Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

martes, 2 de septiembre de 2025

O novo curso político: orzamentos, grandes obras e un mar cheo de incógnitas e oleaxe da nova cidade do XXI

Koruña arrinca setembro como quen abre un libro novo, pero con moitas páxinas xa cheas de promesas. O Concello ten por diante un curso político cheo de proxectos que poden marcar a cidade para a próxima década.

O presuposto, o gran melón

A alcaldesa Inés Rey xa puxo sobre a mesa que o orzamento do 2026 será “central”. A idea é darlle prioridade ao plan de barrios e aos programas sociais, mentres se tantea un novo acordo co BNG. O tempo corre: este é o último tren para pactar antes das eleccións municipais de 2027.

Así quedará a nova intermodal una vez haxa rematado sua construcción. Imaxe del Ideal Gallego

As obras que cambiarán a cidade

  • Intermodal e Alfonso Molina: deberían estar listas no verán.

  • Novo Chuac: tras atrancos varios, toca acelerar.

  • Tren ao porto exterior: clave para o futuro económico.

  • Centro de saúde de Santa Lucía: obras a piques de comezar.

O porto interior espera un nuevo plan para reordenarlo. Foto de El Debate. 


A gran transformación: a fachada marítima

Neste curso coñeceranse os cinco finalistas do concurso internacional para redefinir os peiraos interiores. No verán saberemos cal será o proxecto gañador: a maior transformación urbana que vivirá Koruña en décadas.

Cantóns e Riazor

No corazón da cidade, a obra para facer peonís os Cantóns entra na súa fase decisiva, co obxectivo de rematar en 2026. E antes de que acabe este ano presentarase o proxecto de reforma de Riazor para o Mundial 2030.

O gran proxeto do Novo Riazor para o Mundial 2030. Imaxe de El Español. 


Vivenda: As Xubias como punta de lanza

Avanzará o convenio con Ginkgo Advisor para levantar vivendas e espazos públicos en As Xubias. Tamén se esperan novidades en Visma, monte Mero e outros puntos.

Novas urbanizacións como a do Monte Mero nos próximos anos. Foto de El Ideal Gallego


Turismo: regular as VUT e cobrar taxa

A mediados de setembro remata o prazo para que os donos de vivendas turísticas regularicen os pisos. Pouco despois entrará en vigor a taxa turística: entre 1 e 2,5 euros por persoa e noite.

A cidade medra hacia a Ponte de Pasaxe e As Xubias, no que será una extensión do paseo marítimo do Burgo que entrará no municipio koruñés. Foto de Opinión Coruña


Plan de barrios: 125 millóns en xogo

Máis de 300 actuacións previstas ata 2027. As últimas aprobadas:

  • Barrio das Flores: novo ascensor.

  • Sagrada Familia: ronda peonil.

  • Labañou: melloras na seguridade viaria.

Ademais, xa están en marcha as obras nos centros cívicos de O Castrillón e Santa Lucía.

Ordenanzas e contratos

  • Este mes: ordenanzas sobre praias, mobilidade e VTC.

  • Outubro: subida do recibo do lixo.

  • Contratos clave: Nostián este ano, bus urbano na primeira metade do 2026.


Conclusión rabuñeira

Este curso político en Koruña vén cargadiño: orzamentos en negociación, barrios en obras, un mar interior que se vai redeseñar, e un Riazor que soña con Mundial. Agora falta saber se todo isto queda en proxecto ou se de verdade imos ver as grúas traballar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???