Llega un finde cheo de festas, boa comida, verbenas e festivais de rock, pop y folk: Flores Rock no Barrio das Flores; Recorda Fest no Porto; San Vicente de Elviña en festas; Festa do Apego na Praza de España; Virxe da Consolación e Virxe das Angustias en Abegondo; San Roque e San Miguel en Culleredo; Carral co Socorro e a empanada; festas en Espenuca e Coirós; Festival Folk de Sisalde en Arteixo; Festa do Demo no Temple; e festas patronais en Mondego, Sada.
Flores Rock: o barrio treme coa súa cita máis roqueira
Do 5 ao 7 de setembro, o Barrio das Flores volverá ser epicentro do rock máis duro cun cartel que mete medo. Pasarán por aquí Dirkschneider, Soziedad Alkoholica, Benito Kamelas, Konflikto, Costas, Nucleus e moitos máis. Os escenarios estarán na praza do Sol Naciente e na praza central do barrio. Tres días a rebentar, con sesión infantil incluída o sábado.
Praza do Sol Naciente e praza central do barrio.
Venres 5 – Domingo 7 setembro.
Venres 5
-
20.00 | Far Away Place
-
21.15 | Nashgul
-
22.30 | Dirkschneider
-
00.15 | Dark Embrace
Sábado 6
-
13.15 | Costas
-
18.00 | Pako Pakolas (público infantil)
-
19.00 | Rayad
-
20.15 | Benito Kamelas
-
22.00 | Konflikto
-
22.50 | Demenzia Sozial
-
23.35 | Soziedad Alkoholica
-
01.20 | Nucleus
Domingo 7
-
11.00 | Mercado das Flores
-
12.15 | Maghúa
-
13.15 | Dúo Chili
-
14.15 | Collón de Lola
-
15.30 | Yaya DJ
Recorda Fest: pop-rock, electrónica e memoria musical
Tamén na Coruña, o Recorda Fest traerá ao Porto da cidade un cartel de luxo: Xoel López, Lori Meyers, Nena Daconte, Lala Love You, Efecto Pasillo, Fran Perea, Despistaos, Álvaro de Luna, Juan Magán, Kate Ryan… e moitos máis. Dous días para cantar, bailar e lembrar que a música pop e rock española segue viva e coleando.
Peirao da cidade.
Venres 5 e Sábado 6 setembro.
Venres 5
-
16.00 | Alex Wall
-
16.50 | Griso
-
18.00 | Nena Daconte
-
19.15 | Marlena
-
20.45 | Xoel López
-
22.40 | Lori Meyers
-
00.30 | Lala Love You
-
02.10 | Ultraligera
Sábado 6
-
16.00 | Efecto Pasillo
-
17.20 | Fran Perea
-
18.35 | Despistaos
-
20.05 | Leire Martínez
-
21.40 | Álvaro de Luna
-
23.25 | La Reina del Flow
-
00.55 | Kate Ryan
-
01.25 | Juan Magán
-
02.35 | Henry Méndez
San Vicente de Elviña en festas
Do sábado ao domingo, Elviña énchese de música e tradición: mercado ecolóxico, pasarrúas, pregón, inchables, churrascada, festa da espuma e verbena con Los Platinos. O domingo non faltará a misa, a Banda Municipal da Koruña, sesión vermú e un sorteo ben suculento: unha fin de semana en cabanas en Fisterra.
Praza do barrio.
Sábado 6 e Domingo 7 setembro.
