Acabouse a tregua de xaneiro. O Deportivo de Antonio Hidalgo chega a León (18:30h, TVG/LaLiga Hypermotion) coa sensación de que xa non valen as "boas vibracións" se non veñen acompañadas de tres puntos de ferro. Tras un mes de xaneiro con máis nubes que claros e un botín de puntos que non dá para moitas alegrías, toca visitar a unha Cultural Leonesa que está, literalmente, conxelada.
Un rival en caída
A Cultural do Cuco Ziganda non sabe o que é gañar desde o 7 de decembro. Case dous meses de seca que os deixaron a un só punto do abismo. Por se fose pouco, o Reino de León amenceu esta semana cuberto de neve, obrigando aos locais a adestrar en herba artificial.
O Deportivo chega ao Reino de León (sold out) coa necesidade de romper a mala dinámica de xaneiro e recuperar o pulso na loita polo ascenso. Tras sumar só 5 puntos dos últimos 21 posibles, os de Antonio Hidalgo caeron ao 5º posto con 37 puntos (10V-7E-6D). A Cultural, pola súa banda, vive a peor crise da tempada: 18ª posición con 25 puntos, só un punto por encima do descenso (Real Sociedad B), sen gañar en liga desde o 7 de decembro e cun balance de 2 vitorias en 11 partidos como local (segundo peor da categoría).
O Deportivo mellorou sensacións en Almería (bo partido fóra) pero perdeu pegada e continuidade (derrota ante o Racing). A Cultural encadea empates e derrotas (1-1 Andorra, 0-2 Sporting, 1-3 Ceuta nas últimas xornadas), con problemas graves en casa e falta de gol.
O historial recente favorece ao Dépor: gañou 4 dos últimos 7 enfrontamentos, incluído o 3-0 da primeira volta en Riazor. Nas dúas últimas visitas ao Reino de León, con todo, o Deportivo perdeu.
Ollo, que as baixas na Cultu son música para os nosos oídos:
Luis Chacón: o "noso" mediapunta non xogará pola cláusula do medo. A Cultural non quere (ou non pode) pagar o peaxe para que o de Pontedeume lles amargue a tarde.
Lucas Ribeiro: o extremo brasileiro está fóra por sanción.
Bicho: o ex-dépor é dúbida ata o último minuto.
O quebracabezas de Hidalgo
Hidalgo ten a case todos sanos, pero fáltalle a peza máis afiada: Eddahchouri cumpre sanción. ¿Quen ocupará a punta de lanza?
Mulattieri quere repetir a alegría de Almería.
Stoichkov busca recuperar o olfacto que parece terse quedado no 2025.
A esperanza: a maxia de Yeremay e a claridade de Mario Soriano no dobre pivote. Se eles teñen os pés quentes, o Dépor carbura.
O perigo das "amarelas"
Non só o frío preocupa en León. O Dépor xoga hoxe cun ollo no céspede e outro no árbitro. Temos a cinco xogadores apercibidos: Yeremay, Villares, Dani Barcia, Stoichkov e Quagliata. Unha tarxeta hoxe e pérdense a batalla contra o Albacete en Riazor. ¡Hai que meter a perna con sentidiño!
Así xoga a "Cultu": o muro de Ziganda
A Cultural de Ziganda é un equipo que, a pesar da crise, intenta ser ordenado e rochoso. Non esperes que vaian buscar ao Dépor arriba coma tolos; o "Cuco" prefire o trivote no medio (Maestre, Thiago e Diallo) para asfixiar a creación rival e saír rápido polas bandas.
Ziganda non engana a ninguén. O seu estilo é pragmático, intenso e moi físico. Non queren o balón para dar mil pases; queren que o equipo rival se equivoque.
O bloque medio-baixo: a Cultural xúntase moito entre liñas. O seu obxectivo hoxe será que o Dépor sobe para atopar a Yeremay ou Soriano por dentro. É un equipo que se sente cómodo defendendo na súa parcela e saíndo como balas.
O perigo do "Dobre Lateral": Ziganda sabe que o perigo do Dépor vén polas bandas. Por iso, adoita usar a Iván Calero e Víctor García xuntos. É un sistema defensivo pensado para facer axudas constantes e que Yeremay teña sempre a dous tíos enriba.
