Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

jueves, 25 de septiembre de 2025

Koruña quere recuperar o paseo máis longo de Europa: do Atlántico bravo ata o Xalo

 Os koruñeses sabemos que a nosa cidade non se entende sen o mar. Vivimos pegados a el, rodeados pola súa forza, respirando ese Atlántico que nos define. Durante anos, Koruña puido presumir dun récord: o Paseo Marítimo máis longo de Europa, nada menos que 13 quilómetros de percorrido entre O Portiño e o dique. Pero en 2016 Lanzarote arrebatounos a coroa co Porto do Carmen, que se estira ata os 26 quilómetros.

Agora, o xogo volve estar aberto. Os novos proxectos de urbanización do porto e de As Xubias, unidos aos tramos xa existentes en Oleiros, Culleredo e Cambre, abren a porta a que Koruña recupere ese título con unha xuntanza metropolitana entre varios concellos. Se todo encaixa, poderiamos ter un gran circuíto metropolitano de máis de 27 quilómetros, un paseo que non sería só o máis longo, senón tamén un dos máis diversos: dende as ondas batendo contra as pedras en Riazor, ata as ribeiras tranquilas da ría do Burgo.

As Xubias, a peza clave

O novo barrio que xurdirá nas antigas instalacións de San Diego e nas conserveiras de As Xubias será fundamental. A idea é que o paseo actual, que rodea toda a península, continúe cara A Pasaxe e enlace cos itinerarios xa existentes nos concellos veciños. Só un pequeno tramo de 453 metros falta para que Oleiros e Cambre queden definitivamente unidos a este gran circuíto.

Paseo ou senda?

Os tempos tamén cambiaron. O que antes era símbolo de modernidade e cemento sen fin, agora busca ser máis sostible. A Xunta xa anunciou plans para unha rede de sendas peonís que conecten toda a costa galega, máis respectuosas co medio ambiente. Koruña tamén quere sumarse: o concello prevé naturalizar a franxa entre a Pasaxe e Oza, recuperando un litoral que moitos lembran cheo de vida mariñeira.

Non se trata de repetir a fórmula dos 80, cando Francisco Vázquez puxo a Koruña no mapa con unha cinta de formigón. O obxectivo agora é outro: sendas máis verdes, integradas coa natureza, onde os pasos se mesturen co canto das gaivotas e co vento do Atlántico. A Xunta xa fala dunha rede galega de sendas costeiras; Koruña pode ser o corazón desa idea.

Cifras que impresionan

  • 1,5 km: o tramo renovado entre o dique e San Amaro, con novos espazos verdes.

  • 307.000 €: investimento previsto pola Xunta para a contorna da Torre de Hércules.

  • 453 metros: a pequena distancia que falta para pechar o círculo entre Oleiros e Cambre.

Non só un paseo: unha vía de comunicación

Este futuro paseo litoral non é un simple espazo para camiñar ou correr. É unha nova rede de comunicación que pode convivir con distintos medios de transporte:

  • Peóns, gozando dun percorrido continuo e seguro, sen semáforos nin coches.

  • Bicicletas e patíns, conectando barrios enteiros sen necesidade de usar o coche.

  • Ferrocarril lixeiro, aproveitando parte das antigas vías e trazados que xa un día artellaron o movemento industrial da cidade.

Pensemos no que significaría ir en bici desde O Portiño ata O Burgo, ou coller un tranvía moderno que bordease a península, conectando cos trens de cercanías na futura estación intermodal. Unha rede interconectada onde mar, camiño e transporte se dean a man.

Sí, poderiamos recuperar o título de “paseo máis longo de Europa”. Pero a verdadeira medalla sería outra: demostrar que unha cidade pode transformar a súa fachada marítima nun espazo de comunicación limpa, compartida e fermosa, que sirva tanto para facer deporte como para ir traballar, para unir barrios e para conectar xeracións.

Koruña podería ser así un exemplo de como o que antes se vía como atraso —un tranvía, un paseo de ribeira, unhas vías de tren— hoxe é vangarda. Un futuro onde cada paso, cada pedalada e cada vagón signifiquen vida en común.

Un percorrido polos ecosistemas do Atlántico á montaña

O futuro paseo é tamén unha viaxe pola diversidade natural que define a nosa comarca a o longo do paseo martítimo:

  • O Portiño – Riazor: arrinca co mar aberto e os acantilados, ese Atlántico bravo que golpea contra as rochas e que nos lembra cada día a forza do océano. Esta parte do paseo pode ampliarse hasta Bens no futuro. 

Camino do Portiño. 

  • Riazor – Orzán: o escenario cambia radicalmente; aquí a cidade abre a súa cara máis urbana, con praias areosas, ecosistemas costeiros onde conviven gaivotas, algas e mariscadores deportivos.

  • Orzán – Torre de Hércules- O Porto: de novo o mar aberto, esta vez acompañado pola presenza do faro máis antigo do mundo en funcionamento, rodeado dun espazo natural protexido.



  • O Porto – Oza: entramos na ría interior, con augas máis calmas, lembrando que durante séculos aquí funcionaron conserveiras e estaleiros.

  • As Xubias – Santa Cristina: a transición faise evidente, a ría comeza a dominar a paisaxe. Santa Cristina aporta un sistema dunar e intermareal de enorme riqueza, fronte ao futuro paseo urbano.

Proycto de unión entre el paseo martítimo de O Burgo con As Xubias y el Puerto de Oza. La Voz de Galicia

A Praia de Santa Cristina co a Ría do Burgo


  • Paseo do Burgo: xa dentro da ría de O Burgo, a natureza faise protagonista. Aves migratorias, bancos marisqueiros e un ecosistema con marismas e un pequeño estuario.

  • Río Mero – Encoro de Cecebre: a ría convértese en río, e máis arriba o encoro serve de pulmón e despensa de auga para toda a comarca. O bosque do Cecebre, inmortalizado no Bosque Animado de Wenceslao Fernández Flórez, engade un compoñente literario e máxico á viaxe.

Bosque atlántico como el bosque de Cecebre. 


  • Monte Xalo: punto final e balcón natural da comarca. Dende aquí vese todo o percorrido, dende o mar aberto ata o interior verde.

Vista desde el Xalo .


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???