Sábado 6
-
09.00 | Mercado Ecolóxico (até as 15.00)
-
12.30 | Pasarrúas – Agrupación Folclórica Aturuxo
-
14.00 | Pregón e Sesión Vermú con DJ Cervatana Show
-
17.00 | Espectáculo infantil “Dallecope” (Pulpiño Viascón)
-
17.00-20.00 | Inchables para nenos
-
19.00 | Grupo Juego Sucio
-
21.00 | DJ Takesound
-
22.00 | Orquestra Los Platinos
Domingo 7
-
12.00 | Banda Municipal da Koruña
-
13.00 | Misa do Santísimo e gaiteiros Tempo Novo
-
14.00 | Sesión Vermú – La Banda del Corta
-
17.00 | Festa da Espuma
-
18.00 | Grupo de Musicoterapia de Palavea e Abegondo
-
19.00 | Fernando Paulete
-
20.00 | José Brea + sorteo “Bono Fin de Semana en Cabanas de Fisterra”
Festa do Apego na Praza de España
O venres 5, dende as 17h, a Praza de España encherase de nenos, nais e pais co Apego: música con Paco Nogueiras e Mamá Cabra, xogos e espazo de encontro para celebrar a volta ao cole en galego.
Abegondo en dobre cita: Cos e Borducedo
En Cos, a Virxe da Consolación terá misas solemnes e sesións vermú con Miami e Deluxe.
En Borducedo, a Virxe das Angustias contará co dúo Carlos e Xilo o sábado e co dúo Galán o domingo. Relixión, vermú e boa compaña.
Cos
-
Sábado 6 | 13.00 misa solemne + sesión vermú co dúo Miami
-
Domingo 7 | 13.00 misa solemne + sesión vermú co dúo Deluxe
Borducedo
-
Sábado 6 | 13.00 misa solemne + vermú e verbena co dúo Carlos e Xilo
-
Domingo 7 | 13.00 misa solemne + vermú co dúo Galán
Culleredo: San Roque e San Miguel
Tres días de troula con misas, xogos, festa da espuma, paella popular, pulpada, verbena con Venecia, Los Satélites, Élite, Eme Music, e ata un sorteo de 1.000 euros e catro sachos para rematar o luns.
6, 7 e 8 setembro.
Sábado 6
-
10.00 | Torneo Veteranos Balonmán
-
13.00 | Misa solemne
-
14.00 | Sesión vermú con Pili Pampín + paella popular
-
17.30 | Xogos infantís + festa da espuma
-
19.00 | Partido balonmán senior 1ª división
-
22.00 | Verbena: Orquestra Venecia + disco móbil Eme Music
Domingo 7
-
09.00 | Dianas e alboradas
-
13.00 | Misa parroquial
-
14.00 | Sesión vermú longa con dúo Élite + disco móbil Eme Music (haberá pulpo e sorteo do ramo)
-
18.00 | Xogos infantís
Luns 8
-
19.30 | Gran churrascada popular
-
22.00 | Verbena con Orquestra Los Satélites + disco móbil Eme Music
-
00.30 | Sorteo de 1.000 euros e catro sachos
Carral: Socorro e empanada
Carral está en dobre festa: a empanada e o Socorro. Dianas, alboradas, charangas, carrilanas, sorteos, verbenas con París de Noia, Unión e Forza, Grupo Bomba, Taao 9Louro, Fussion… e por suposto empanada da boa, orgullo panadeiro de Galicia.
4-8 setembro.
Xoves 4 | Festa da Empanada + verbena con Los Satélites e Cinema.
Venres 5 | Vermú con Unión e Fuerza (14.00) + verbena con París de Noia e Unión e Fuerza (22.00).
Sábado 6 |
-
09.00 | Dianas e alboradas (Os Viqueiras)
-
11.00 | Pasacalles (Charanga Santa Compaña)
-
13.00 | Misa a San Antonio
-
14.00 | Vermú co Dúo Matices
-
17.00 | Carrilanas + Charanga BB+
-
20.00 | Verbena con La Banda de Ayer, Quinkillada e Drugos (+ sorteo autocaravana e 500€)
Domingo 7 |
-
09.00 | Dianas (Os Viqueiras)
-
10.30 | Pasacalles (Charanga Celta)
-
13.15 | Misa a San Roque
-
14.00 | Vermú con Kalima 3.0
-
19.00 | Mekanica Rolling Band
-
21.30 | Verbena con Grupo Bomba e Taao 9Louro (+ sorteo 500€)
Luns 8 |
-
09.00 | Dianas (Os Viqueiras)
-
10.30 | Pasacalles (Charanga BCB)
-
13.00 | Misa á Virxe do Socorro cantada pola Coral Aires de Carral
-
14.00 | Vermú con Grupo Fussion
-
17.00 | Pasacalles (Charanga BCB)
-
21.00 | Verbena co Grupo Fussion
-
00.30 | Quema do Panteón
Espenuca e Coirós: festas de sempre
En Espenuca, festa dos Remedios con pulpada, churrascada e verbena con Claxxon, Andrés Solórzano, Los Alcántara e Crazy.
