Este ano, Koruña vaise prender de novo, e non só polos centos de cacharelas que se espallarán polas praias, rúas e prazas, senón polo fervor de toda unha cidade que vive esta noite como se fose a última do mundo.
A alcaldesa Inés Rey, que presentou hoxe a programación e o dispositivo especial, deixou caer unha cifra que mete respecto: 150.000 persoas agárdanse pola cidade esa noite. E para que todo vaia como debe, mil persoas estarán encargadas de que a maxia non se convirta en desgrazas: bombeiros, sanitarios, policías, voluntarios e quen faga falta para que cada lume brille sen queimar máis do debido.
Como sempre, o Concello puxo sobre a mesa algunhas normas básicas que haberá que respectar (aínda que sempre hai quen lle bota gasolina ao sentido común):
As cacharelas só poderán estar nas zonas autorizadas, especialmente nas praias.
Está prohibido utilizar madeira tratada ou mobles vellos, que xa non estamos no 1993.
As greladas tamén terán zona designada, así que nada de montar o chiringuito diante da porta da casa.
O vidro está vetado nas praias, así que mellor levar as cañas en lata e coidar dos pés alleos.
Haberá accesos controlados e reforzo no transporte público, para que vaia todo rodado e sen sustos.
A programación cultural, como cada ano, promete lume do bo:
🎶 Concertos ao aire libre (La Guardia e Hey Kid)
🎭 Espectáculos e actividades infantís polas rúas
🌊 Rituals na praia de Riazor ao carón do lume e do mar
🕛 Gran queima de San Xoan á medianoite, con fogos, meigallo e a tradicional purificación co salitre.
Actuación Musical na Noite de San Xoán
La Guardia, lenda do pop‑rock estatal, será a estrela da noite na explanada de Riazor. Chegados de Granada, encherán de hits gratuítos unha praia que ardía de emoción por vela-los ao vivo.
Hey Kid, o artista catalán, encargarse de escorrentar o frío coa súa canción “Noche de San Juan”, himno da data que xa correu o rumor de escoitalo mentres a cidade se purifica no lume.
Ambos concertos forman parte dun San Xoán épico que inclúe fogueiras, foguetes e mil operarios coidando do disparadeiro, para que veñas, cantees e brilles sen preocuparte de nada máis.
E ti, xa tes listo o feixe de herbas de San Xoan?
Xa escribiches nun anaco de papel o que queres deixar atrás este ano?
Pois vaite preparando, que o lume xa comeza a rebulir na pedra e nas entrañas da nosa cidade.
San Xoan 2025 vai ser unha festa que cheirará a sardiña, herba mollada e futuro.
E nós, coma sempre, aquí estaremos para contalo.
Venres 13 de xuño
Lugar: Parque Europa
(Forum Metropolitano en caso de choiva)
-
18:00 h • Tigre de Papel – Obradoiro de decoración de sardiñas
-
19:00 h • Caxoto – Grandes éxitos 2004–2024
Sábado 14 de xuño
Lugar: Praza Elíptica
(CCM Os Rosales en caso de choiva)
-
18:30 h • Os Náufragos Teatro – Bulebule
Lugar: Parque de Santa Margarita
(Soportais da Casa das Ciencias en caso de choiva)
-
19:00 h • Cris de Caldas – Contos en lila
Domingo 15 de xuño
Lugar: Praza dos Avós
(CCM Monte Alto en caso de choiva)
-
18:30 h • A Maga Dani e Martín Camiña – Unha gran enleada de enredos
Lugar: Parque de Oza
(CCM de Monelos en caso de choiva)
-
19:00 h • Ghazafelhos – Historias para escagharriñar
Venres 20 de xuño
Lugar: Casa Museo Casares Quiroga
-
18:30 h • Pérez & Fernández – Nanaí da China
-
19:00 h • Caramuxo Teatro – Os Senteito
Sábado 21 de xuño
Lugar: Praza dos Pescadores
(CCM Pescadores en caso de choiva)
-
18:30 h • Artestudio Teatro – Contos no Ar
Lugar: Parque de Vioño
(CCM Os Mallos en caso de choiva)
-
19:00 h • Pedras de Cartón – Carapuchiña Vermella
Domingo 22 de xuño
Lugar: Praza de Pablo Iglesias
(CCM O Castrillón en caso de choiva)
-
18:30 h • Danthea Teatro – O Titir de Pierrot
-
19:00 h • Os Contos de Pablísimo – 25 anos de maxia e contos
Luns 23 de xuño
Lugar: Campo da Leña
(Soportais de María Pita en caso de choiva)
-
11:00 h • Tigre de Papel – Obradoiro de decoración de sardiñas
-
11:00 h • Taller de herbas de San Xoán
-
12:30 h • Aurora Artes Escénicas – Bosque.
19:00 h
Inicio do reparto de madeira
– En todas as praias autorizadas. Colla o teu feixe e prepara o lume
- 00:20: Actuación de La Guardia: explanada de Riazor, con hits que fan vibrar a noite máis longa do ano.
- 01:50 h: actuación de Hey Kid: explanada de Riazor, para rematar cantando “Noche de San Juan” ao son das lapas.
- 06:00 h: aesaloxo das praias para a súa limpeza Comeza o proceso de devolverlles as praias ao mar e á cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???