«Este club non ten sentido se non loita polos títulos». A frase, saída da boca do director deportivo Antón Boedo, resume a folla de ruta do Liceo de cara á nova tempada. O equipo xa ten camisetas novas, xa ten catro caras novas e, sobre todo, ten un obxectivo claro: volver competir de ti a ti co Barça e levantar trofeos en Riazor.
A posta de largo non foi nun pavillón nin nun despacho, senón na Cervecería Estrella Galicia, coma quen sabe que a seña de identidade tamén se constrúe arredor dunha boa caña e un ambiente de casa. Alí Boedo deu a benvida a Blai Roca, Nuno Paiva, Toni Pérez e Fran Torres, Tombita, catro ases que chegan «nun momento moi chulo» para a entidade, convencidos de que en Koruña o hockey só se entende mirando ás alturas.
O regreso máis emocionante: Toni Pérez
A historia máis sentimental da xornada veu da man de Toni Pérez, que regresa oito anos despois de marchar ao Sporting de Portugal. Boedo non escatimou eloxios: «Cando se foi, xa era o mellor do mundo na súa posición; agora volve mellorado, cunha defensa moito máis sólida».
O propio xogador deixou ver a súa emoción: «Han pasado oito anos desde que me fui del Liceo, pero el Liceo nunca se fue de mí». Un fillo pródigo que trae consigo veteranía, gol e carácter para os partidos que marcan tempadas.
![]() |
Fichaxes do Liceo para a próxima temporada: Toni Pérez, Nuno Paiva, Blai Roca y Tombita, en su presentación co Liceo. Foto de La Opinión Coruña. |
Tombita: madurez e colmillo
Outro que volve a vestir de verdibranco é Fran Torres, Tombita. O arxentino vén dunha cesión en Lleida que lle valeu para medrar e chamar de novo á porta do primeiro equipo.
«Nos dijo que se iba para romperla y volver con más ganas, y lo hizo», recoñeceu Boedo. O xogador confirmou o discurso: «Trabajé cada día en Lleida para mejorar y volver a estar aquí, va a ser una temporada muy bonita para todos».
Nuno Paiva, o secreto mellor gardado
Desde Lleida tamén chega Nuno Paiva, portugués con pasado no Compañía de María en OK Plata. Para Boedo, é «o segredo mellor gardado do hockey mundial».
O directivo incluso revelou unha anécdota: «Tiña unhas negociacións moi avanzadas cun club importante de Portugal, pero cando o chamamos dixo: ‘yo por el Liceo lo dejo todo’». Paiva sorrí ante a nova etapa: «Me hace mucha ilusión vestir esta camiseta y ayudar a alcanzar los objetivos».
Blai Roca, muro baixo paus
Para acompañar a Martín Rodríguez na portería chega Blai Roca, un gardameta de carácter e experiencia. «Teníamos muchas ganas de traer a Blai, nos va a dar un salto de nivel y él también lo dará individualmente. Estamos en sus manos», bromeou Boedo, que destacou a súa capacidade de liderado.
O propio Roca amosou a súa ambición: «Vengo con ganas de competir todos los títulos y ganarlos, estoy harto de pelear siempre y quedarme a las puertas».
Os que seguen: columna vertebral verdibranca
-
Dava Torres: capitán, alma e brúxula, renovado ata 2027.
-
César Carballeira: stopper fiable, só lle falta a Champions.
-
Jacobo Copa: con 19 anos xa marca diferenzas.
-
Bruno Saavedra: estudante de Medicina e gladiador en pista.
-
Martín Rodríguez: portero que quere minutos de calidade.
-
Nil Cervera e Arnau Xaus: xuventude con fame de crecer.
Do filial tamén soben Iago Fouz, Markel Muñoz e Jaime Méndez, garantía de futuro.
Un ciclo novo, a mesma esixencia
O discurso é claro: o Liceo arrinca un novo ciclo gañador. As palabras de Boedo soan como declaración de principios: «Venís a un club muy grande, el más laureado de Galicia. Los que ya estuvisteis aquí lo sabéis, pero los nuevos lo vais a entender muy pronto».
A afección liceísta sabe ben o que é sufrir, animar e celebrar títulos en Riazor. E nesta cidade, onde ás veces pesa o complexo fronte ao centralismo ou ao clasismo dos señoritos do centro, o Liceo ergueuse sempre como orgullo de Koruña, bandeira de humildade e traballo duro.
Que se preparen no Palau: este equipo non vén de paseo. En Koruña o hockey é paixón, suor e un soño compartido. E se hai que gañar títulos, pois gañaranse..
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???