Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

martes, 23 de junio de 2026

#OperaciónEstoupaPalacio: O Liceo di basta ao terror de Les Comes. ¡Koruños, a Riazor coa rabia dos campións!

 O Hockey Club Liceo dixo basta. Basta ás ameazas, basta á violencia gratuíta, basta ás intimidacións intolerables e a unha encerrona salvaxe que ningún koruñés con sangue nas veas pode pasar por alto. O que se viviu este fin de semana en Les Comes traspasou todas as liñas vermellas do deporte. Non foi unha eliminatoria de hóckey; foi unha emboscada en toda regra contra os nosos xogadores, as súas familias e un puñado de afeccionados heroicos que viaxaron a Cataluña a defender o escudo.

O club verdiblanco xa denunciou formalmente os graves incidentes provocados polo Front Tauró —os mesmos radicais que xa iniciaran unha pelexa en Riazor durante a liga regular—. Pero as testemuñas poñen os pelos de punta e esixen unha resposta unánime de toda a cidade de Koruña: “E menos mal que perdimos. Porque se chegamos a gañar... ¿Que é o que se houbese montado alí?”. Esa é a dramática reflexión que se escoita dentro da expedición.

Un inferno de cuspe, latas, ameazas e unha bengala contra un neno

A tensión foi medrando, alimentada de xeito irresponsable nas redes sociais, ata estalar nun domingo negro. Dende a chegada do autobús ao pavillón, a hostilidade rozou o delitivo: lanzaron unha bengala que por pouco non lle dá a un neno que estaba xogando pola zona. Unha vez dentro da pista, os testemuños falan de zarandeos ao banquiño, lanzamento constante de cervexas, moedas, latas e cuspe dirixido aos xogadores non convocados. Todo isto ante a total pasividade dunha seguridade privada que miraba para outro lado e duns árbitros incapaces de deter o partido.

O peor e máis covarde veu ao final do encontro. Coos Mossos d'Esquadra xa fóra do pavillón, uns trinta ultras do Front Tauró acorralaron a un grupo de apenas quince afeccionados galegos, a maioría mulleres e fillos dos propios xogadores. Insultáronos, escupíronos e ata lles lanzaron unha cadeira. A muller e o fillo pequeno de Miguel Carral, membro da Peña Barullo desprazado dende Koruña, tiveron que fuxir antes de tempo mentres lles tiraban de todo. O resto de familiares tivo que ser refuxiado de urxencia no túnel de vestiarios polos propios xogadores ata que chegou a policía local.

Comunicado do Liceo explicando os altercados.

Mentres a Comisión Antiviolencia se dedica a perseguir de xeito ridículo ao pobo koruñés por invadir Riazor para celebrar o ascenso do Dépor, as autoridades miran para outro lado ante a venda libre de alcohol, o aforo superadísimo e o auténtico vandalismo en Igualada. Como ben dixo a alcaldesa Inés Rey: “Esas comisións de Antiviolencia podíanas aplicar tamén a episodios tan desagradables e graves como o de Igualada”.

Este martes, que Riazor sexa unha caldeira verde e branca

Koruños, escoitade ben: tocaron aos nosos. Tocaron ás familias dos homes que se parten a alma na pista por levar o nome de Koruña ao máis alto do hóckey mundial. Se en o cortello de Les Comes os porcos  montaron un ambente cheo de violencia e covardía, este martes o Pazo de Deportes de Riazor ten que ser un volcán de orgullo, presión e coraxe.


Non podemos deixar só ao Liceo no último e definitivo partido do playoff polo título da OK Liga. Hai que converter esa rabia e ese enfado nun alento ensordecedor que faga tremer as pernas do Igualada dende o minuto un. Que sintan o peso de toda unha cidade ferida no seu orgullo.

Non hai escusas. O martes, a Operación 'Estoupa Palacio' ten que ser unha realidade histórica. Imos encher Riazor, imos gañar esta Liga e imos demostrarlles a eses vándalos que a un koruñés non se lle intimida, e moito menos na súa propia casa.

¡A por eles! ¡Todos a Riazor! ¡Forza Liceo!

Operación 'Estoupa Palacio': Entradas a 5€ para reventar Riazor e asegurar un dobrete histórico

A gran final chega ao momento da verdade cun empate a dous partidos que queima nas mans, despois de que cada equipo defendese con uñas e dentes o seu propio feudo. Non esquezamos como arrancou isto: os dous primeiros asaltos en Riazor foron auténticas exhibicións de poderío koruñés, con senllos trallazos de 8-2 que esnaquizaron ao Igualada ante máis de catro mil persoas que ruxían na bancada. Eles responderon no seu pavillón (5-2 e 4-2), amparados nese clima de hostilidade e xogo sucio que sufriu a nosa expedición. Pero agora a moeda volve estar no aire, e o factor pista ten que ditar sentenza.

O Liceo está a tan só 50 minutos de asinar un dobrete histórico. Os xogadores queren, merecen e necesitan o último empuxón dunha cidade herculina que non se engurra ante nada. O lema é claro: 'Estoupa Palacio'. Temos que conseguir que o vello Palacio dos Deportes non sexa un pavillón, senón unha ola a presión que engula por completo ao Igualada dende o quecemento.

Para que ninguén teña escusa, o club puxo todas as facilidades do mundo para que o orgullo koruñés encha as gradas:

  • Socios do Liceo: Acceso totalmente gratuíto, e ademais —igual que en todo o playoff— poden solicitar invitacións para os seus acompañantes.

  • Abonados do Deportivo: Entran tamén de balde, demostrando a comuñón total do deporte na cidade.

  • Público xeral: Entradas a un prezo único e ridículo de 5 euros.

¿Como conseguilas? A adquisición é unicamente de forma física nos despachos de billetes do propio Palacio de Riazor. Este martes, o horario de venda é de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, xusto ata o momento en que se poña a bóla en movemento.

Non hai escusa que valga. Mercar a entrada de cinco euros e reventar o Palacio é unha obriga moral de calquera koruñés que sinta o mínimo respecto por uns rapaces que foron maltratados en Cataluña. ¡Que escoiten o noso ruxido dende a praza de Lugo ata Les Comes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???