En Coirós, festa de Caresma con misas, música e sorteos.
Espenuca
-
Venres 5 | 21.00 pulpada-churrascada + verbena con Claxxon e Dani Pardo (sorteo 150€)
-
Sábado 6 | 13.00 misa + vermú con Andrés Solórzano + verbena con Andrés Solórzano e Los Alcántara (sorteo dun xamón)
-
Domingo 7 | 13.30 misa + vermú con Crazy (sorteo dun carretillo cheo de cousas)
Coirós (Caresma)
-
Programa similar con misas, sesións vermú e sorteos.
Arteixo: Festival Folk de Sisalde
O río Sisalde volverá ser escenario máxico do VII Festival Folk, con artesanía, postos de comida e música tradicional: Os Viqueiras, Arnela, Son de Seu, Tannahill Weavers… toda unha romaría folk á beira do río.
Río Sisalde.
Sábado 6 setembro.
Puestos de artesanía e comida + concertos de:
-
A.C. Triskell
-
A.X. Xiradela
-
Banda de Rexumeiros de Elviña-Castro
-
Banda de Gaitas Abelladeira do Bierzo
-
Os Viqueiras
-
Arnela
-
Escola de Música Entresons
-
Alana
-
Son de Seu
-
Tannahill Weavers
Cambre: Festa do Demo no Temple
O Temple arde esta fin de semana coa súa V Festa do Demo: procesión, chave, basquet, Cantos de Taberna, foliadas, exhibición de motos clásicas, paella popular e moita troula co demo correndo pola explanada do CEIP Portofaro.
Explanada CEIP Portofaro.
Sábado 6 e Domingo 7 setembro.
Sábado 6
-
10.00 | Alborada e Procesión do Demo
-
10.30 | Basquet do Demo
-
11.00 | Campionato de chave
-
14.00 | Vermú con Faíscas da Pontraga
-
19.00 | Cantos de Taberna (Cantos do Demo)
-
23.00 | Foliada Libre
-
00.00 | Charanga Louband
Domingo 7
-
10.00 | Exhibición de motos clásicas (Clásicas do Demo)
-
14.00 | Vermú con Grupo Atenas + paella popular
Mondego (Sada): patronais á antiga usanza
Churrascada popular, concurso de tortillas, globo de 10 metros, pulpada, misa, callos, xantar popular de traer a comida… e verbenas con Nova Troula, Crazy e Ciclón. Unhas festas de sabor de sempre no corazón de Sada.
Venres 5 – Domingo 7 setembro.
Venres 5 | Churrascada popular + concurso de tortillas + actuación Nova Troula (21.00) + verbena con Dúo Crazy (22.30) + solta d globo de papel (00.00).
Sábado 6 | 19.00 gran pulpada.
Domingo 7 | 12.00 misa + vermú con callos + música co dúo Ciclón + xantar popular (cada quen leva a súa comida).
Como ves, temos un finde de festa continua e da bondo, onde non chegan os pés nin o estómago para tanto. Dende rock e pop no corazón da cidade ata cantos de taberna, fok, música salsera e merengue de orquestas, empanadas, demos correndo polo Temple ou callos en Mondego, Koruña e a súa bisbarra confírmanse como o mellor parque temático da troula galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???