As festas de María Pita chegando a su recta final, e, coma cada agosto, os barrios ten su protagonismo. Esta semana e a seguinte, cinco zonas da cidade vestirán de música, xogos e verbena: A Gaiteira, Eirís, O Castrillón, Sagrada Familia e Pedralonga.
A Gaiteira (15-17 agosto)
Do venres ao domingo, a Gaiteira arrinca cun programa cheo de música e actividades para todos.
-
Venres 15: alborada (11:00) con Os Gaiteiriños, sesión vermú (13:00) con Os Piñeiros Band e concerto de La Piel del Oso (21:30).
-
Sábado 16: alborada (11:00) con Son d’aquí, mercado ecolóxico no parque Europa, pasarrúas (16:00 e 17:00), xogos populares (17:00-20:00), actuación de De la Cream (19:30) e pregón de Marisol Soengas (20:45). Á noite, no parque Europa, chega o Lembranza Rock con Rebeliom do Inframundo, Sés e Ruxe Ruxe (21:00).
-
Domingo 17: alborada con Aturuxo (11:00), sesión vermú con Pablo Díaz (13:00) e concerto de Zeltia Irevire (19:00).
Eirís – Festa da Fresa (19 agosto)
O martes 19 o barrio de Eirís volve presumir das súas fresas cun día enteiro de celebración.
-
Pola mañá: actuación de Folerpas (12:00), visita ás hortas ecolóxicas (12:30), festa da escuma (13:00) e sesión vermú co dúo Élite (14:00).
-
Pola tarde: baile tradicional con Donaire (17:00), Cascarillarte con A Tropa de Trapo (18:00) e Brais das Hortas (19:45), ademais de varios partidos de fútbol (masculino e feminino) co Eirís SD e Relámpago de Elviña.
-
Ás 18:30 abrirase a exposición de fresas e ás 19:00 será a tradicional degustación gratuíta.
-
Á noite: concerto de Culimaia (21:00) e orquestra Metrópolis (23:00).
| A concelleira Diana Cabanas entregando fresóns mentras bromea. Foto de El Ideal Gallego. |
O reparto correu a cargo da asociación veciñal e do persoal municipal, coa concelleira Diana Cabanas entregando fresóns “a caras cada vez máis coñecidas”, como ela mesma bromeou. Familias enteiras como os Mosquera ou a rapazada de Lleira, June e Zandalee foron das primeiras en catar o manxar, mentres que moitos outros facían cola por un xeado, xogaban ao fútbol no campo de Eirís ou seguían o partido Eirís-Relámpago.
Non todos tiveron sorte: Fran e Claudia, estreándose na festa, dubidaban de chegar a tempo con fresas para a súa filla. Pero o ambiente fixo esquecer a espera, cunha tarde de sol e verde que se prolongou ata a noite coa verbena da orquestra Metrópolis.
E así, entre fresóns, colas e música, Eirís deixou claro que a súa festa é xa unha cita ineludible no calendario do verán koruñés.
O Castrillón (20-22 agosto)
A praza de Pablo Iglesias será o centro das festas do Castrillón e a urbanización Soto.
-
Mércores 20: actuación de Pansenfron (19:30), pregón de Gonzalo Castro (20:30) e concerto de Son de Camagüey (21:00).
-
Xoves 21: festa infantil (10:30), intercambio de libros (11:30), festa da escuma (13:00), Concurso de Tortillas (18:30) e concerto de Tam Tam Go! (22:00).
-
Venres 22: alborada con Son d’aquí (10:00), obradoiro de marcapáxinas (11:00), Cascarillarte con Muu (12:00), sesión vermú coa charanga Santa Compaña (13:00), xogos tradicionais (18:30) e verbena coa orquestra Los Players (22:00).
Un discurso con acento épico
As palabras foron collendo corpo ata converterse nunha auténtica arenga, con ecos de película. «Esa é a vosa épica, a de quen sabe que cada paso costa arriba é tamén un chanzo máis de futuro para A Coruña», proclamou, arrincando aplausos e preparando o ambiente para a festa.
Non faltou tampouco a chamada á solidariedade internacional, co recordo ao pobo palestino, nin o recoñecemento ao traballo da asociación veciñal, peza clave na organización destes festexos baixo a nova fórmula municipal.
