Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

jueves, 27 de noviembre de 2025

Riazor continúa no pelotón do Mundial 2030… pero sen avances e contra o reloxo

 A carreira polo Mundial 2030 colle de novo velocidade e Koruña continúa oficialmente dentro do grupo de sedes aspirantes. Os concelleiros Gonzalo Castro e Manuel Vázquez participaron nunha reunión telemática coa RFEF e a FIFA que serviu, sobre todo, para gañar algo de tempo e para definir unha folla de ruta tan clara como esixente.

Segundo fontes coñecedoras do encontro, a FIFA quixo “poñerse ao día” co estado dos compromisos adquiridos polas cidades que xa foran aceptadas como aspirantes. O organismo transmitiu que entre setembro e decembro de 2026, unha vez rematado o Mundial de Estados Unidos, México e Canadá, avaliarase o grado de cumprimento das sedes e decidirase o futuro das 19 propostas que seguen vivas (as 20 confirmadas en decembro de 2024 menos Málaga, que xa quedou fóra).

De momento, todas as sedes continuan dentro, con maior ou menor fortaleza. Os vindeiros dez meses serán decisivos para que Koruña demostre que o seu proxecto é viable.

Unha encrucillada no horizonte

A información coñecida traza un escenario claro: Koruña dispón de menos dun ano para demostrar avances reais. O panorama dá algo de aire ao Concello, pero tamén evidencia que o proxecto non amosou progresos nos últimos meses. No outono de 2026 poderían caer algunhas sedes —como xa pasou co Mundial 2026—, pero iso non garante que entren outras que quedaron fóra, como Balaídos, Mestalla ou o Benito Villamarín, ausentes na reunión.

Reforma interior del estadio.

Todo por definir: o proxecto e o estadio

A proposta que A Coruña enviou á FIFA incluía un estadio de máis de 48.000 espectadores, engadindo un terceiro anel en Riazor. Pero posteriormente o Concello buscou o apoio da RFEF para rebaixar a capacidade a 42.000, semellante ao novo Anoeta, e así evitar unha sobredimensión innecesaria para o día a día do Dépor. Para iso, barállase unha solución con gradas móbiles que permitan axustar o estadio tras o Mundial, tomando como referencia proxectos recentes en Canadá.

O labirinto da financiación

O plan económico inicial contemplaba que o 70% da reforma (uns 100 millóns) correría a cargo das administracións públicas, mentres que o 30% restante viría dun investidor privado cuxa identidade nunca foi revelada, aínda que o Concello asegurou telo “atado”.

Todas as institucións (Xunta, Concello e Deputación) expresaron vontade de participar, pero sen consenso sobre canto pode aportar cada unha. O Goberno central, pola súa parte, desmarcouse. E mentres tanto, segundo os prazos anunciados desde María Pita, as obras xa deberían estar iniciadas. Pero a realidade é outra: non hai licitacións nin actuacións en marcha.

Advertencia desde a FIFA e a RFEF

Esta reunión foi a primeira toma de contacto após meses de concentración no Mundial 2026. A FIFA quere poñer as sedes españolas en alerta e achegar algo de luz sobre aquelas propostas que non avanzaron o suficiente, entre elas a coruñesa.

Hai cidades que poderían albergar un Mundial mañá mesmo —como os estadios madrileños— e outras onde as obras xa están en marcha, como a nova Romareda. En contraste, en Riazor non hai proxecto presentado de maneira formal nin claridade sobre a financiación, que continúa a ser o principal lastre da candidatura.

Próximos pasos

A próxima semana unha delegación da RFEF viaxará a Washington para o sorteo do Mundial 2026 e participará en reunións relacionadas coa cita de 2030, aínda que estas reunións non estarán abertas ás cidades candidatas, só aos organizadores.

Así que a tregua rematou: Koruña está dentro… pero necesita acelerar, definir, financiar e executar, e todo iso en tempo récord.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???