Había aviso amarelo da Aemet e de MeteoGalicia, si, pero como somos de onde somos, pensamos: "Bah, esaxerados, se estamos en xuño e o verán non empeza ata o 21". Pois toma "nordés" do revés. Este sábado 13 de xuño de 2026 non só nos asamos, senón que entramos directos nos libros de historia da meteoroloxía coruñesa. Vaia peletazo de calor, meu!
Para que vos fagades unha idea da salvaxada: alcanzar os 30 graos en Koruña é case un milagre mariño (só pasou 115 días en 96 anos). Pois onte non só pasamos dos 30, senón que a estación do centro marcou 35,7 °C ás 13:20 horas. ¡O segundo récord máis alto da historia da cidade!
E se no centro estabamos para poñer o ovo na tixola sobre o asfalto, o de Alvedro foi de xulgado de garda: o aeroporto «ardeu» a 37,2 °C.
O podio do inferno Koruño
Para os que botan de menos o frío e a néboa de sempre, mirade como queda o cadro de honra (ou de terror) das nosas temperaturas:
28 de agosto de 1961: 39,6 °C (O récord absoluto).
13 de xuño de 2026 (ONTE): 35,7 °C (Superando os récords históricos de xuño de 1980 e, ollo, tamén o máximo de xullo de 2006).
13 de setembro de 2020: 35,4 °C.
O peor non foi o día, foi a noite. Tivemos unha noite tropical desas nas que non podes pegar ollo coa ventá aberta porque ás tres da madrugada o termómetro non baixaba dos 21 graos. ¡En xuño! Que aquí o normal nese mes é durmir con manta e pijama de entretempo.
| A xente encheu as praias. Foto de La Voz de Galicia |
¿A culpa? Do aire africano e da física
Segundo explicou Francisco Infante (o xefe da Aemet en Galicia), xuntouse todo o malo para os amantes do fresco: unha masa de aire quentísimo do norte de África, ceos despexados, sol de xuño que arrebola como nunca e o famoso vento do sueste que vén do interior da Península recalentándose polo camiño.
Para colmo, sumouse un efecto físico: cando ese aire quente baixa dende a Meseta ata a nosa costa, redúcese a altura, o aire comprímese pola presión e quéntase aínda máis. Vaia, que a Meseta nos mandou un secador de pelo xigante enfocado directamente á Torre de Hércules.
Consello de Koruña Rabuña: se ides á praia de Riazor ou Orzán estes días, fustrigádevos ben con crema solar (que o índice ultravioleta está polos solos) e buscade a sombra... se é que a atopades. ¡Que nos dea un respiro o termómetro que isto non hai corpo atlántico que o aguante!
O calor vén con chispas (e non precisamente de San Xoán)
Se pensabades que cos 35 graos de onte xa viramos abondo, agardade, que a cousa non quedou aí. Co termómetro a ferver, a cidade converteuse nun polvoreiro e os bombeiros non deron feito este fin de semana. ¿Casualidade ou é que o termómetro ten ganas de marcha? Deixámosvos o reconto dos tres sustos que nos fixeron mirar ao ceo buscando o fume (xa que buscar as nubes non serve de nada).
Susto en Monte Alto: lume nas vellas cocheiras do tranvía
O sábado pola tarde, unha columna de fume negro asustou a medio barrio. O aviso saltou ás 19:10 horas: incendio industrial na nave municipal das antigas cocheiras dos tranvías. Alí desprazáronse catro dotacións de bombeiros e a Policía Local a todo meter.
| Fume saíndo das antigas cocheiras de tranvías |
Ao final, a cousa quedou nun susto "sen nada de valor": ardeu unha entrechán e romperon uns cristais. Menos mal que os tranvías históricos e os contedores de Valoriza saíron intactos. ¿A causa? Todo apunta a que foi algo totalmente fortuíto. Di a Aemet que coas altas temperaturas da xornada, algún material que estaba preto do teito dixo "ata aquí chegamos" e comezou a arder só pola calor. ¡Vaia quentura!
Alvedro «arde» por dous lados: Calor e lume na caseta dos falcóns
Se xa vos contamos que o aeroporto bateu marcas con 37,2 °C, pola mañá a cousa xa viña quente. Ás 11:31 horas declarouse un incendio na caseta dos falcóns, o recinto onde descansan as aves que controlan que non se metan paxaros nas pistas.
Por sorte, os bombeiros do propio aeródromo estiveron máis rápidos que os avións e sufocaron as chamas de inmediato sen que afectase aos voos nin houbese danos persoais. Iso si, as causas aínda non se saben, pero en Alvedro onte o ambiente estaba para prender con mirar para el.
Fume na finca dos Mariño: o drama invisible que volve co verán
O terceiro incidente veu un chisco antes, o xoves pola noite, na coñecida finca dos Mariño (no Paseo Marítimo). Alí os bombeiros tiveron que sufocar un lume provocado nuns colchóns. A fumareda alarmou a moitos dos que paseaban pola zona, pero por fortuna non pasou a maiores.
| Fume en el Paseo Marítimo |
| Campamento de vagabundos bajo el Paseo Marítimo. |
Reflexión de Koruña Rabuña: Entre o secador de pelo sahariano que nos mandou a física
e as faíscas que saltan á mínima, este ano imos chegar a San Xoán coas fogueiras xa acendidas. ¡Andade con moito ollo, que a calor non perdoa nin os cristais nin os colchóns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???