O futuro vén de Vigo, din uns. Pero esta vez vén de LinkedIn e entra pola porta grande do Cantón. O analista económico e divulgador tecnolóxico Marc Vidal, coñecido por anticipar a crise do 2008 cando moitos aínda miraban cara outro lado, chega hoxe martes 1 de xullo a Koruña para dar unha charla aberta ao público no Espacio Avenida, ese recuncho da city que cada vez acolle máis eventos co selo de Abanca.