Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!
Mostrando entradas con la etiqueta tiempo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tiempo. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de octubre de 2026

O outono aperta en Koruña: frío, vento e chuvia marcarán os próximos días

 A previsión para a cidade e a súa área metropolitana · Do 20 ao 26 de outubro

A Koruña prepárase para unha semana de marcado carácter outonal, con temperaturas máis frescas, ceos predominantemente anubrados e unha probabilidade de chuvia que irá aumentando a medida que avance a semana. O frío, especialmente durante as primeiras e últimas horas do día, e a atención ás condicións do mar serán dous dos factores que máis deberán ter en conta os koruñeses nos próximos días.

lunes, 14 de septiembre de 2026

O final do verán está volvendo a o principio

 O sol prolongou o ambiente estival na cidade, mentres o empate do Dépor en Getafe serviu de escusa para que a rúa San Xoán volvese vivir unha tarde-noite de música, camisolas branquiazuis e moito ambiente.

jueves, 25 de junio de 2026

O ceo estalou sobre Koruña: saraiba, case 4.000 raios e unha madrugada que espertou a cidade

 Por se a sarabiada con "pelotas de golf" da tarde do mércores non fora abondo, a atmosfera volveu ensañarse co mapa koruñés na mañá deste xoves. Unha espectacular e intensa tormenta eléctrica sorprendeu a primeira hora do día á veciñanza de Koruña, deixando imaxes de ciencia ficción sobre a baía do Orzán. Entre as seis e as sete da madrugada, un bombardeo constante de raios iluminou o ceo herculino en pleno amencer.

Segundo explicou Francisco Infante, delegado da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) en Galicia, este violento episodio estivo provocado por unha DANA que se desprazou dende o suroeste ata situarse fronte á costa galega. Este fenómeno, ao petar de fronte co aire tan cálido que quedaba na superficie tras os días de bochorno, xerou un cóctel de máxima inestabilidade. As cifras oficiais de MeteoGalicia asustan e reflicten a magnitude do festival eléctrico: entre as cinco da mañá e as dez da alternativa rexistráronse 3.946 raios en toda a comunidade, dos cales exactamente 666 caeron de cheo en Koruña. Un número diabólico para coroar a semana máis salvaxe do ano.

miércoles, 17 de junio de 2026

En San Xoán a sardiña molla o pan e Koruña será tropical

Se pensabades que cos 35,9 graos do outro día xa cumpriramos coa cota de suar para todo o ano, ires preparando o abano e a neveira portátil. Os primeiros modelos da Aemet e do Centro Europeo veñen con curvas: a noite de San Xoán vai ser un auténtico inferno... ¡e sen necesidade de achegarse ao lume!

miércoles, 18 de marzo de 2026

Koruña se pone el bañador: 25 grados en la Torre y playa en pleno marzo… pero ojo con el mar, que no perdona

Después de un invierno eterno de temporales, lluvia a mansalva y frío que calaba los huesos, la primavera parece que por fin asoma la patita en Koruña.

viernes, 6 de marzo de 2026

Regina chega a Koruña: mar bravo e alerta laranxa no litoral

 O tempo volveu torcerse en Koruña e todo indica que aínda ten ganas de dar guerra un pouco máis. Tras o regreso da chuvia este xoves, a cidade afronta hoxe venres a chegada dunha nova borrasca atlántica: Borrasca Regina, a décimo sétima con nome propio desta tempada.

jueves, 5 de marzo de 2026

A calima pasa de esguello por Koruña… e agora toca alerta amarela

 A masa de aire africano que esta semana entrou en Galicia deixou po sahariano en suspensión e unha baixada da calidade do aire en varios puntos do país. Vigo, Santiago ou Ourense notárono con máis intensidade. En Koruña, coma case sempre, quedou nun aviso moderado.

Aspecto de la ciudad con la calima.  Foto de La Voz de Galicia. 

Porque mentres noutros falaban de calima, aquí o comentario máis repetido foi outro: “¿Calima? Eu o que teño é frío.”

viernes, 20 de febrero de 2026

Nin o récord nos deixan: o sol asoma en Koruña tras 42 días de "mordida" celeste

 Koruña queda ás portas de bater a marca histórica de 1936 tras seis semanas de chuvia ininterrompida. Superamos o diluvio bíblico de Noé, pero o anticiclón decide entrar xusto cando íamos camiño do ouro meteorolóxico.

miércoles, 18 de febrero de 2026

Benvido, "Pedro"... ¡pero non podías quedar en Francia!

