Detrás dos grandes eventos e das cifras de récord, a xestión do día a día nas instalacións deportivas e culturais de Koruña está a facer augas. A situación máis dramática estase a vivir nos pavillóns, centros deportivos municipais, onde o servizo depende de concesións que están a levar ao límite aos seus empregados. Os centros culturais como o Ágora morren po la falta de inversións necesarias para mantelos vivos e con xente.
Traballadores en loita: meses sen nómina
A noticia máis grave salta nos centros deportivos da cidade. Decenas de traballadores —monitores, recepcionistas e persoal de mantemento— denuncian que levan meses sen cobrar os seus salarios.
O conflito: a situación deriva de problemas coas empresas concesionarias que xestionan os centros (como ocorreu recentemente cos traballadores de centros como o de San Diego ou as instalacións de Barrio das Flores e A Sardiñeira).
Impagos: algúns empregados acumulan ata tres mensualidades sen percibir un euro, a pesar de seguir acudindo aos seus postos para que os koruñeses poidan seguir facendo deporte.
Falta de resposta: os traballadores denuncian unha "lavada de mans" entre as empresas e o Concello, mentres a precariedade se instala en familias que dependen dun soldo que non chega.
| Manifestación frente a o Pazo dos Deportes dos traballadores dos centros deportivo municipais. Por un servizo de calidade, melloras laborais e salarios dignos. Foto de El Español. |
Deficiencias en infraestruturas: teitos que choven e falta de mantemento
O estado das instalacións non está moito mellor que as nóminas dos que traballan nelas. A pesar de ser a "Capital Atlántica", Koruña arrastra deficiencias históricas:
Pavillóns "augadados": e un clásico do inverno coruñés ver baldes de auga nas canchas de barrios como o Castrillón ou Sagrada Familia debido ás goteiras. A borrasca Harry volveu poñer en evidencia que moitas cubertas piden un cambio a berros.
A débeda co audiovisual: mentres se presume da Cidade das TIC, sectores culturais denuncian a falta de espazos de ensaio públicos e centros culturais de barrio que están infrautilizados ou en estado de abandono.
Complexos deportivos saturados: a falta de mantemento en maquinaria e piscinas fai que as listas de agarda sexan eternas e que moitos usuarios se queixen da degradación de servizos básicos.
Caos no Fórum e no Ágora: Máis de 3.000 coruñeses "en espera" mentres o Concello busca unha empresa ponte
A crise nas concesións municipais da Koruña xa non só afecta ao mantemento físico das instalacións; agora toca directamente á vida social e cultural dos barrios. Máis de 3.000 usuarios do programa de Lecer do Fórum e do Ágora permanecen nun limbo absoluto. Non hai datas, non hai matrículas e, o que é peor, hai profesores que levan un ano sen percibir o seu salario.
Un programa paralizado: "por favor, non fagades o ingreso"
O que debería ser o inicio do cuatrimestre de primavera converteuse nunha fervenza de mensaxes de WhatsApp pedindo paciencia e, sobre todo, que ninguén pague as cotas. A renuncia da empresa Serviplus o pasado 14 de novembro deixou ao descuberto as costuras dun sistema de concesións que está a fallar.
Usuarios afectados: Alumnos veteranos como Irene Lozano denuncian que outros anos por estas datas xa estaban en clase. Agora, fálase de que a actividade podería non retomarse ata marzo.
Profesores ao límite: cerca de 50 docentes están nunha situación desesperada. Algúns denuncian que non cobran dende o 2024. "Os bos fóronse marchando porque deixaron de cobrar", lamentan os usuarios, que ven como a calidade dos obradoiros cae en picado.
A "solución ponte": ¿Chegará a tempo?
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, reuniuse o pasado 15 de xaneiro co equipo docente para anunciar que buscan unha empresa ponte que se faga cargo do servizo ata finais de maio. Pero a advertencia foi clara: "A Administración ten os seus prazos". Unha lentitude burocrática que choca coa urxencia das familias que non teñen para pagar o aluguer.
Debate político: ¿son os barrios unha prioridade?
A situación saltou ao pleno municipal, onde a oposición (BNG e PP) reclamou unha maior fiscalización das empresas concesionarias.
O debate: ¿de que serve sancionar con 200.000 euros á empresa do lixo se non se controla que as empresas de cultura paguen as nóminas? ¿Son estas actividades de lecer unha prioridade para o benestar dos cidadáns ou só un "extra" que se pode sacrificar?
A promesa: o goberno local asegura que traballa nun novo prego con máis orzamento, pero mentres o papel non chegue ao DOG ou ao BOE, as clases seguen baleiras e as neveiras dos profesores tamén.
¿De que serve traer cinco cruceiros para un eclipse ou abrir un Zacaffé se o monitor que che ensina a nadar ou o que limpa o pavillón do teu barrio non ten para pagar o aluguer? Koruña non pode ser só unha fachada bonita para Fitur; as infraestruturas de base e os dereitos laborais dos que as manteñen en pé deberían ser a prioridade antes que calquera concerto de banda sonora espacial. Tampuoco pode permitirse ter o Fórum e o Ágora a medio gas. Estes centros son o corazón dos barrios, o lugar onde a xente maior socializa e os mozos aprenden.
É rechamante que para os grandes eventos de Fitur ou para abrir cafeterías de deseño haxa toda a axilidade do mundo, pero para pagar a un profesor de ioga ou de cerámica do teu barrio, "a Administración teña os seus prazos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???