A polémica volve prender nos Cantóns, ese proxecto estrela que para moitos está a converterse no gran pesadelo da lexislatura de Inés Rey. Se xa non chegaba coa "cementada" xeral e eses "chirimbolos" incómodos que ninguén entende, agora a alcaldesa decidiu darlle a estocada final á estética da zona substituíndo as farolas fernandinas por uns modelos que a oposición non dubida en cualificar como propios de polideportivo. Segundo Rey, as vellas farolas non eran históricas nin BIC, senón un simple "pastiche" de 1999 cuxa reparación custaba a frioreira de 6.000 euros por capuchón, polo que xustifica o cambio por unha iluminación máis eficiente e barata.
O problema é que a execución volve estar marcada polo formigón; as novas luminarias plantáronse sobre unhas bases de cemento que indignaron á veciñanza, aínda que desde María Pita piden paciencia e aseguran que se recubrirán con pedra. Entre a inseguridade vial denunciada polo PP, a chapuza da parada de Correos e uns 8 millóns de euros investidos nunha obra que parece non ter fin, os coruñeses pregúntanse se de verdade gañamos modernidade ou se estamos esnaquizando a esencia dunha das zonas máis emblemáticas da cidade. E para rematar o cadro, mentres o Obelisco recibirá un foco especial para que se vexa de noite, o servizo de Bicicoruña segue colapsado con 1,7 millóns de usos ao ano e sen bases suficientes no centro, demostrando que ás veces a realidade da rúa vai moito máis rápido que as obras do Concello.
| Frente a frente, el pasado y el futuro. La farola fernandina frente a la de polideportivo. |
🗣Lo que están haciendo en el centro de Coruña es digno de estudio: un mar de cemento rodeado de un "bosque" de farolas cutres y tristes que dejarán más oscuro de lo que está el entorno. No puede ser más desolador. Además, pasarán 300 autobuses.🤦♂️ pic.twitter.com/6V7R3NEHQW
— Ramón Rouco ®️ (@Ramon_Rouco_) May 8, 2026
A nova parada de buses e un incordio
Pero o que xa roza o ridículo é a xestión da mobilidade e esa chapuza da parada de bus de Correos.
| A nova parada de buses interurbáns, unha ratoneira. Foto de Cadena Ser |
A teima de peonalizar Entrexardíns obrigou a trasladar a parada ao Teatro Colón, unha decisión que non ten nin pés nin cabeza. Non só entorpece o tráfico nunha zona xa saturada, senón que dificulta gravemente os labores de carga e descarga de materiais para o teatro, deixando aos veciños da Cidade Vella e aos visitantes sen os puntos clave de Porta Real e o Obelisco. A indignación é tal que, despois de meses mareando á cidadanía e obrigándoa a camiñar ata a Praza de Ourense para coller o bus do aeroporto, o Concello xa está a recular e avalía volver a habilitar unha parada na Avenida do Porto, case onde estaba a orixinal. Unha viaxe de ida e volta que demostra que a planificación brilla pola súa ausencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???