¡Atención, koruños! Se sempre comiches a cabeza pensando que farías se houbera unha invasión zombi mentres estás probando uns vaqueiros, este sábado, 7 de febreiro, vas poder comprobalo. O centro comercial Marineda City convértese no escenario dunha Survival Zombie, unha experiencia ao máis puro estilo 28 días despois que promete seis horas de pura adrenalina.
Esquécete das rebaixas; aquí o único que vai estar "tirado de prezo" é a túa vida se non corres rápido.