Chega o gran momento do ano para os barrios, aldeas e parroquias do arredor de Koruña: o tempo das festas patronais. Ninguén queda sen celebrar: hai quen lle reza a Santiago, quen lle bota un baile á Virxe do Carme, quen se encomenda a Santa Mariña e quen simplemente aproveita para xuntarse, papar churrasco, bailar de noite e ver sair o sol cun bocata na man.
Nesta lista de festas traémosche un percorrido polas celebracións de Os Castros, Peruleiro, Teixeiro, Sada, Mera, Oleiros, Ledoño, Callobre, Lañas, Meangos, Orto, Canedo, Andeiro e Lesa. Cada unha co seu aquel, todas con ganas de troula. Prepárate para facer a ruta das festas, porque este verán vai ser longo, bailado e sabroso.
Ardé Bogotá y Il Divo
Dos concertos para o fin de semana. Un no Muelle de Batería, dentro doo ciclo de conciertos Coruña Sounds, un espectáculo que abrirá as portas as 19:30 e comenzará con a actuación de Michel Foster, una hora máis tarde, para seguidamente dar paso a Arde Bogotá. Dani, Pepe e Jota deleitarán a os asistentes con seu estilo rock road trip po la ruta 66 americana.
Dende O Parque de Santa Margarida, Il Divo amortiguará o rock procedente del puerto, porque a mesma hora actuará dentro do Fesitval Son do Nordés. Os veciños en medio de istos dous estilos musicais van ter difícil dormir a isa hora.
Il Divo no Parque de Santa Margarida as 22:00 do sábado. |
Honra. a non historia de María Pita (Venres 18, Ágora – Koruña)
María Pita volve á escena. Literalmente. E non coa típica historia de sempre, senón cun musical que lle dá a volta á lenda e lle pon voz a todos os que loitaron pola cidade e quedaron no esquecemento. “Honra. A non historia de María Pita” é un musical feito en Koruña, por xente de aquí, onde se conta non só a famosa defensa fronte aos ingleses, senón tamén o que veu antes e despois. Porque cada loita ten moitas caras, e non todas acaban con estatua de bronce na praza.
A obra, que se estrea este venres 18 ás 20:00 horas no centro Ágora, é un proxecto da Escola Galega de Teatro Musical dirixida por Sara Fandiño. Levan anos traballando nisto: primeiro a música, logo as escenas, despois a documentación e agora, por fin, sube ao escenario. A historia parte dun esbozo dun alumno da escola que soñaba con ver a nosa heroína feita musical. E o soño fíxose realidade.
Con 35 actores e actrices de todas as idades, desde crianzas ata maiores, o espectáculo fai un retrato coral da Koruña do século XVI. Non hai grandes artificios nin efectos especiais: o que hai é paixón, esforzo colectivo, moito ensaio e esa teima galega de facer cousas grandes con medios pequenos.
💬 “María Pita non loitou soa e queremos contar esa outra parte da historia”, di Fandiño. E iso é o que trae este musical: unha mirada coral, veciñal, popular, na que Koruña entera sae ao escenario.
Galería de fotos (Opinion Coruña)
Romaría dos Castros (17-19 de xullo)
Festas do Carme en Mariñeiro-Peruleiro (18–19 de xullo, barrio mariñeiro)
Se che gusta o barrio con sabor, as festas de sempre con cheiro a churrasco, música en directo e algún foguete de máis, apunta: as Festas do Carme de Mariñeiro-Peruleiro veñen con todo. O lugar da festa trocou e moitos veciños protestaron.
O venres 18, ás 22:00, arrinca a festa co concerto de Pablo Balseiro, que sempre leva o rockabilly no sangue e os pés no escenario.
O sábado 19 a cousa empeza cedo: ás 13:00 chegan as pandereiteiras Miña Xoia para poñernos na onda tradicional, e ás 13:30 Aixa Romay trae sesión vermú, repetindo pola noite ás 22:30 tras o DJ A3060, que nos deixará quentiños para os fogos artificiais que porán fin á festa.
Barrio, música, vermú e foguetes: que máis se pode pedir?
Xornadas Gastronómicas “A Coruña, que bonito!” (Ata o 17 de agosto – en toda a cidade)
Non é festa, pero é pecado non probalo. Vinte e oito locais da cidade (si, 28!) participan nesta edición das xornadas gastronómicas “A Coruña, que bonito!” cun protagonista absoluto: o bonito da lonxa de Koruña. Cociñado á galega, á vasca, en empanada, en tartar, en ceviche, en ensalada, en croquetas e seguramente en versións que nunca soñaches.
