Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

domingo, 5 de abril de 2026

A cidade "Escape Room" onde entrar é difícil e saír, un milagre

 Se pensabas que a Operación Saída de Semana Santa era complicada, benvido ao día a día de Koruña, esa marabillosa península que os nosos gobernantes decidiron converter nunha xincana para ver canto aguanta a paciencia do koruñés medio. Entre o chuac-pum, as obras que nunca acaban e o asfalto que aparece e desaparece, aquí tes a crónica dunha cidade en "obras (des)eternas".

1. O adeus ao "Scalextric" do CHUAC: Un salto ao baleiro

A finais de marzo empezou o baile de verdade. O mítico viaduto que levaba ao hospital xa é historia, pero o que quedou no seu lugar é o caos. O corte total en A Pasaxe (esa arteria pola que antes pasaban coches e agora só pasan as moscas e as máquinas de demolición) deixou a entrada pola zona sur como un pescozo de botella.

Fin del acceso al Chuac. Foto de A Coruña Xa

Din que o novo hospital vai ser o dobre de grande, pero polo de agora o que se duplicou é o tempo que tardas en chegar desde o Burgo. ¿Un mes de cortes en As Xubias? Sorte aos que teñen cita médica, porque van chegar para a revisión do ano que vén.

2. Lavedra: a obra de El Escorial (pero con máis atascos)

O de Alfonso Molina é para que mo fagan mirar. O que se vendeu como a gran remodelación de 18 millóns de euros está sendo un desfile de "chapuzas" e parches. Que se un prisma de telecomunicacións por aquí, que se unha tubaxe de 600 mm por alá. Agora un oleoducto que non se sabia que pasaba por ali... O resultado? Atascos de época en Matogrande e o acceso desde A Grela cortado cada dous por tres.


Parece que o proxecto o deseñou un fan de Tetris que non sabe onde poñer as pezas. ¿Carril bici? ¿Melloras nos accesos? De momento o único que vemos son conos laranxas e xente botando fume ao volante.

3. O "maquillaxe" do Paseo Marítimo

Se non tiñamos suficiente coas entradas, tamén nos cortan o escaparate. Dende o 6 de abril, o tramo entre o Aquarium e a Torre de Hércules volve estar baixo o mazo. Despois de quitar os raís do tranvía (unha ferida que aínda supura en moitos koruñeses), agora tócalle ao firme.

Unha semana de desvíos por Montealto para que o asfalto quede "bonito". ¿Cantas veces imos levantar o Paseo Marítimo nesta década? Se seguiran co tranvía, polo menos íamos con estilo aos atascos.

4. O "Bonus Track": Sardiñeira e Sagrada Familia

Para que non te aburras se vives no centro, temos os cortes de "longa duración":

  • Avenida da Sardiñeira: esa obra de saneamento que parece que busca petróleo, cortada dende maio de 2025.

  • Xubias de Abaixo: seis meses de corte (ata setembro!) que deixan a zona máis illada que unha illa deserta.

  • Sagrada Familia: peonalizacións e cortes ata finais de maio que teñen aos veciños facendo un máster en orientación.


5. Procesións, carreiras populares, entroidos, San Xoán, Fiestas de María Pita, partidos do Dépor....

Koruña e os seus acontecementos deixan a cidade paralizada cando se celebra algo na cidade e ademaís o seu transporte público non permite dar una solución a os miles de persoas que queren saír o entrar da Koruña cando ten que usalos.  

Dalgún xeito, o Concello e a Xunta puxéronse de acordo (¡por fin!) para algo: que non poidamos movernos. Se vas saír de casa, léva un libro, a batería do móbil cargada e un termo de café. Porque na Coruña de 2026, o destino non é o importante, o importante é o tempo que pasas mirando o parachoques do de diante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???