O 30 de xaneiro de 2026 o Zara de Juan Flórez (números 64-66) baixa a persiana tras case 51 anos. A primera tenda o punto onde se orixinou a multinacional deixará de existir, sen mais explicación e sentementos. Cando reabreron o pasado verán a Cúpula do Monte San Pedro para celebrar os 50 anos de Inditex parecia un xesto de gratitude ca cidade onde naceu, pero o peche da primeira tenda da marca poñe fin a esa impresión.
Raboñudos
sábado, 17 de enero de 2026
domingo, 21 de septiembre de 2025
A Cúpula Atlántica énchese de electrónica e exclusividade: The Blaze, só para uns poucos
Este 2025 está a ser o ano de Zara. Medio século de historia da marca que saíu da Coruña e conquistou o mundo, e que agora quixo celebrar a súa orixe cun dos espazos máis singulares da cidade: a Cúpula Atlántica do Monte de San Pedro. O lugar, con vistas privilexiadas á ría, xa acolleu actuacións de Myles Smith, Luz Casal ou os franceses Air, e este venres 26 de setembro será a quenda de outro dúo parisino: The Blaze.
martes, 1 de julio de 2025
A Cúpula Atlántica volve respirar: arte, océano e memoria en San Pedro
Esta semana, Koruña ten un novo motivo para erguer a mirada cara ao Atlántico. A icónica Cúpula Atlántica do Monte de San Pedro, pechada durante anos e deixada a medias entre o óxido e o esquecemento, reabre totalmente restaurada e cunha proposta artística de primeiro nivel.
Zara cumpre 50 anos, e para celebralo non escolleu unha festa nin un desfile. Escolleu facer un agasallo. E non un calquera: un acto de amor á cidade que a viu nacer, como quen volve á casa co corazón cheo e di “grazas”.
Dende o 3 de xullo, podrá verse neste espazo emblemático unha instalación inmersiva da artista británica Es Devlin, e converterase ata outubro nun lugar para a arte, a memoria e a emoción atlántica.