Fin de semana intenso con tres concertos. Un no Coliseum con Miguel Bosé e os outros dous no porto con Leiva e Marc Anthony. Temos tamén o final do Atlantic Pride, música folk en Monte Alto e festas no Birloque. En outros concellos temos Oleiros que celebra Extcénica e unha Romaría alternativa; as festes de Vilaboa e Peiró de Arriba en Culleredo; na parroquia de Mosteirón as festas de San Bieito (Sada); en Arteixo as festas de Oseiro e Villarrodis e a primeira Ruta do Gato en Oza-Cesuras.
Mais festas po la comarca e celebracións por descubrir... Aqui tés algunas para disfrutar.
🎤Miguel Bosé volve á Koruña este venres co seu 'Importante Tour'
Oito anos pasaron desde que Bosé ateigou a praza de María Pita. Agora regresa con forza ao Coliseum este venres 14 ás 22:00, cun espectáculo que forma parte da súa xira internacional iniciada en México. O multiusos herculino volverá tremer coa súa presenza.
🎸 Leiva non falla: o sábado rebenta o peirao da Batería
Co cartel de “todo vendido” desde hai semanas, Leiva actúa no porto este sábado 12 ás 22:30, dentro do ciclo Coruña Sounds. Presentará o seu novo disco Gigante e estará precedido por Conociendo Rusia, banda arxentina chea de colaboracións potentes. Un concerto para cantar, gozar e emocionarse.
💃 Marc Anthony ponlle a salsa final ao domingo
O domingo 13, Marc Anthony converterá o porto nunha pista de baile. O seu último álbum Muévense e éxitos como La Gozadera prometen pechar o finde por todo o alto. Facía nove anos que non pisaba a nosa cidade, e volve con todo o seu poder caribeño.
Marc Anthony |
🏳️🌈 Atlantic Pride: orgullo, música e diversidade
Entre o 6 e o 13 de xullo, o Atlantic Pride enche Koruña de cor, ritmos e reivindicación. Esta fin de semana, os concertos trasládanse aos Xardíns de Méndez Núñez, cun cartel que mete medo:
-
Xoves 10: Jimena Amarillo, Nia e Merche
-
Venres 11: Ariel Rec & Gaylicia, Paula Keops, Judeline
-
Sábado 12: Samantha Ballentines, Mayo, Kelly Amethyst, Edurne, Sofía Cristo
-
Domingo 13: David Civera, Anabel Conde
Ambiente libre, diverso e festivo para bailar con orgullo e sen complexos no corazón da cidade.
Monte Alto se enche de música co Serán D’Aquí
O Campo da Leña se transforma os días 11, 12 e 13 de xullo co Serán D’Aquí, un festín de cultura popular con grupos como:
-
Son d’aquí, As Pías, Tiruleque, Sheila Patricia
-
As Tareixas, Xirandela, Faragulla Donaire, A Meda
-
A Fonte da Picacha, As Barallocas (O Amarexo), Jacarandaina
-
Birloque Gaiteiros e No Combaro.
Haberá xantar popular, obradoiros, xogos tradicionais, sorteos e foliada libre. Unha festa de barrio con alma.
Concerto solidario por o Lupus no Filomatic
Este vernes 11 de xullo a las 22:00, a Sala Filomatic acolle o Concerto por o Lupus, organizado por a Asociación Galega de Lupus. Sobre o escenario: Braian de Palma y Alma Libre, dos actuacións potentes por una buena causa.
Entradas a 8€ anticipadas y 10€ en taquilla. Música con propósito no corazón da urbe.
Birloqueando (festas de O Birloque)
Nos concellos cerca da Koruña temos mais festas:
Oleiros: Rúa Extcénica e Romaría Alternativa
Do 11 ao 13 de xullo, Oleiros convértese nun gran escenario ao aire libre co IX Festival das Artes Escénicas na Rúa. Circo, teatro, música e clown en varias prazas e parques, cun programa para todos os públicos:
-
Venres 11: trampolíns e humor acrobático con Planeta Trampolí e Carpa Diem en Santa Cruz.
-
Sábado 12: teatro con Pedras de Cartón e concerto de Eladio y los Seres Queridos en Santa Cristina.
-
Domingo 13: música infantil con A Gramola Gominola en Mera e espectáculo Divertimento! en Santa Cruz.
Culleredo: Vilaboa, Peiro e moito máis
As festas de Vilaboa celebran do 11 ao 15 de xullo á Virxe do Carme, o Santísimo e San Antonio con misas cantadas, sesións vermú, verbenas con orquestras como Ritmo Joven, Galilea, Charleston Big Band e Cinema, e ata unha churrascada final o martes.
En Peiró de Arriba, o sábado 12 celébrase a tradicional Festa das Cereixas con callos gratis, pulpada , cereixas e verbena con Los Satélites e o trío Karma.
Sada: San Bieito en Mosteirón
Do xoves 10 ao domingo 13, a parroquia de Mosteirón festexa con comida e música:
-
Xoves: homenaxe aos maiores.
-
Venres: churrascada e verbena con La Bamba e Panorama City.
-
Sábado: pulpada, DJ, verbena con Galaxia e lanzamento do globo.
-
Domingo: gaitas, misa cantada, vermú con Óbice Capital… e callos para rematar.
Arteixo: festas en Villarrodís e Oseiro
En Villarrodís, a festa da Virxe da Luz vai do 11 ao 14 de xullo con pulpo, churrasco, música tradicional e DJs, e verbenas con Platinos, Fussion, Panorama, Charleston Big Band e disco móbil.
En Oseiro, sábado 12 e domingo 13 haberá vermú con dúo D’Vicio, trofeo de veteranos, pulpeira, misa e festa infantil con mil globos de auga. O luns 14 péchase con misa e vermú a cargo do dúo Caramelo.
Oza-Cesuras: cabalos, festa e pulpo sen límite
O sábado 12 celébrase a Ruta do Gato en Bandoxa, unha ruta cabalar con comida a base de pulpo, churrasco, postre e café, sorteos e música en directo con La 5Ta Maquina. Todo por 35 euros.
¿Quen dá máis? Se a cidade non para, os arredores tampouco. As opcións esta fin de semana son tantas que vai facer falta unha axenda e un bo calzado. Iso si, se vos cruzades cun cabalo comendo cereixas ao son dun globo de papel… non vos estrañedes: é xullo na contorna de Koruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???