Esta semana Koruña celebra un deses aniversarios que fan pensar no tempo, na cidade e en nós mesmos. Hai 150 anos, o 10 de outubro de 1875 na linea Koruña-Lugo permitía o primeiro viaxe en tren (5 días santes o tren chegou por primeira vez á cidade desde Lugo, marcando un antes e un despois no seu desenvolvemento económico, social e urbano). Aquel fume negro que entrou pola estación do norte traía consigo modernidade, conexión e un novo ritmo de vida.
A efeméride non pasou desapercibida: o Concello, a través do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, organizou un programa de actos conmemorativos para lembrar aquel momento histórico. Haberá exposicións, conferencias e paseos pola memoria ferroviaria, recordando un acontecemento que, segundo destacaron as autoridades, “situou a Koruña na rede que unía Galicia co resto da Península”. Hasta ese momento, os galegos non tiñan os medios para desprazarse fora de sua comarca e menos de Galicia. Un carro o un cabalo non superaba os 15 km/h. Un tren chegaba a os 40 Km/h e con un pasaxe de centos de persoas.
A estrutura da mostra segue un fío cronolóxico: desde os primeiros proxectos e concesións do ferrocarril ata a chegada do primeiro tren procedente de Lugo ( o primeiro viaxe feito en Koruña o 5 de octubro de 1875 Lugo-Koruña). Aquela liña, o tramo Lugo–Koruña, foi o segundo en Galicia en entrar en funcionamento —despois do Santiago–Carril—, e converteu á cidade nun dos primeiros destinos ferroviarios do país.
O día que o tempo cambiou
A crónica da Voz de Galicia lembra a expectación co que os veciños agardaban aquel día. As semanas convertéronse en días e os días en horas. O primeiro tren, cargado de curiosidade e esperanza, deixou atrás os camiños de lama e abriu unha nova era. Aquel 10 de outubro, a cidade espertou entre o cheiro do carbón e o ruído do ferro, e o progreso chegou sobre raíles.
Cando chegar a Madrid era unha odisea
8 anos despois, en 1883 Koruña se conectou coa Meseta con con a liña Koruña-Palencia e dos anos despois con Madrid. Aquel día, chovía a mares, pero nin a auga nin o frío detiveron aos curiosos que esperaban o tren de Madrid. Viña tardando día e medio e traía como pasaxeiros de honra a Alfonso XIII e María Cristina. Era a inauguración dun tempo novo, no que o ferrocarril comezaba a unir territorios, economías e soños.
Os “trens botixo” e as viaxes por festas
O tren mudou tamén o xeito de moverse da xente. A alta sociedade viaxaba buscando balnearios e veraneos curativos, mentres que o pobo aproveitaba os chamados “trens botixo”, convoyes especiais para ir a festas e romarías. As clases ían separadas nos vagóns, pero compartían algo esencial: a ilusión de viaxar, de ver mundo, de saír da parroquia.
A Estación do Norte e o lume de 1964
Durante décadas, a Estación do Norte foi o corazón ferroviario de Koruña. Polas súas vías pasaron historias, despedidas, namoros e retornos. Pero en 1964 un incendio destruíu a terminal, obrigando a trasladar a actividade á Estación de San Cristóbal. Daquela vella estación só quedan fotos en branco e negro, ecos dun tempo en que o tren era símbolo de modernidade.
![]() |
Antigua Estación del Norte onde agora está a Estación de Autobuses. |
Unha cidade entre o recordo e o raíl
Hoxe, o tren segue a ser unha metáfora perfecta para Koruña: avanzamos, pero sempre co ollo no pasado. A cidade que un día soñou co ferro e o vapor celebra agora 150 anos daquel primeiro asubío, mentres agarda outro, máis moderno, que a leve e traia sen atrasos, coma fan noutras terras.
Quizais o segredo estea en lembrarnos de que, en 1875, aquel tren non só traía viaxeiros, senón tamén esperanza, curiosidade e futuro. E iso, por sorte, segue sendo algo moi koruñés.
