Se Monte Alto xa latexa forte, cando Xurxo Souto fai soar o seu corno, treme toda a cidade. Este 30 de xullo, o escritor, músico e activista cultural volveu convocar a alma koruñesa para un paseo mítico —e moi real— polos recunchos máis queridos do barrio obreiro por excelencia: Monte Alto, barrio do que Xurxo e o mellor diplomático.
![]() |
Xurxo Souto facendo soar o seu corno. Foto de La Opinión Coruña. |
Con decenas de persoas ao seu carón e un berro colectivo que soaba a declaración de amor —“¡Medre o Monte da Vixía!”—, Souto guiou unha andaina chea de historia, memoria, lenda e identidade. Un itinerario que saíu do Campo da Leña e que tiña como destino simbólico a desaparecida Pena da Vixía, onde outrora se vixiaban os barcos que entraban pola ría e onde aínda habita, segundo conta a mitoloxía, o espírito dos homes mariños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???