Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!
Mostrando entradas con la etiqueta reformas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reformas. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de mayo de 2026

Mais cemento para Os Cantóns

 A polémica volve prender nos Cantóns, ese proxecto estrela que para moitos está a converterse no gran pesadelo da lexislatura de Inés Rey. Se xa non chegaba coa "cementada" xeral e eses "chirimbolos" incómodos que ninguén entende, agora a alcaldesa decidiu darlle a estocada final á estética da zona substituíndo as farolas fernandinas por uns modelos que a oposición non dubida en cualificar como propios de polideportivo. Segundo Rey, as vellas farolas non eran históricas nin BIC, senón un simple "pastiche" de 1999 cuxa reparación custaba a frioreira de 6.000 euros por capuchón, polo que xustifica o cambio por unha iluminación máis eficiente e barata.