O Castrillón, barrio exemplo
Na segunda parte do pregón, Castro fixo fincapé no carácter multicultural e integrador do barrio: «Sodes exemplo do mellor da nosa cidade: unha Coruña traballadora, solidaria, orgullosa da súa identidade, que soubo sumar diferenzas para facerse máis forte».
E como todo bo pregón debe rematar en alto, despediuse cun berro que quedará gravado na memoria da praza:
«Que viva o Castrillón, barrio de traballadores, de esforzo e de futuro! Que viva A Coruña, cidade primeira da Galicia do futuro! E que vivan as vosas festas!»
E así, con palabras que soaron a himno, o barrio de O Castrillón estreou unhas festas que prometen ser xa tradición.
O Castrillón faise tortilla: 53 receitas e unha praza chea de fame
O barrio de O Castrillón volveu demostrar que sabe mesturar festa, veciñanza e boa mesa. Na praza Pablo Iglesias, dentro das festas do barrio, celebrouse o XVI Concurso de Tortilla Española, unha cita que xa é tradición e que xunta cada ano a medio Koruña arredor dun prato tan sinxelo coma querido.
![]() |
| Tortillas que concursaban y luego fueron devoradas. Foto de La Opinión. |
Este xoves presentáronse 53 tortillas, algunhas con cebola, outras sen ela —auténtico tema de debate eterno— e todas con ese punto de orgullo caseiro que fai que cada cociñeiro pense que a súa é a mellor.
Os gañadores da viradeira
O primeiro premio foi para Luis Fernández Gende, seguido por José Villaverde Ríos e Susana Blanco Alfonsín, que completaron o podio. Os tres levaron as tradicionais viradeiras e vales de compra grazas a Gadis, patrocinador fiel deste certame.
O presidente da Asociación de Veciños, Ramiro Otero, destacou o nivelón deste ano:
“Tivemos que repetir a cata porque había moitas tortillas de dez. Iso si, eu non probei ningunha, para que non haxa interferencias”, dixo entre risas.
O debate da cebola
O xurado, formado por profesionais da hostalería, tivo que afinar ben. O chef de Culuca, Chisco Jiménez, puxo a cousa clara:
“O sabor é o que máis conta. Había cinco moi igualadas e houbo que volver probalas. Eu son máis do equipo sen cebola, pero iso xa vai en gustos”.
Así que xa sabedes: ceboleiros e anticeboleiros conviviron sen maiores dramas, que xa é dicir.
Festa, veciños e tortilla para todos
Rematada a entrega de premios, as tortillas cortáronse e repartíronse entre os asistentes. A praza estaba a rebordar de xente, varios centos entre veciños e visitantes, todos coa mesma ilusión: pillar un anaco e brindar polo barrio.
Rabuñada final
No Castrillón teñen claro que a tortilla non é só un prato, é unha escusa perfecta para xuntar á parroquia, rir e celebrar que seguimos xuntos arredor da mesa.
E que mellor que facelo con viradeiras na man e barriga chea.
Sagrada Familia (22-24 agosto)
O venres 22 abre as festas o pregón de Álex Bergantiños (21:30) e a orquestra Eureka.
-
Sábado 23: xogos infantís e festa da escuma pola mañá, sesión vermú con Andrés Solórzano e DJ Takesound, e á noite verbena con DJ Takesound e a orquestra Los Platinos.
-
Domingo 24: pulpeira no polideportivo (desde as 13:00) e actuacións da Coral Polifónica e a Tuna de Veteranos.
Pedralonga (23 agosto)
O sábado 23, no aparcadoiro da Fábrica de Armas:
-
Actividades infantís con maxia (17:00-20:00).
-
Churrascada con gaitas (20:00).
-
Verbena coa orquestra Pekados e fogos artificiais para pechar a noite.
Medio millón para as festas de barrio
Todas estas celebracións forman parte do plan municipal de apoio ás entidades veciñais, cun orzamento de 500.000 euros. Segundo o concelleiro Gonzalo Castro, a idea é dar máis autonomía ás asociacións para organizar os seus programas e reforzar a vida de barrio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???