Vai de bar en bar, que esta ruta sabe a mar, a praza de abastos, a fogón de verdade e a amor por un produto noso. Esta festa dura ata o 17 de agosto, así que hai tempo para saboreala con calma.
Participan:
Arraigo.
Cantón 23
Charlatán
Cosecha 81
Culuca
Golosía
Greca Bar
Intenso
La.Con.Fusión
Sifonería Gastrobar
Lana Teresa
Mesón de Herves
Pedazo
Maíz Orzán
Pablo Gallego Restaurante
Peculiar
Placer
Restaurante Esencia
Restaurante Lana Marola – Hotel Zenit Coruña
Restaurante Morriña
Salitre
Taberna 5 Mares
Taberna de la Galera
Taberna de la Tabacalera
Terreno La cocí Casual
Tienda A Mundiño
Ultramarinos Galera.
Festival Manicómicos (17–20 de xullo – Koruña cidade)
Volve un clásico do verán: o Festival Manicómicos, que leva 24 edicións facendo da rúa un escenario para o riso, o asombro e o aplauso espontáneo. Este ano, do 17 ao 20 de xullo, temos 12 espectáculos abertos ao público e gratuítos repartidos por toda a cidade: Paseo dos Puentes, As Conchiñas, Pablo Iglesias, Casa das Ciencias e a gran gala final no anfiteatro de Santa Margarita o domingo 20.
Haberá circo, clown, teatro de rúa e ese ambiente que só se vive cando un artista se xoga todo diante da xente sen rede. Participan compañías como La Bella Tour, Circo Eia, Maiclown, La Churry ou Maite Guevara. Para rir, mirar cara arriba e deixarse levar. Programa en pdf.
Festa da Xuventude de Teixeiro (17–20 xullo)
Un clásico interxeracional que arranca o xoves 17 ás 20:00 h co pasarrúas da Mekanika Rolling Band, impresionando con ritmo e percusión, seguido da gran mejillonada ás 21:00 co Trío Manhattan, un combo veterano que pon música ao sabor mariñeiro.
Venres 18, a partir das 23:30, chega unha verbena alternativa: Disketoca + El Combo Dominicano, con mestura de rexgaeton e merengue que enche a praza.
Sábado 19: vermú ás 14:00 co Dúo Dilema, pasarrúas con Latexo Percusión ás 19:00 e outra noite de verbena ás 23:30 con Panorama + Cinema, onde non hai permiso para aburrirse.
O domingo pechase cunha festa vermú ás 14:00 coa Orchestra Nueva Fuerza e sesión animada cunha Charanga BB+ e La Última Legión. Tres intensos días pensados tamén para as familias—inclúe xogos, barra e ambiente sen presión.
Festas do Carmen en Sada (18–20 xullo)
Arrincan o venres 18 ás 22:30 cun concerto pop ochentero de Nuevo Plan, que xa prepara o ambiente.
Sábado intenso: entre as 9:00 e as 22:00, mercado mariñeiro, xogos tradicionais, misa, procesión marítima, sardiñada na lonxa… e pola noite Faragullas e Ailá & Cantigas e Agarimos quentan as verbas.
Domingo: mercadiño todo o día, “Hortera Fashion Week” (¡si, en serio!), bingo musical e a divertida Fontán Ocean Race con hinchables e kayaks. Non esquezamos a campaña "Somos o leite" e a entrega de premios para pechar un macroevento cheo de tradición e humor.
Festas do Mar en Mera (Oleiros, 18–20 xullo)
Este ano, os organizadores advertiron que a Festa do Carmen se suspendeu por falta de relevo, pero as Fest as do Mar seguen firmes.
Venres 18 ás 20:00 comeza coa gran sardiñada popular e Asociación Cultural A Marola, seguida dunha disco móbil e dj Son1c.
Sábado 19: vermú con Dúo Crazy, mercadiño e Festa Mariñeira con Á Deriva, e pola noite Fania Blanco Show.
Domingo 20 final: misa na lagoa coa Coral Polifónica, gran chocolatada e festa infantil, e unha última verbena con Tania Veiras e Os Cumbiapop, rematando ás 00:00 con DJ Eiroa. Gañan, seguro, o apartado gastronómico e musical.
Tardes do Alfar – Santa Cruz (Oleiros, 17 xullo)
Dentro do ciclo “As Tardes do Alfar”, este xoves 17 de xullo a partir das 20:00 en Alfar das Torres, en Santa Cruz, desfrútase o concerto da banda Solrain. Máis que unha verbena, é un paseo entre pozas musicais e pezas delicadas nun entorno patrimonial singular. Un plan cultural e distinto ao aire libre.
