Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

viernes, 7 de noviembre de 2025

Volver á orixe: taller “Tecnoloxías e modos de vida na prehistoria” no CIAV da Torre de Hércules

Esta fin de semana, Koruña conéctase co seu pasado máis remoto grazas a unha actividade que nos leva directamente ó corazón da prehistoria. O sábado 8 de novembro ás 12:00 h, o Centro de Interpretación e Atención ao Visitante (CIAV) da Torre de Hércules acollerá o obradoiro “Tecnoloxías e modos de vida na prehistoria”, dirixido por Víctor García Piñeiro, arqueólogo da AAEXP (Área de Arqueoloxía Experimental).

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a todos os públicos, pensada para aprender facendo: verás como se traballaban a pedra e o óso, pero tamén como se fundían os primeiros metais, como se construían as ferramentas, e como se adaptaban os modos de vida ás novas tecnoloxías que ían xurdindo. Porque a prehistoria non foi só a Idade da Pedra, senón tamén a Idade do Cobre, do Bronce e do Ferro, cando o ser humano comezou a transformar o mundo coas súas mans e a súa intelixencia.


O Obradoiro forma parte das actividades divulgativas que a AAEXP e o Concello de Koruña impulsan para achegar a arqueoloxía ó público dun xeito práctico, divertido e participativo. Unha oportunidade única para descubrir como era o día a día dos nosos devanceiros, e facelo xusto ó pé do faro romano máis antigo do mundo en funcionamento: a nosa querida Torre de Hércules.

A participación é de balde, pero é preciso inscribirse previamente a través do seguinte enlace:
👉 https://linktr.ee/gallaeciaviva

Así que xa sabes: se queres viaxar miles de anos atrás sen saír de Koruña, colle o abrigo, leva curiosidade de sobra e achegáchate á Torre. A historia agárdate, e esta vez, poderás tocala coas túas propias mans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???