Hai vitorias que valen máis ca tres puntos. E a do Dépor en Almería foi unha desas. Un triunfo que cheira a alivio, a confianza recuperada e a final dun maleficio que xa duraba demasiado. Cinco xornadas sen gañar, un equipo castigado polos detalles e, por fin, unha remontada con personalidade, liderada por un Yeremay desatado que decidiu o partido cun gol e unha asistencia. Foi unha vitoria balsámica, desas que devolven o sorriso e a confianza, cun Yeremay imperial levando o equipo da man.
O Dépor saíu ao Almeria Stadium sen medo e con ambición. Antonio Hidalgo moveu o once e apostou por Stoichkov e Zaka arriba, cun dobre pivote formado por Jurado e Mario Soriano, que acabaría sendo clave. Desde o inicio, os branquiazuis levaron o peso do partido ante un Almería algo agardando atrás, incómodo sen balón. O dominio era claro, pero faltaba o de sempre: o gol.
O plan de Antonio Hidalgo quedou claro desde o inicio. O Dépor saíu con personalidade, mandando co balón e instalándose en campo rival. Stoichkov e Zaka movíanse con liberdade arriba, mentres Mario Soriano e José Ángel poñían criterio e ritmo na medular. As primeiras chegadas non tardaron en aparecer. Yeremay empezou a carburar cedo e xa nos primeiros minutos tivo unha boa opción, aínda que a xogada morreu sen remate claro.
| Comas ten que mellorar moito se quere ser titular. Foto de La Voz de Galicia. |
E cando perdoas, pagas. Un balón á espalda da defensa permitiulle a Baptistao (min. 13) bater a Ferllo cun disparo cruzado. Era o 1-0, excesivo castigo para un Dépor que estaba a facer as cousas ben. Pero esta vez o equipo non se afundiu. Seguiu xogando, seguiu insistindo e atopou en Yeremay o fío do partido. O canario empezou a facer dano por banda, a encarar, a xerar superioridades. Nunha desas deixou a mellor ocasión da primeira metade; chegou pasada a vintena de minutos. Gran combinación pola esquerda entre Quagliata e Yeremay, centro perfecto do italiano e Zaka, completamente só diante de Andrés Fernández, mandou o balón inexplicablemente fóra. Un deses goles que se cantan antes de entrar… e que logo pesan coma unha lousa.
Antes do descanso volveron rozar o empate: outro remate de Zaka que desviou Andrés con apuros, un disparo de José Ángel desde a frontal e unha chegada de Yeremay que se foi alta por pouco. O Dépor marchaba perdendo, pero acumulando argumentos.
Segunda parte
A segunda parte foi outra historia. Ou mellor dito, foi a mesma historia, pero con xustiza. Nada máis comezar, Mario Soriano filtrou un pase perfecto e Yeremay, en carreira, definiu con frialdade para poñer o 1-1. Era o oitavo gol do canario e o inicio dun auténtico recital. O empate liberou aos herculinos, que seguiron xogando con criterio e sen precipitacións. Incluso chegou un gol de Loureiro nun córner, anulado polo colexiado por unha falta máis que discutible de Arnau Comas. Nin iso descentró ao equipo.
| Yeremay volveu a ser o mellor, foi o líder que necesita o Dépor. Foto de La Voz de Galicia. |
Lonxe de descompoñerse, o equipo continuou acumulando ocasións. Yeremay tivo outra clara nun man a man algo forzado, Zaka volveu probar sorte tras unha recuperación alta.
| Zaka loitó pero suas limitacións impideron que se fora con un gol. Foto de La Voz de Galicia. |
Hidalgo moveu o banco e deu entrada a Mella e Mulattieri. E aí apareceu de novo Yeremay. Contra veloz, arrincada pola banda, deixando atrás a súa marca, centro preciso e Mulattieri, atento, resolveu cun bo xesto para facer o 1-2. Un gol que premiaba tanto o traballo colectivo como o talento individual. O italiano reencontrábase co gol e o Dépor vía a luz ao final do túnel.
| Momento del remate que acaba en gol de Mulattieri. Foto de DXT Campeón. |
Lonxe de recuar, o equipo soubo xestionar os últimos minutos con cabeza. Incluso Yeremay puido facer o terceiro cunha vaselina desde lonxe que rozou a rede. O asubío final foi un desahogo colectivo. Remataba a mala serie e o Dépor volvía gañar dous meses despois.
