Jofre de Loaysa, con Juan Sebastián Elcano (sí, o da primeira volta ao mundo) e un novo Andrés Urdaneta.
⚓ Unha odisea con mortes, loitas e descubertas
A viaxe foi dura. Loaysa e Elcano morreron no camiño, mais a misión seguiu. Das sete naves que partiron, só a Santa María de la Victoria chegou ás Molucas. Alí a tripulación loitou contra os portugueses, e once anos despois algúns sobreviventes regresaron a España. Foi unha segunda volta ao mundo, inesperada, heroica e descoñecida.
E como sempre hai curiosidades marabillosas: levaban a bordo un grumete chinés, que fora escravizado polos portugueses e logo comprado polos españois. Así, aquel mozo foi o primeiro asiático en dar a volta ao mundo.
Nao Victoria, la única embarcación que logró regresar de la Expedición Loaysa |
Urdaneta, xa veterano, acabará descubrindo a ruta de regreso das Filipinas, coñecida como o Galeón de Manila, un dos grandes logros náuticos da historia.
🎉 Os actos do 500 aniversario: da historia á rúa Compostela
A celebración comeza este mércores 23 de xullo coa chegada do buque Carnota da Armada ao porto, que poderá visitarse en xornadas de portas abertas no peirao deTrasatanticos e poderá visitarse entre as 17:30 e 21.30 e entre as 11:30 e as 13:30 o xoves. O mesmo día, xoves 24, día do aniversario (1525-2025), inaugúrase unha exposición conmemorativa na rúa Compostela ás 11:30 da mañá e ás 10:30 a presentación do selo conmemorativo de ‘500 aniversario da expedición García Jofre de Loaysa’, a bordo do buque.
Do xoves ao sábado, o Sporting Club Casino acollerá un congreso histórico organizado pola Orde de Cabaleiros de María Pita. E o martes 29, o Instituto José Cornide presentará a publicación "Da Coruña ás Molucas. Heroica odisea de desexos e frustracións" na Autoridade Portuaria.
De setembro a decembro haberá ciclo de conferencias en Koruña e Ferrol para seguir profundando nesta xesta.
Quen nos ía dicir que un dos episodios máis esquecidos da historia global tivo punto de partida no noso peirao? 500 anos despois, Koruña lembra que tamén fomos porto de épicas, de loitas e de voltas completas ao mundo. Hoxe, como daquela, seguimos mirando ao mar coa mesma curiosidade e coa mesma forza.
¿E ti, xa fixeches a túa volta ao mundo por Koruña?
Visita al Buque Carnota (Fotos de El Ideal Gallego)
Exposición sobre la exposición de Loaysa (fotos del Ideal Gallego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???