Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

domingo, 21 de septiembre de 2025

O Dépor rompe o muro do Huesca cun Mella estelar

 O Deportivo  asinou este venres en Riazor unha das súas noites máis completas dos últimos anos. Goleada por 4-0 á SD Huesca, liderado provisional con 14 puntos en seis xornadas, e sensacións de equipo que vai moi en serio. Os de Antonio Hidalgo fixeron doado o que na previa se pintaba como un pulso de pico e pala ante un rival rocoso.

O choque arrincou co Dépor moi enchufado e aos sete minutos xa mandaba no marcador. Mulattieri gañou liña de fondo, centrou ao corazón da área e Carrillo, no intento desesperado de cortar o pase a Yeremay, introduciu o balón na súa propia portería. O 1-0 puxo en marcha a festa en Riazor.


O Huesca tentou pechar espazos, pero o Dépor tiña claridade e presión alta ca que robaba balóns.  O protagonista da noite, sen dúbida, foi David Mella. O canteirán, que marcha coa selección sub-20, asinou dous tantos en apenas quince minutos que deixaron o choque visto para sentenza antes do descanso. Á media hora chegou o primero para el e o segundo para el Dépor: Arribas cedeu mal ao seu porteiro e David Mella atento a erro e ca pilleria dos bos goleadores, rápido coma un raio, aproveitou para bater a Dani Jiménez cunha delicada vaselina.

Mella amosou a suas mellores cualidades fronte a o Huesca. Son os cantaráns como Mella a base dos grandes equipos. Foto de DXT campeón.

No desconto da primeira metade, de novo Mella ampliou a renda tras un pase maxistralmente filtrado de Luismi Cruz. O 3-0 deixou o encontro practicamente sentenciado antes de ir ao vestiario.

Na segunda parte o guión non cambiou: control absoluto dos koruñeses e máis ocasións. O ABANCA-Riazor, que xa gozaba coa onda, explodiu no minuto 75 cando Zaka Eddahchouri, saíndo do banco, culminou un contragolpe para poñer o cuarto e situarse como máximo goleador da categoría.

O Huesca apenas inquedou cun cabezazo de Kortajarena que saíu rozando o pau. Sen máis noticias visitantes, o Dépor mantivo a portería a cero, cun Germán Parreño que non tivo que intervir entre os tres paus.

O Huesca de Sergi Guilló intento ser o que mostrou hasta agora, un equipo compacto, ordenado, con moitos homes detrás do balón, pero a muralla era de arena que pouco resistiu a os embates do oleaxe de Riazor. A súa fortaleza defensiva, que tanto se gababa durante a semana, esfarelouse en canto o Dépor atopou amplitude polos laterais e verticalidade nos xogadores de tres cuartos. Nin o recurso das transicións nin as xogadas a balón parado lle deron vida a un equipo que só pode aspirar a puntuar se non encaixa.

O resultado foi algo engañoso porque o Dépor no fallou arriba, e cada chegada era casi un gol. A defensa oscense deu moitos agasallos 

O protagonismo dos xogadores

A noite tivo varios nomes propios. Mella, autor de dous goles no que foi o seu último partido antes de marchar ao Mundial sub-20 con España, despediuse de Riazor como estrela. Mulattieri, aínda sen marcar, asinou unha exhibición como ariete: fixo xogar ao equipo, gañou duelos e provocou o primeiro gol, ademais de saber xogar de costas, arrastrando defensas e fabricando espazos

Eddahchouri, outra vez suplente, entrou para facer o quinto tanto da súa conta persoal e consolidarse como pichichi da liga. Luismi Cruz, no papel de mediapunta, deixou un pase máxico no terceiro gol. E xogadores como Villares, Ximo Navarro ou Loureiro deron solidez defensiva a un equipo que apenas concede atrás.

Un Dépor sólido e ambicioso

O máis esperanzador para o deportivismo é a sensación de equipo sólido, que defende ben e ao mesmo tempo ten dinamita arriba. Hidalgo insiste en que “hai que seguir traballando porque a igualdade é máxima”, pero este Dépor leva dúas goleadas seguidas (1-5 en Mendizorrotza e 4-0 ao Huesca) e transmite unha autoridade que non se vía dende hai tempo.

O deportivismo divídese entre os que piden calma e os que xa soñan en grande. O que está claro é que este equipo engancha e fai soñar. E Riazor respondeu como nos días grandes: con ovacións, coa ola e cun liderado provisional que sabe a gloria.

Ficha del partido

Deportivo:  Germán; Ximo (Noubi, min 79), Loureiro, Barcia, Quagliata (Escudero, min 71); Villares, Mario Soriano (Patiño, min 71); Mella, Luismi Cruz (Stoichkov, min 59), Yeremay; y Mulattieri (Eddahchouri, min 59).

Huesca: Dani Jiménez; Ángel Pérez (Toni Abad, min 46), Carrillo (Luna, min 46), Piña, Arribas, Julio Alonso (Ro, min 71); Enol, Sielva, Jesús Álvarez (Liberto, min 46), Kortajarena; y Sergi Enrich.

GOLES: 1-0, min 8: Carrillo, en propia puerta. 2-0, min 33: Mella. 3-0, min 45+4: Mella. 4-0, min 76: Eddahchouri.

ÁRBITRO: Miguel González Díaz (Comité asturiano). Amonestó al deportivista Mulattieri y a los visitantes Jesús Álvarez, Piña

Incidencias: Estadio de Riazor, 23.415 espectadores. Partido correspondiente a la jornada 6 de LaLiga Hypermotion 2025-26.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???