Foi unha vitoria traballada, merecida e necesaria. Un triunfo que devolve o sorriso á bancada e que confirma algo que en Koruña xa sabemos: cando Yeremay sorríe, o Dépor gaña. Agora, con outra cara e outro ánimo, Riazor xa espera ao Racing. E esta vez, o Dépor chega con fe.
Anotaciones del partido
O taboleiro de Hidalgo: riscos e beneficios
Hidalgo axitou a árbore con tres cambios e unha aposta arriscada. A parella Comas-Loureiro no centro da zaga volveu demostrar que é o noso "talón de Aquiles". O 1-0 de Baptistao nace dunha falta de comunicación evidente onde os centrais se separaron demasiado, deixando un carril central que un veterano como o brasileiro non perdoa.
Porén, o acerto estivo no mediocampo. O triángulo José Ángel-Soriano-Luismi Cruz funcionou como un acordeón:
José Ángel fixo de "ancla", incrustándose entre centrais para dar saída.
Soriano foi o cerebro absoluto (97% de acerto en pases). O seu pase a Yeremay no 1-1 é de "Premier League": visión periférica e a potencia xusta.
Quagliata deu unha amplitude pola esquerda que permitiu que Yeremay non tivese que baixar tanto a recibir, gardando forzas para o último terzo.
O Factor Yeremay: ¿Teito ou Selección?
O que fixo onte o canario foi un escándalo. Non só polo gol e a asistencia a Mulattieri, senón pola súa xerarquía. Cando Zaka fallou o gol cantado no minuto 22, a Yeremay "comíano os demos", pero lonxe de desconectarse, botouse o equipo ás costas.
| Veloz e intelixente nos pases e colocación no campo. Yeremay demostrou o que moito que vale. Foto de La Voz de Galicia. |
Ese segundo gol nace dunha conducción marca da casa: potencia, caneo e un centro que é medio gol. Como dicimos no artigo, que este rapaz estea xogando en Segunda hoxe é un luxo para nós, pero unha inxustiza para o fútbol. Se mantén este nivel, a súa chamada para a absoluta non debería ser unha utopía, independentemente da categoría.
O "Resurxir" de Mulattieri e o indulto de Hidalgo
O fútbol ten estas cousas: Mulattieri pasou do ostracismo a ser o heroe. Tras un bo papel en Copa contra o Atleti, o italiano saíu con "fame". O seu gol non foi estético (unha volea mordida que sorprendeu a Andrés), pero foi un gol de posicionamento e intuición. Ese movemento de ataque ao balón é o que lle pedíamos a Zaka toda a primeira parte.
O "Roubo" que non foi tal por culpa do resultado
Non podemos esquecer o gol anulado a Loureiro. Foi unha decisión arbitral das que fan dano: un forcexeo normal de Arnau Comas que o VAR nin sequera quixo revisar con profundidade. Se o Dépor non gaña onte, hoxe estaríamos falando de escándalo nacional. Gañar "dúas veces" o mesmo partido (unha no marcador e outra contra o arbitraxe) dálle a este grupo un plus de confianza que vale ouro. Nas Palmas o Var tamén anulou outro gol de maneira muy dudosa.
Este triunfo vale por tres:
Rompe a xeira: Cinco xornadas sen gañar eran unha lousa pesada.
Mentalidade: Primeira remontada da tempada. Xa sabemos que podemos volver aos partidos.
Golaveraxe: Superar ao Almería nisto pode ser decisivo en maio.
O próximo domingo agarda o Racing. Co Dépor recuperando a sonrisa e Yeremay en modo "MVP", Riazor ten que ser unha caldeira. O camiño ao ascenso directo pasa por morder así en cada campo.
O 1x1 do Dépor en Almería: Yeremay dita sentencia
Ferllo (5): Discreto. Puido facer algo máis no gol de Baptistão saíndo a tapar con máis decisión. Tras o gol, o Almería mandou fóra as súas ocasións claras, polo que apenas tivo que intervir ata o arreón final.
