Hai máis de cen anos, Koruña e a súa contorna viviron unha auténtica revolución ferroviaria. Os trens de cercanías eran o motor económico e social da comarca, levando xente, mercadorías e ilusións de estación en estación, de pobo en pobo que medraban e nacían a carón da vía. Un medio de transporte colectivo que popularizaba el transporte entre todas las localidades de la zona, rompendo a aislamento de séculos. Pero chegou o coche, o mito da modernidade sobre catro rodas, e pouco a pouco o tren foi quedando arrumbado, oxidándose entre durmientes esquecidos o transporte se privatizou e os pobos perderon a súa comunicación por tren.
O caso sangrante: A Coruña–Ferrol
Se hai unha conexión que resume este abandono é a de Ferrol-Koruña. Sesenta e oito quilómetros, trece paradas e unha eternidade sobre raíles perigosos, cheos de curva e con mais sustos co Tren Chuchú. Un traxecto que debería ser rápido e cómodo convértese nunha penitencia ferroviaria. Os expertos falan de 45 minutos como obxectivo realista, fronte á hora e cuarto de media que tarda hoxe. Un tren de terceiro mundo nun país que presume de AVE.
A proposta: o "Tren da Ría"
A pasada semana, o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, decidiu poñerlle nome e apelidos a unha vella idea: recuperar un servizo de cercanías metropolitano, aproveitando a vía que bordea a ría. O bautizou como Tren da Ría, con paradas en As Xubias, Ponte Pasaxe, Fonteculler, O Burgo, A Barcala, Cambre e Cecebre. Estacións que xa funcionaron noutra época e que poderían volver ter vida.
Rioboo fala de “mobilidade real e efectiva”, de aparcadoiros disuasorios en O Burgo, de complementariedade co transporte metropolitano por estrada e de sustentabilidade ambiental. E, sobre todo, de usar o que xa temos en vez de seguir acumulando estudos e maquetas en PowerPoint.
O encaixe co futuro da fachada marítima
Mentres tanto, o Goberno central promete presentar antes de fin de ano un estudo para implantar cercanías en catro áreas galegas, incluída a koruñesa. Todo encaixa co concurso internacional da fachada marítima de San Diego, onde se esixe pensar nunha mobilidade que aproveite a vía ferroviaria. Hai voces expertas, como a do enxeñeiro Xosé Carlos Fernández, que piden prolongar o servizo ata o Obelisco, ou cando menos á praza de Ourense, para facer do tren unha auténtica alternativa urbana. Outros o ven como un proxecto de tolos, camiño do tranvía turístico dos 90.
A batalla dos concellos
Culleredo quere estación propia, Cambre pide que non quede fóra, Betanzos reclama dignidade para as súas dúas estacións abandonadas e en Ferrol insisten nun servizo rápido directo. Cada quen tira da manta para o seu lado, pero a realidade é que todo o eixo koruñés suma arredor de medio millón de habitantes. Medio millón de potenciais usuarios que hoxe seguen atrapados nos atascos de Alfonso Molina ou no colapso da ponte Pasaxe.
| Estación ferroviaria de Cerceda en desuso, creada en 1965 y de gran utilidad durante años. Foto de La Voz de Galicia |
Escepticismo xeral
Hai plataformas cidadás, como a Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas, que lembran que “sen horarios competitivos nin trens adecuados, non haberá usuarios”. O deputado do BNG Néstor Rego fala de “discriminación histórica” e o Eixo Atlántico pide mirar cara Porto e Lisboa para non quedar na cuneta da fachada atlántica europea. Mentres tanto, a xente de a pé leva décadas escoitando anuncios que nunca chegan á estación.
A outra mirada: Xapón
No debate público apareceu un contraste brutal: o xornalista Javi Torres contou a súa experiencia en Xapón, no Shinkansen, onde un minuto de atraso é escándalo nacional e se percorren 818 km en catro horas. Aquí, entre Betanzos e Koruña, precisas 44 minutos para 23 km (23 minutos no mellor dos casos). E dicimos que vivimos no primeiro mundo.
O tren da ría soa moi bonito, pero de momento é máis proxecto que realidade. Entre o inmobilismo político, a falta de investimento e as loitas locais, semella que seguimos na mesma vía morta de sempre. Iso si, promesas non faltan: que se vén o estudo, que se haberá cercanías antes de fin de ano, que se o futuro será verde e sostible.
Hai cincuenta anos Andrés do Barro cantaba aquilo de “O tren que me leva ao meu destiño”, e quen ía dicir que medio século despois seguiríamos sen destino ferroviario na comarca da Koruña. O que daquela soaba a modernidade e esperanza, hoxe resoa como unha canción tráxica: un tren que non chega nunca, apeado en estacións cheas de silvas e con horarios de terceiro mundo.
E aquí chega a ironía: aquilo que nos anos 70 ou 80 se tirou abaixo porque se consideraba atraso —o tranvía koruñés, que cruzaba a cidade coma unha serpe de ferro vermella— hoxe sería vangarda de transporte sostible, ecolóxico e práctico. No seu lugar quedaron os coches e os atascos eternos de Alfonso Molina.
As estacións da comarca, de Ferrol a Betanzos, pasando por apeadeiros fantasmas en Fonteculler ou A Pasaxe, son testemuñas mudas deste fracaso colectivo. Lugares que antes bulían de vida hoxe caen a cachos, cubertos de grafitis, como se Galicia enteira lle dese as costas ao tren.
Mentres tanto, os expertos lembran que con catro apeadeiros renovados, uns cantos trens específicos e aparcadoiros disuasorios, poderiamos ter un cercanías competitivo en cuestión de meses. Mais seguimos atrapados no eterno “estudo previo” e nos anuncios que nunca se cumpren.
No fondo, a melodía de Andrés do Barro soa coma unha banda sonora amarga: o tren que nos leva ao destino non é máis que un recordo. E se cadra chegou a hora de preguntarnos se queremos seguir viaxando no coche do atraso ou coller, dunha vez, o tren da modernidade.
En Koruña, polo de agora, seguimos esperando no andén, vendo pasar trens baleiros cara Vigo ou Madrid mentres aquí, onde o tren podería ser solución diaria, segue a ser unha reliquia. No caixón segue a idea defendida desde Koruña Rabuña de poder usar a ría como vía de comunicación ferroviaria no xermen da metrópolis a o longo da ría como si esta fora o río Duero de Oporto o Tamesis de Londres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???