Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

viernes, 12 de septiembre de 2025

Un rei aterra en Alvedro mentres Galicia corta a Vuelta

 En Koruña somos así: un día esperas néboa, atrasos e aterraxes dobres de Air Nostrum, e resulta que quen aparece baixando dun jet privado en Alvedro é nin máis nin menos que o rei emérito, Juan Carlos I. O voo viña de Cascais e tiña que chegar a Vigo, pero rematou desviándose á nosa pista, que tantas veces desespera a viaxeiros anónimos, e hoxe converteuse en escenario de parada real.


O rey emérito saindo de copiloto de Alvedro coma si fora un Fendetestas
o un maqui. Que tempos no que o recibía o alcalde e o presidente da Xunta
a os pes de a escaleira do avión. 

Ás 14.10 horasjet privado Bombardier Challenger 300 pousaba en Alvedro, e pouco despois o monarca marchaba en coche, sentado de copiloto, rumbo a Sanxenxo, onde o agardan días de veleiros, regatas e amigos. O seu obxectivo: a regata que leva o seu nome, con máis de 180 barcos de 11 países na ría, aínda que el non competirá co “Bribón”, xa desprazado a Nova York para o Mundial.


Mentres tanto, a poucos quilómetros de aí, en Mos, a realidade era ben distinta. Alí activistas a favor da liberación de Palestina cortaban o paso da Vuelta a España, nunha acción de protesta que fixo ecoar consignas de xustiza e solidariedade en plena estrada galega. Dous mundos que chocan: un rei retirado e privilexiado facendo escala de luxo no seu reino galego non oficial de Sanxenxo, o Juacarlato, mais real que nunca, e unha cidadanía mobilizada, plantándose fronte a unha das probas ciclistas máis mediáticas do planeta.

Así é Galicia: terra de contrastes, onde o mesmo día que en Alvedro pousa un rei, nas estradas da Terra Chá ou do sur da provincia veciña rebélanse voces que non queren calar. Entre o protocolo dos jet privados e as pancartas improvisadas, quedamos co retrato máis real do noso país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???