Parece que o Anticiclón das Azores perdeuse polo camiño ou quedou sen batería no GPS. Se pensabas que o de Oriana fora moito, prepárate, porque agora chega "Pedro". E non vén de visita tranquila a tomar unhas canas á rúa Real; vén con gañas de festa, de moita festa.

viernes, 13 de febrero de 2026

Oriana la novena borrasca, a por ella

Semella que este febreiro de 2026 non nos quere dar tregua. Se aínda estamos sacudindo a auga de Nils e Olga, xa temos aquí a Oriana, a novena borrasca da tempada, que chega este venres con ganas de facer barullo. E atención, porque esta vez non vén soa: trae baixo o brazo unha masa de aire polar húmida que nos vai deixar os focos de Riazor tiritando.

martes, 10 de febrero de 2026

Más días seguidos de lluvia en enero

Estamos viviendo uno de los inviernos más lluviosos de los últimos tiempos. En este artículo se puede leer información que ha sido publicada en diferentes medios online sobre los efectos de los temporales que han pasado por Galicia este año. 

jueves, 5 de febrero de 2026

Leonardo non dá tregua: Koruña encadea alertas ata o fin de semana

 ¡Boas, koruños! Se pensabades que o deste mércores era o prato forte, preparade o chuvasqueiro de reposto. A borrasca Leonardo instalouse ao noroeste da Península e decidiu que Galicia é o seu campo de xogos particular. Xa perdemos a conta: Goretti, Harry, Ingrid, Joseph, Kristin... e agora este "artista" que nos ten en vilo.

Aquí tes o detalle do que vén para que non che colla o "frío" por sorpresa.

viernes, 30 de enero de 2026

Alerta en Riazor: a Borrasca Jairo colle a substitución de Ingrid con máis forza

 Koruña volve mirar ao mar con respecto (e algo de medo). Foron só tres días. Martes, mércores e xoves. Un pequeno paréntese no que Koruña puido baixar a garda, mirar ao mar sen tensión e facer ver que o inverno daba unha tregua. Pero durou pouco. Este venres, a cidade volve entrar en alerta vermella meteorolóxica, outra vez polos fenómenos costeiros máis adversos, deses que lembran quen manda realmente neste recuncho do Atlántico.

sábado, 24 de enero de 2026

Ingrid entrou pola porta grande en Koruña: noite de granizo, tronos e unha cidade en alerta permanente

Granizo, vento, oleaxe, raios e tronos. Pouco faltou para completar o bingo meteorolóxico. A borrasca Ingrid decidiu presentarse en Koruña a última hora do xoves con todo o seu repertorio, sen medias tintas, e deixou unha noite longa e moi pouco tranquila para miles de koruños que miraban pola ventá como as rúas se cubrían de branco e o ceo se iluminaba a golpes de raio.

viernes, 23 de enero de 2026

Ingrid saca as garras: madrugada de raios e tronos con granizada, vento, moita chuvia e forte vento

 A borrasca Ingrid xa non é unha ameaza, é unha realidade. O que a Aemet cualifica como o peor temporal no que vai de inverno en Galicia entrou pola Koruña cunha violencia inusitada, deixando un rastro de incidencias que manteñen aos servizos de emerxencia sen descanso.

jueves, 1 de enero de 2026

Año Nuevo, Borrasca Nueva: 'Francis' se apunta al primer vermú de 2026 en Koruña

 Se acabó lo bueno. El anticiclón que nos mantuvo secos y engañados durante el final de 2025 ha hecho las maletas más rápido que un fiestero buscando cama el día de Año Nuevo. Para dar la bienvenida al 2026, el Atlántico nos envía a un invitado que no estaba en la lista: la borrasca Francis.

Si tus propósitos de año nuevo incluían "salir a correr por el Paseo Marítimo" o "dar largos paseos para bajar las uvas", ya puedes ir buscando el plan B (la B de sofá, manta y Netflix), porque Francis viene con ganas de mojar el estreno del año.

domingo, 28 de diciembre de 2025

Heladas a cero grados

 Koruña espertou este sábado a cero graos, que xa non é unha maneira de falar nin unha esaxeración de cuñado: é frío do de verdade, do que che fai dubidar se saír da cama ou pedir a baixa emocional. A Aemet xa avisara de que o final de ano ía vir dos máis fríos desde 2010, e como case sempre, desta vez acertou.

lunes, 22 de diciembre de 2025

Alerta naranja por temporal costero

Alerta naranja por temporal costero en Koruña, mar muy peligrosa, frío en caída libre y una Navidad que apunta a invernal de verdad.

domingo, 5 de octubre de 2025

Octubre arranca seco en Koruña tras un septiembre pasado por agua

Cuando los koruñeses se despidieron de agosto —el segundo verano climatológico más cálido de la serie histórica— con lluvias, pocos imaginarían que con la vuelta a la rutina también regresaría el paraguas. Pero así fue. Después de récords de calor, cielos despejados y estabilidad atmosférica durante gran parte del año, septiembre demostró que el otoño aún puede dar la sorpresa.

lunes, 1 de septiembre de 2025

Setembro arrinca fresco, movido e con chuvia

 Agosto se nos despidió mojado, pero con el corazón cálido. Y septiembre llega con un capricho de nubes atlánticas: más lluvias y temperaturas frescas de inicio… O sea, que los cafés en terrazas seguirán siendo apuesta segura, pero recomendamos tener paraguas a mano y la sudadera a medio alcanzar.