Xa o dicían os vellos: "con este tempo non se pode estar bo". Pero o que parecía un refrán de avoa é hoxe unha realidade científica que os cronistas de sucesos da Coruña non dan crédito a ver. Robos, acoitelamentos, o pederasta de Meicende, o "pistoleiro" do Agra... ¿Que diaños nos está pasando? Pois resulta que a culpa de que a cidade estea "quente" téñena as borrascas que nos están deixando fríos e pouca luz na estación menos luminosa.