Segundo recollen outros medios como El Español–Quincemil e El Debate, o primeiro tren partiu da Estación do Norte entre aplausos e bandeiras. Houbo discursos, música e incluso xente que fixo o traxecto só por dicir que estivera naquel “primeiro día do tren”. Para moitos, era o principio dun soño: poder viaxar, comerciar e comunicarse sen depender do mar nin das rodas das carretas.
A caída do tren
Non foi hasta 1910 cando o tren empezou a ter competencia co a chegada dos primeiros coches e a mellora das carreteras. Ata entón, o tren era a maneira de desplazamento mais veloz... Os días de viaxe infernais trocaron en horas en un vagón sen as balanceos de unha carreta o a lentitude de ir a pé. Ademáis, as expectativas do tren quedaron en sobrevaloracións especulativas que arruinaron inversións e a desaparición de compañías feroviarias. La situación empeorou tras a Guerra Civil cando o goberno decidiu facer un sistema público de transporte ferroviario e creou Renfe.
Un símbolo que volve co tempo
Cento cincuenta anos despois, o tren volve ser protagonista. A cidade atópase inmersa nas obras da futura estación intermodal, chamada a modernizar as comunicacións e simbolizar a continuidade entre aquel amanecer ferroviario de 1875 e o Koruña de hoxe. O Concello sinala que “a historia do tren non é só pasado, senón tamén futuro”, e moitos ven nesta efeméride un recordatorio de todo o que queda por facer para mellorar as conexións actuais.
Outros medios, como El Progreso, aproveitaron a data para lembrar que, paradoxalmente, algúns traxectos seguen durando case o mesmo que hai un século: máis de catro horas entre Lugo e Koruña. O aniversario, así, convértese tamén nunha chamada de atención: o tren que un día fixo avanzar a cidade non pode quedar ancorado no pasado.
O eco do ferro
Cada medio achega a súa ollada, pero todos coinciden en algo: o tren cambiou a historia de Koruña. Sen el, moitos dos nosos barrios, fábricas e mesmo soños non existirían. O seu eco segue presente na memoria colectiva, nas vías esquecidas, nas estacións antigas e nas historias dos que o viron chegar por primeira vez.
Agora o fume xa non é negro, pero segue habendo algo máxico no son dun tren que se afasta. Un recordo de que unha cidade tamén se constrúe sobre o movemento, sobre o desexo de chegar máis lonxe.
Da locomotora ao AVE que non chega
Cento cincuenta anos despois, Koruña segue a mirar as vías con esperanza e un chisco de resignación. A efeméride pillounos, como se adoita dicir, co pé cambiado: celebrando o pasado e esperando a intermodal, ese gran proxecto que leva anos prometendo unir o que a historia separou por obras e papeis.
Nueva Estación Intermodal de San Diego |
En 1875 o tren tardaba catro horas en chegar a Lugo; hoxe, dúas das cinco opcións de Renfe para ese mesmo traxecto seguen tardando... catro horas e vinte minutos. O tempo cambia, os maquinistas tamén, pero os minutos —coma as obras— ás veces non se moven.
Programa Conmemorativo
Con motivo deste 150 aniversario, o programa de actos busca recuperar a memoria histórica deste momento clave e fomentar o coñecemento cidadán sobre o impacto do tren na configuración da actual estrutura urbana e social da Koruña.
As actividades inclúen:
Xornadas Divulgativas e Culturais: Charlas, conferencias e eventos que contarán coa participación de especialistas en historia, urbanismo e economía para analizar o legado do ferrocarril.
Posta en Valor do Patrimonio: Destácase a importancia de preservar e dar a coñecer a historia ferroviaria koruñesa, que foi moito máis que un medio de transporte, sendo un símbolo da modernidade e a primeira gran conexión física entre Galicia e o resto de España.
A conmemoración non só celebra o pasado, senón que tamén pon en valor a importancia do ferrocarril como un eixe vertebrador do territorio e un motor de desenvolvemento continuo. A efeméride serve de recordatorio de como a innovación no transporte pode moldear o destino dunha cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???