Festas de San Pedro e a Virxe do Carme en Ledoño (Culleredo)
Xoves 17: Comeza forte a cousa coa novena, imposición do escapulario e procesión de fachos ás 22:00. Unha noite para sentir a tradición no lombo e o lume nos ollos.
Venres 18: Misa solemne ás 13:00 e, xa pola noite, pulpada popular ás 20:30 —coma debe ser. E logo verbena coas formacións La Travesía e Dúo Élite: agarimo musical e festa rachada.
Sábado 19: Dianas dende as 9:00, misa solemne, sesión vermú, xogos para nenos, churrascada e verbena de noite con Cabaret e disco móbil.
Domingo 20: Despedida á grande con dianas, misa e vermú a cargo do Dúo Reflejos. O sancristán xa baila co traxe posto.
Festas do Carme en Callobre (Miño)
Venres 18: Primeira noite de verbena coas orquestras Panamá e Louband. Se chove, mollámonos; se non, tamén.
Sábado 19: Misa solemne, vermú con Dúo Élite, alborada coa charanga DGT e verbena rachada con Saudade e DJ Sebas 21.
Domingo 20: Misa e procesión, vermú con Maracuyá e festa infantil. Un día para o corpo e outro para a alma.
Festas de Santa Mariña en Lañas (Arteixo)
Venres 18 (Lañas de Abaixo): Misa ás 13:00, vermú e verbena de noite con Dúo D’Vicio e Os Satélites, que veñen a levantar o po do campo.
Sábado 19 (Lañas de Arriba): Misa, vermú con Acordes, e pola noite o trío calavera: D’Vicio, disco móbil Impacto e DJ Son1c.
Domingo 20: Peche elegante con misa, vermú e concerto da Banda de Música Santiago de Arteixo. Fina estampa.
Festas de Santiago Apóstolo en Meangos (Abegondo)
Sábado 19: Dianas, misa, vermú e verbena con Matices. Nome profético.
Domingo 20: Misa e vermú con Crazy. Nome xusto para a resaca.
Luns 21: Churrascada con todo: viño, café de pota e verbena con Fuego. Quéimas ata os andares.
Festas de Santa Margarida en Orto (Abegondo)
Sábado 19: Misa e procesión de fachos ás 22:30. O lume guía, a festa espera.
Domingo 20: Misas, vermú con Rumbo Norte, pinchos gratis, xogos infantís e verbena familiar. Domingo completo.
Luns 21: Churrascada, sardiñada, verbena con Nova York, disco móbil e DJ Patakiña. Patakiña, coma sempre, marcando o ritmo.
Festas de Santa Mariña en Canedo (Carral)
Sábado 19: Misa, vermú con D’Vicio e disco móbil CDC. Que o ritmo non pare.
Domingo 20: Misa, vermú con Dúo Deluxe. Luxo de finde no Canedo.
Festas do Carme en Andeiro (Cambre)
Sábado 19: Misa, vermú con A Tremenda, xogos e paseos a cabalo. Verbena co mesmo grupo. Tremendo todo.
Domingo 20: Misa, vermú con Dúo Dilema, Festa Holi con cervexas a 1,50 € e toneladas de cor.
Luns 21: Churrascada, verbena con Unión y Fuerza e D’Vicio, máis disco móbil. Festa de peche para bailar ata rebentar.
Festas de Santa Mariña en Lesa (Coirós)
Sábado 19: Misa solemne, vermú e verbena con Dúo Caramelo. Pouco ruído e moita dozura.
Celebración del 25 aniversario da Peña A Moa
No porto do Pindo a peña deportivista A Moa organiza una celebración do seu 25 aniversario no Salón Multiusos do Porto do Sinal. Acto presentado por el humorista Roi Da Costa con directivos do Deportivo e representantes da Federación de Peñas Deportivistas. Pinchos a o final do acto.
Se queres saber onde está o corazón do verán koruñés, non mires o reloxo: escoita onde soa a pandeireta, onde arrecende a churrasco e onde baila a xente sen mirar quen.
Dende as aldeas máis pequenas ata os recunchos mariñeiros, o espírito das festas non entende de orzamentos nin modas: entende de comunidade, de tradición e de ganas de vivir. Hai quen se apunta pola música, quen vai pola misa, quen se move polo polbo ou quen simplemente busca un intre de alegría compartida. E todos teñen sitio.
Así que xa sabes: colle a axenda, marca as datas, chama a quen faga falta e lánzate á festa. A terra koruñesa está viva e danse festa como quen rega o campo: con xenerosidade, con fe e con moito arte. Que non che conten: vés ti tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???