O Monte de San Pedro viviu este verán o seu renacer. A Cúpula Atlántica, aquelha estrutura futurista que levaba anos esquecida e oxidada co vento do Atlántico, volveu cobrar vida grazas a Inditex, que a recuperou para celebrar o 50 aniversario de Zara. Durante tres meses, Koruña mirou cara o ceo e o mar dende un dos lugares máis máxicos da cidade, convertidos nun escenario de arte, música e memoria.
Esta semana, a historia chegou ao seu final coa actuación de Patti Smith, a madrina do punk, que conquistou o público koruñés cun concerto íntimo, sereno e cheo de esperanza. A artista, acompañada polo seu fillo Jackson Smith e o músico Tony Shanahan, fixo vibrar a cúpula baixo un ceo estrellado, ofrecendo unha hora de pura emoción.
Patti Smith no concerto da Cúpula Atlántica. La Opinion Coruña |
Dende o primeiro “hola” ata o derradeiro “non esquezades usar a vosa voz”, Patti converteu a súa voz nunha oración colectiva. Interpretou temas como Dancing Barefoot, Because the Night ou People Have the Power, esta última convertida nun himno compartido entre ela e os arredor de 200 asistentes, que acabaron en pé, aplaudindo e sorrindo coa forza dun océano.
O broche de ouro dun verán de luxo
O de Patti foi o último dos catro concertos organizados por Zara na Cúpula de San Pedro. Antes dela pasaran por alí nomes coma Luz Casal, The Blaze, Air e Myles Smith, todos eles dentro dun ciclo de espectáculos que marcaron un antes e un despois para este espazo esquecido.
A instalación inmersiva, deseñada pola artista británica Es Devlin, recibiu a máis de 100.000 visitantes dende xullo. Titulada 50 Songs of the Sea, propoñía un percorrido sensorial pola historia da marca e o seu vínculo con Koruña e co océano. Tres plataformas xiratorias, proxeccións en 360º e a voz da actriz Elena Anaya guiando ao público fixeron da experiencia algo único e poético.
Fóra da cúpula, unha enorme banda de LED proxectaba 50 poemas sobre o mar, mentres na cafetería da primeira planta os visitantes tomaban café mirando cara o horizonte, coma quen observa o futuro dende o bordo do mundo.
Hoxe, último día
Este domingo, a Cúpula Atlántica pecha as súas portas tras tres meses de actividade e admiración. Serán as últimas horas para vivir a experiencia inmersiva e despedirse dun verán no que o Monte de San Pedro volveu ser parte de vida cultural da cidade e a idea de Zara deixou no parque a idea das posibilidades que ten para revivir con novos acontecementos, sempre que o concello mostre interés en rescatalo do olvido e apostar por sua renovación e recuperación con infraestructuras como o ascensor esquecidas e collendo polvo.
![]() |
A renovada Cúpula Atlántica. Foto de Zara |
Agora, o que queda no aire é o futuro deste espazo. O Concello estudará o seu novo uso, pero o que está claro é que Zara conseguiu o que semellaba imposible: devolverlle o pulso a un lugar que parecía adormecido.
Quizais o vento do Atlántico, que leva días batendo suave contra as cristaleiras, garde a melodía de Because the Night ou People Have the Power e a devolva, de cando en vez, sobre a cidade. Como un recordo, ou como unha promesa de que, algunha noite, a Cúpula volverá brillar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???