Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

jueves, 21 de agosto de 2025

Clarkson e unha parella de cubanos, críticas a Koruña que non convencen

 Nas últimas horas foron noticia os comentarios de foráneos na Koruña. Uno de eles e coñecido personaxe da BBC, experto en coches, Jeremy Clarkson que despertou máis risa que ofensa. Os outros foron una parella de cubanos que cruzaron partes da urbe como si foran transeuntes por Transilvania cheo de lobos e vampiros. 

O polémico Jeremy Clarkson  disparou unha frase contundente, sen dar motivos, e os koruñeses responderon cunha colleita de retranca e orgullo local.Os cubanos, pola súa banda, foron ás redes sociais cargados cun vídeo dramático que os veciños desmontaron en tempo récord con un "que exagerados sodes".

O irreverente Jeremy Clarkson, coñecido pola súa época en Top Gear, decidiu meter a directa contra Koruña sen dar moitas explicacións. Durante unha charla en Oxfordshire, gravada para o programa One for the Road, confesou que a nosa cidade era “un dos peores lugares nos que estivo”. Nada máis, nin argumento nin matiz. A frase, que xa se fixo viral en YouTube con case un millón de reproducións, quedou aí, seca, como quen solta unha bufa e marcha.

En Koruña, a reacción foi entre a sorpresa e o sarcasmo: máis dun veciño pensou que igual o presentador chegou nun día de orballo ou que se perdeu buscando aparcadoiro en María Pita. Porque dicir que esta cidade é das peores sen sequera xustificalo soa máis a boutade de bar que a opinión seria dun viaxeiro.

As redes sociais retomaron con forza a polémica desatada por Jeremy Clarkson ao dicir que  Koruña era “un dos peores lugares en que estivo". A sorpresa non foi só pola dureza da frase, senón pola ausencia total de explicación.

Con case 9 millóns de seguidores en Instagram e case 8 millóns en X (antes Twitter), as súas declaracións suscitaron un aluvión de comentarios. Moitos usuarios respondían con humor ou ironía, lembrando que a cidade é máis coñecida polos seus fogóns, a súa paisaxe e o seu carácter acolledo







Se Clarkson puxo a nota agria, unha parella de cubanos fixo rir a medio Koruña cun vídeo no que presentan Os Mallos como se fora un escenario de película de medo. Aseguran que foron cear “a un dos barrios máis polémicos e perigosos da cidade” —referíndose á Avenida Sardiñeira— e graban a súa aventura nocturna como quen se mete no Bronx. Cearon no único restaurante cubano de Galicia, non fora a ser que morreran ca comida galega. En todo momento facían comparacións con Cuba e buscaban a conexión cubana na cidade para resaltala como o mellor da Koruña, desde os cans hasta a música. Parece que estos dous van po lo mundo para comprobar a superioridade da cultura cubana nos sitios que visitan. 

No percorrido aparecen a estación de tren, a Rolda de Outeiro, a fonte de Catro Camiños e mesmo a cervecería Estrella Galicia, onde chegan a dicir que a xente vai “desafogar as penas do tanatorio” e a muller dicía ter medo por o que podían facer tanto home bebendo. Entre comentarios sobre que en Koruña hai pouca festa e que o Dépor é peor có Celta, e as gañas que tiñan de saír da urbe tenebrosa o antes posible, conseguiron que moitos koruñeses se botasen a rir pola esaxeración e polo ton apocalíptico co que narran unha noite que, en realidade, non tivo ningún problema.


O máis destacado das reaccións en Twitter

  • Retranca sobre a suposta “zona perigosa”:

    • Carlitos el de Monelos ironiza que a “zona máis chunga” é en realidade a Praza de Pontevedra, chea de skaters, narutos e porreros, non Os Mallos.

    • Outros fan chistes co terrorífico perigo de pasar por Cuatro Caminos ou a fonte da rotonda.

  • Crítica directa aos cubanos:

    • Don Protestón solta que “se teñen medo, que queden no Malecón da Habana”.

    • Moitos usuarios din que falan sen coñecer a cidade e que é mellor calar que ir de “bocachanclas”.

    • Outros remarcan que no vídeo nin sequera se ve medo nin lles pasa nada.

  • Burlas polo turismo “sen cabeza”:

    • Algúns critican que veñan a Koruña e o primeiro que fagan sexa buscar un restaurante cubano, comparándoo cun galego indo a Cuba buscar unha pulpeira.

    • Outros sinalan que son turistas con moitos viaxes pero “poucas horas de voo na cabeciña”.

  • Comentarios serios (os menos):

    • Algún usuario apunta que si hai roubos a adolescentes e pide máis policía e leis máis duras.

  • Retranca koruñesa:

    • Un usuario di que mellor seguir difundindo que Koruña é perigosa, así baixan os cruceristas.

    • Outros fan chistes con zonas como Labañou ou Juan Flórez presentándoas como selvas urbanas imposibles.

  • Reaccións contundentes:

    • Varios comentarios tachan aos cubanos de “patéticos”, “chorra” ou directamente “desgraciaos”.

Queda claro que o ton dominante foi a retranca, as risas e a incredulidade, con só algunha voz puntual pedindo máis seguridade

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???