O Deportivo non puido empezar mellor a temporada. En Los Cármenes, o equipo de Antonio Hidalgo fixo esquecer os nervios iniciais cun par de auténticos golazos e un xogo que, por momentos, foi puro espectáculo. O rival quedou en inferioridade media hora, pero a verdade é que os nosos xa viñan collendo aire para voar alto.
A xornada deixounos imaxes para a hemeroteca. No minuto 42, Mario Soriano culminou unha xogada coral que pasará á historia: 26 pases en 75 segundos, coa participación dos dez xogadores de campo, e dous taconazos consecutivos (Yeremay y Zakaria) antes do remate á rede. Un gol marcado por Soriano que non só abriu o marcador, senón que fixo soñar ao deportivismo con que este ano pode haber moito que contar.
O segundo tanto foi de Eddahchouri, cun disparo seco e inapelable tras outra boa combinación con Luismi pola dereita, toquecito picado y Zaca con un chutazo desde o interior da área marca. O Granada acurtou distancias cun trallazo de Hongla no que Parreño puido facer mais, pero pouco lles durou a ilusión: Manu Lama viu a segunda amarela e os locais quedaron sen forzas. No desconto, Sergio Escudero puxo o definitivo 1-3 cun zurdazo cruzado que pechou a noite en clave blanquiazul.
Ilusión renovada
O Dépor demostrou carácter, talento e paciencia. A pesar dos primeiros minutos dubitativos, o equipo soubo esperar a súa oportunidade e golpeou con calidade. A estrea oficial de Antonio Hidalgo no banquiño non puido ser mellor: vitoria clara, xogadas de luxo e a sensación de que hai madeira de ascenso.
Para a afección koruñesa, ver ao equipo abrir a tempada con esta forza é máis que unha alegría: é un sopro de esperanza despois de anos de sufrimento. E se ademais nos regalan goles que xa soan a lenda, pouco máis se pode pedir.
Agora tócalle ao equipo manter esta liña e seguir afinando engrenaxes. Pero arrincar con tres puntos, ilusión e un gol candidato ao mellor do ano é, sen dúbida, un inicio de curso para celebrar.
E como diría Xoel López, citado no propio vestiario: “Do lodo medran as flores máis altas”. Pois iso, en Granada vimos brotar unha das máis fermosas.
GRANADA C.F. 1 - DEPORTIVO 3
Granada: Zidane; Naasei (Cortés, m.83), Manu Lama, Loic Williams, Diallo; Trigueros (Sergio Ruiz, m.55), Hongla; Pablo Sáez, Rodelas (Insua, m.73), Stoichkov (Jiménez, m.73); Weissman.
Deportivo: Germán Parreño; Loureiro, Arnau Comas (Ximo Navarro, m.76), Barcia, Escudero; Gragera, Villares (Patiño, m.76); Luismi (Mella, m.61), Mario Soriano (Herrera, m.83), Yeremay; Eddahchouri (Bouldini, m.61).
Goles: 0-1, m.43: Mario Soriano. 0-2, m.51: Eddahchouri. 1-2, m.54: Hongla. 1-3, m.90+1: Escudero.
Árbitro: Daniel Palencia (C. vasco). Expulsó a Manu Lama por doble amarilla (m.60 y 66) y amonestó a Eddahchouri (m.35) y Yeremay (m.70) en el Deportivo y a Pablo Sáenz (m.78) en el Granada.
Incidencias: Estadio Nuevo Los Cármenes, 13.824 espectadores. Partido correspondiente a la jornada 1 de LaLiga Hypermotion 2025-26
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???