Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!
Mostrando entradas con la etiqueta Quincegotas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quincegotas. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de octubre de 2025

Quincegotas fixo bailar a Koruña: danza, emoción e movemento que enchéron a cidade

 A oitava edición de Quincegotas fixo que Koruña vibrase durante esta fin de semana coa forza da danza contemporánea. Dende o venres ata hoxe domingo, o festival levou o movemento e a expresión corporal a rúas, prazas e espazos simbólicos da cidade, convertendo o espazo urbano nun escenario aberto e compartido.

Organizado polo Concello de Koruña, a través da área de Cultura e Turismo, o festival consolidouse como unha cita imprescindible para a danza galega, cun formato que mestura profesionalidade e espírito de rúa. Durante tres días, 14 compañías de distintos puntos de Galicia e do Estado ofreceron pezas curtas, improvisacións e espectáculos de gran carga visual e emotiva.