Alti (6): De menos a máis. Comezou brando, vencido facilmente na xogada do 1-0, pero medrou na segunda parte. Acabou con bos números: 6 recuperacións e 5 duelos gañados, dando seguridade no treito final.
Arnau Comas (3): O elo máis feble. Baptistão comeulle a partida no gol e viuse superado en todo momento. Un dato demoledor: marchou do partido sen gañar nin un só duelo individual. Preocupante.
Loureiro (6): O "muro" que volveu. Aínda que estivo algo tépedo no gol local, compensouno con 8 despexes e moito traballo de achique. Marcoulle un gol impecable de cabeza que o árbitro anulou por unha falta inexistente de Comas.
Quagliata (7): O "puñal" zurdo. Deulle moitísima profundidade á banda esquerda e puxo un balón de ouro que Zaka perdoou de xeito incomprensible. Moi boa imaxe do italiano.
Luismi Cruz (7): Conector. Entendeu perfectamente o que pedía o partido, asociándose con Alti e filtrando dous pases clave que puideron rematar en gol. Imprescindible na creación.
José Ángel (7): O obreiro. Regresou ao once para dar o equilibrio que faltaba nas últimas xornadas. Fixo o traballo sucio entre centrais e mesmo se permitiu o luxo de filtrar un gran pase a Zakaria.
Mario Soriano (8): O metrónomo. Despois dunha primeira parte frouxa, resurxiu tras o descanso. Deu unha asistencia perfecta a Yeremay e asinou un 97% de acerto en pases (62 de 64). Un auténtico reloxo suízo.
Yeremay (8): O MVP. Aínda que comezou fallando na toma de decisións, tras o descanso botouse o equipo ao lombo. Carreira espectacular para o 1-1 e xogada xenial para asistir no 1-2. Xogador diferencial que decidiu o partido.
Stoichkov (5): Gris. Estivo moi impreciso, perdendo seis balóns e fallando un control que o deixaba só ante o porteiro. Necesita recuperar a finura no último toque.
Zaka (5): Pechado de cara ao gol. Fallou un man a man inexplicable coa portería baleira. Deulle unha boa asistencia a Yeremay antes de ser substituído, pero onte a pólvora estivo mollada.
Os cambios de Hidalgo
Mella (6): Saíu no 70 para refrescar o ataque. Sacrificouse moito en defensa e axudou a que o Almería non envorcara o campo pola súa banda.
Mulattieri (7): O "indultado" decisivo. Entrou con fame de gol, fixou aos centrais e non perdoou na primeira que tivo para poñer o 1-2. Demostrou que ten sitio neste equipo.
Diego Villares (-): Entrou no 83 para morder no centro do campo. Bloqueou un disparo perigoso e deu os pulmóns que o equipo necesitaba para aguantar o resultado.
Patiño (-): Poucos minutos para intervir, saíu no 83 para dar refresco a José Ángel na medular.
Noé Carrillo (-): Testemuñal. Debutou en Segunda no minuto 90, un momento que seguramente non esquecerá, entrando por un Soriano esgotado.
Ficha del partido
Almería: Andrés Fernández; Chirino, Nelson Monte, Álex Muñoz, Centelles (Thalys, m.84); Baba (Morcillo, m.84), Dzodic; Arribas, Andrés Horta (Arnau Puigmal, m.56), Embarba (Melamed, m.70); Baptistao (De la Fuente, m.70)
Deportivo:Álvaro Ferllo; Altimira, Loureiro, Arnau Comas, Quagliata; Luismi Cruz (Patiño, m.82), José Ángel (Villares, m.82), Mario Soriano (Noé, m.90), Yeremay; Stoichkov (Mella, m.70), Eddahchouri (Mulattieri, m.70).
Goles: 1-0, m.13: Baptistao. 1-1, m.49: Yeremay. 1-2, m.80: Mulattieri.
Árbitros: Miguel González (C. asturiano). Amonestó a Yeremay (m.50) y Arnau Comas (m.58) en el Deportivo y a Chirino (m.2), Baba (m.36) y Nelson Monte (m.76) y Arribas (m.90+3) en el Almería.
Incidencias: Almería Stadium. Partido correspondiente a la jornada 22 de LaLiga Hypermotion.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???