Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

miércoles, 17 de junio de 2026

En San Xoán a sardiña molla o pan e Koruña será tropical

Se pensabades que cos 35,9 graos do outro día xa cumpriramos coa cota de suar para todo o ano, ires preparando o abano e a neveira portátil. Os primeiros modelos da Aemet e do Centro Europeo veñen con curvas: a noite de San Xoán vai ser un auténtico inferno... ¡e sen necesidade de achegarse ao lume!

Aínda hai un chisco de incerteza (xa sabemos que aquí en Koruña o tempo cambia segundo lle dá o aire na Torre), pero todo apunta a que a partir do luns as temperaturas van pegar outro subidón dos bos. De feito, os meteorólogos avisan de que poderíamos estar ante a primeira "Ola de Calor" oficial do ano, xusto dous días despois de estrear o verán. Lembrades que para que sexa "ola" fan falta tres días seguidos pasando de 26,6 °C? Pois ten toda a pinta de que esta vez imos reventar o marcador.


O mito do San Xoán pasado por auga: ¿Maldición ou mentira?

Sempre hai algún queixicas que di: "Bah, en San Xoán sempre chove, xa verás". Pois imos pechar unhas cantas bocas con datos na man. Rafael Sánchez, meteorólogo da Aemet, dános a razón: iso de que en Koruña non hai verán é un conto chinés. De feito, en todo o que vai de século, só nove noites de San Xoán foron molladas.

A última vez que nos choveu mentres asábamos as sardiñas foi no ano 2022. O ano pasado caeu algo de auga, si, pero foi a mañá do día 24, cando xa estabamos todos durmindo a mona. Así que de "San Xoán mofado", nada de nada. Iso si, xunto con Vigo, somos a cidade galega con máis noites meigas húmidas (9), seguidos de Pontevedra (8), Santiago e Lugo (7). ¡Gañamos ata niso!

 Un San Xoán "cuadriculado" e con moito control

A calor extrema vai poñer a proba aos heroes que baixan á praia desde as sete da mañá a gardar o sitio e mollar a madeira. ¡Coidado coas insolacións antes de tempo! Que nos 96 anos de historia da Aemet, nunca cadrou un día de máis de 30 graos xusto o 23 de xuño. Este 2026 podería ser o primeiro.

E ollo, que este ano o Concello quere poñer orde no areal. Se xa viches as valas na zona das Escravas (onde lanzarán os fogos de artificio), que saibas que este San Xoán estrea un proxecto piloto: Riazor estará acoutado con 50 parcelas destinadas a asociacións legais para controlar que non deixemos a praia feita un vertedoiro.

Para recoller as toneladas de lixo e asegurar que ninguén acabe durmindo dentro do mar, o Concello vai mobilizar un exército: máis de 600 efectivos de seguridade e urxencias, e outros 300 de limpeza que entrarán ás 06:00 da mañá do día 24 coas mangueras preparadas para botar aos últimos resistentes.

A rabuñada final: Sardiñas a esgalla no porto (xa descargaron 27 toneladas), o termómetro quendo para dar quentura de máis, e parcelas con liña de cal en Riazor. Este ano, entre o calor que vén de África e o das fogueiras, o "salto do lume" imos facelo en bañador e cun cubata de xeo na man. ¡Que veña a Noite Meiga!

E ti, onde vas queimar o meigallo este ano? ¿Es dos que ten parcela VIP en Riazor ou prefires escapar do forno da praia e quedar polo barrio? ¡Cóntanos os teus plans nos comentarios!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???