Termina o Festival Mar de Mares que desde o 6 de xunio se viene celebrando en diferentes puntos do concello con diversos actos. Finaliza este domingo 15 de xunio y como e xa tradicional, este acontecimiento ecocultural incluye una experiencia de limpieza da dársena do porto interior.
Os fondos da Marina recibirán unha boa limpeza este domingo grazas ao Festival Mar de Mares; os buzos e voluntarios preparan os pulmóns e os guantes para sacar lixo do fondo do noso porto; máis de 14 toneladas retiradas en edicións anteriores.
Xa van seis anos e seguimos afundindo as mans —e os pulmóns— no mar para sacarlle os restos da nosa vida cotiá. Este domingo 15 de xuño, de 10:00 a 12:30, o Festival Mar de Mares volverá facer o que poucos se atreven: baixar ao fondo do porto e mirar cara abaixo, onde repousan os esquecementos da cidade. Esta vez, a limpeza será na Dársena da Marina, un dos puntos máis simbólicos da nosa Koruña.
![]() |
Recollendo o lixo da dársena |
Uns 50 buzos do equipo de Buceo Galicia, organizados por Signus Ecovalor, meteranse ao fondo coma quen rebusca nun caixón deses onde todo se garda e nada se tira. Mentres, en terra, os voluntarios clasificarán lixo con paciencia de arqueólogos: rodas, redes, plásticos, latas... todo iso que xa non debera estar alí, pero está.
Nos cinco anos anteriores xa se retiraron máis de 14 toneladas de lixo mariño en zonas como O Parrote, o castelo de Santo Antón ou o entorno da torre de control marítimo. E é que, por moito que limpemos por riba, o mar garda memoria. E moita.
O obxectivo desta actividade é máis que limpar: concienciar. Mostrar o que non se ve, o que afundimos cada día sen pensar. Porque limpar é importante, si, pero deixar de suciar sería aínda mellor.
Colaboran neste esforzo colectivo entidades como Abanca (coa súa obra social Afundación), Vegalsa-Eroski, o Porto da Koruña e o propio Concello, ademais de Signus, que xestiona uns 15 millóns de pneumáticos ao ano en España. Quen sabe cantos máis quedarán por aí abaixo.
As pedras do mar da Torre
Una actividades paralela se fará a partir das 11:00 da mañá con o mellor gúia e coñecedor da historia das rochas mariñas que rodean a Torre de Hércules, o polifacético Xurxo Souto, solista dos "Diplomáticos de Monte Alto", autor de novelas como "Os retorno dos Homes Mariños". O Punto de encontro e a Farmacia de Adormideras.
![]() |
Mapa debuxado por Xurxo Souto no sua novela "O Retorno Dos Homes Mariños". |
![]() |
Xurxo Souto en un dos seus paseos cheos de mitos, historias poderosas e lendas arredor das illas e rochas do mar de Riazor Un xenio que temos que valorar. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???