Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!
Mostrando entradas con la etiqueta artes escénica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta artes escénica. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de julio de 2025

Teatro, concertos, artes escénicas nas rúas, verbenas, romarías, festas patronais e da virxe do Carme, celebracións de barrio na Koruña e o área metropolitana (semana 29, 2025)

Chega o gran momento do ano para os barrios, aldeas e parroquias do arredor de Koruña: o tempo das festas patronais. Ninguén queda sen celebrar: hai quen lle reza a Santiago, quen lle bota un baile á Virxe do Carme, quen se encomenda a Santa Mariña e quen simplemente aproveita para xuntarse, papar churrasco, bailar de noite e ver sair o sol cun bocata na man.

Nesta lista de festas traémosche un percorrido polas celebracións de Os Castros, Peruleiro,  Teixeiro, Sada, Mera, Oleiros, Ledoño, Callobre, Lañas, Meangos, Orto, Canedo, Andeiro e Lesa. Cada unha co seu aquel, todas con ganas de troula. Prepárate para facer a ruta das festas, porque este verán vai ser longo, bailado e sabroso.