As transicións: sen Chacón (que é o que pon a pausa), a Cultural vai ser un equipo moito máis vertical. Balón roubado, balón ao espazo.
Xogadores a vixiar:
Manu Justo: o vigués é o seu "pichichi" (5 goles). Ollo con el nas segundas xogadas, é un vello coñecido que sabe buscar as fendas.
Iván Calero e Víctor García: ollo a esta banda dereita. Ziganda adoita usar o dobre lateral para facer un auténtico "sandwich" a Yeremay e evitar que o canario encare con facilidade.
Víctor Moreno: a cara nova do mercado de inverno, un extremo rápido que pode dar sustos se o Dépor se descoida nas transicións.
Bicho (A dúbida que amarga): o ex-canterano do Dépor é o talento puro. Se finalmente xoga, é o único capaz de darlle sentido ao caos da Cultural. Ten esa visión de xogo que o Dépor botará de menos con Chacón na grada.
Thiago Ojeda: un arxentino dos de "cuchillo entre los dientes". É o encargado de que Soriano non reciba cómodo. É intenso, vai ao choque e non deixa respirar ao mediocentro rival. Se el manda no barro, o Dépor sufriría.
Sergi Maestre: a experiencia no pivote. É o termómetro. Se o Dépor logra sobrepasar a súa presión, a defensa da Cultural queda exposta. Pero se Maestre corta e distribúe, os leoneses medran.
Rodri Suárez: un central contundente, dos que non se complican. É o líder da zaga e o que mantén a liña tensa. O duelo con Mulattieri ou Stoichkov vai ser de faíscas.
Como ten que xogar o Dépor para conquistar o Reino?
Paciencia co balón: a Cultural vai agardar atrás. O Dépor non pode caer na desesperación de colgar balóns á área se non hai unha referencia clara. A clave está no eixo Soriano-Villares para mover o trivote leonés de lado a lado ata que aparezan os espazos.
Atar en curto as contras: a Cultu vive dos erros do rival. Se o Dépor perde balóns en zonas comprometidas de iniciación, vai sufrir. Ximo e o lateral esquerdo terán que estar moi atentos ás coberturas.
Calor nas áreas: co frío que vai facer, o partido pode decidirse en balón parado ou nun erro por falta de concentración. Hai que ser contundentes nas dúas áreas.
Provocar o erro de Maestre e Ojeda: se Soriano baixa a recibir e atrae a marca dos seus mediocentros, deixará ocos para que Mella ou Yeremay rompan en diagonal.
Vixiar as costas de Altimira e o lateral esquerdo: Víctor Moreno e Manu Justo van buscar os espazos que deixen os nosos laterais ao subir. A vixilancia dos centrais (Noubi e Barcia/Lapeña) terá que ser de elite.
Golpear primeiro: A Cultural leva dous meses sen gañar e a súa afección está nerviosa. Se o Dépor marca pronto, o Reino de León converterase nunha ola de presión... pero contra os seus propios xogadores
Alineacións posibles
Cultural Leonesa (4-2-3-1): Badía; Calero / Víctor García, Suárez, Barzic, Hinojo; Maestre, Ojeda / Diallo, Sylla; Calero, Sobrino / Tresaco, Manu Justo ou Collado (Bicho, dúbida).
Deportivo (4-2-3-1 ou 4-4-2): Álvaro Fernández; Altimira, Noubi / Loureiro, Quagliata; Villares / Jurado, Mario Soriano; Mella / Luismi, Yeremay; Mulattieri / Stoichkov.
Baixas: Eddahchouri (5ª amarela), Ribeiro (suspensión), Chacón (cláusula do medo). 5 apercibidos no Dépor (Yeremay, Villares, Quagliata, Stoichkov, Barcia).
O que din os números (e a historia)
Últimas xornadas: o panorama é desalentador para ambos. A Cultural leva case dous meses sen gañar (desde o 7 de decembro). O Dépor só sumou 5 puntos de 21, o que fixo que ese "colchón" que tiñamos para o playoff se volvera de papel de fumar. É un duelo de "deprimidos".
Cara a cara histórico: o Reino de León non se nos dá nada ben ultimamente. O Deportivo caeu nas súas dúas últimas visitas a León. Toca romper o maleficio histórico se queremos seguir sendo candidatos ao ascenso directo.
Casas de Apostas: a pesar de xogar fóra, o Dépor parte como lixeiro favorito polas casas de apostas. A vitoria herculina págase arredor de 2.30, o empate a 3.10 e a vitoria local a 3.20. Isto di moito de como ven aos de Ziganda: un equipo que, sendo o segundo peor local da liga (só gañou 2 de 11), non mete medo nin na súa propia casa.
O Deportivo é claro favorito: boa forma fóra de casa, rival ferido e con moitas baixas, o segundo peor local da categoría. A Cultural necesita puntos desesperadamente, pero a súa falta de gol e solidez en casa xogan en contra.Resultado máis probable: 1-2 ou 0-2 para o Deportivo.
Un triunfo permitiría aos de Hidalgo abrir un colchón máis cómodo respecto ao 7º posto e chegar con moral ao próximo partido en Riazor contra o Albacete.
Condicións ambientais
Frío intenso (3-7°C á hora do partido, sensación térmica máis baixa por vento). Posible nubosidade, restos de neve no céspede e risco de chuvia débil. O frío favorece partidos máis directos, menos control de balón e maior fatiga. O Dépor, con máis calidade técnica, debe evitar longos balons e apostar por ritmo alto para non sufrir.
A Árbitra: Marta Huerta de Aza
Estamos ante a pioneira. Marta Huerta de Aza fixo historia ao ser a primeira muller en arbitrar no fútbol profesional masculino en España (Segunda División). É unha colexiada de prestixio internacional, habitual en Mundiais e Eurocopas femininas, o que lle dá un perfil de moita calma e autoridade.
| Marta de Huerta de Aza |
O seu estilo: non é unha árbitra "tarjeteira" por sistema. Gústalle deixar xogar e ten un criterio físico, moi europeo. Porén, non lle trema o pulso se o partido se lle vai das mans.
Precedentes co Dépor: as experiencias do Dépor con ela son... digamos que agridoces. Arbitrou ao Dépor en citas importantes en Primeira RFEF, como aquel Dépor - Rayo Majadahonda ou o Dépor - Algeciras.
Con ela no campo, o Dépor tivo de todo, pero destaca que adoita ser unha árbitra que non se deixa influenciar pola presión da grada (o cal hoxe en León pode ser bo para nós).
A última vez que se cruzou co club herculino houbo certa polémica por un posible penalti que pitou e tras ver o Var tivo que anular. Gañou o Dépor, 0 a 2, en Albacete.
En xeral, está considerada unha das árbitras con mellor forma física e colocación da categoría.
En Televisión (Abierto y Pago)
El partido se podrá seguir por una variedad de canales inusual para la categoría, tanto en abierto como en plataformas digitales:
En Abierto (Gratis):
TVG (Televisión de Galicia): Como es habitual, el canal autonómico ofrecerá el encuentro para toda Galicia.
GOL Play: El canal de la TDT emitirá el partido en abierto para todo el territorio nacional.
TEN: Este canal de TDT también tiene los derechos para emitir un partido por jornada y ha incluido este duelo en su parrilla.
En Plataformas de Pago:
LaLiga TV Hypermotion: en operadores como Movistar Plus+ (Dial 56), Orange TV, Vodafone TV, Amazon Prime Video y Finetwork.
DAZN: Incluido nos seus planes de fútbol.
Online y Streaming
Plataformas OTT: podrás usar as aplicacióa de Movistar+, Orange TV, DAZN o Cayo TV.
YouTube: algúns medios apuntan a la emisión a través del canal de Cayo TV en YouTube.
Radios locais:
- Radio Coruña, Cadena Cope, Radio Marca nas súas emisoras o por internet.
Horario
Inicio: sábado, 31 de enero de 2026, 18:30 horas.
Lugar: Estadio Reino de León.
A reflexión da Rabuña
O Reino de León vai estar a tope. Cartel de "Sold Out" e unha marea blanquiazul que, como sempre, vai facer que os nosos se sintan en Riazor a pesar dos graos baixo cero. Non hai escusas: nin a neve, nin o frío, nin a falta de pegada. O Dépor ten que demostrar que o "playoff" non se defende con equilibrios fráxiles, senón con autoridade.
Se non gañamos hoxe ante o segundo peor local da liga, as alarmas en Abegondo van soar máis forte que os tronos da borrasca Ingrid. E quizais sexa hora de que o capitán abandone o barco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???