Agosto se nos despidió mojado, pero con el corazón cálido. Y septiembre llega con un capricho de nubes atlánticas: más lluvias y temperaturas frescas de inicio… O sea, que los cafés en terrazas seguirán siendo apuesta segura, pero recomendamos tener paraguas a mano y la sudadera a medio alcanzar.
Un Agosto cálido morre entre bagoas
Agosto despediuse en Koruña pasado por auga. A romaría de Santa Margarida, que puxo o peche ás festas de María Pita, veu acompañada de chuvia persistente, paraguas a medio abrir e músicos buscando refuxio entre camións e soportais. A pesar de todo, houbo quen non perdeu o sorriso nin as ganas de muiñeira: se algo temos os koruñeses é esa teima de non deixar que catro pingueiras nos estraguen a festa.
Os foguetes lanzáronse igual, como un “aquí estamos nós” ao ceo gris, e así quedou selado un agosto de trinta días de música, pulpo, rosquillas, artistas de aquí e de lonxe, e un paseo emocional dende Baiuca ata Bonnie Tyler. Agosto xa é historia.
Setembro arranca con chuvia
E agora chega setembro, ese mes que nos lembra que as festas se acaban pero a vida continúa. Volven os madrugóns, o tráfico mañaneiro, o cheiro a libros novos e as rutinas de sempre. Pero tamén trae cousas boas: o Noroeste aínda deixa pegada, a cidade recupérase do balbordo festivo, e o outono vai asomando pouco a pouco co seu encanto. Setembro en Koruña é tempo de volver ao mar en calma, ás terrazas cando sae o sol entre chuvascos, e á sensación de que a cidade se volve máis nosa cando desaparece o turismo masivo.
As chuvias serán persistentes este semana. Foto de Opinion Coruña |
Porque si, agosto é unha festa continua, pero setembro é como ese amigo tranquilo que che di: “veña, respira, que a vida segue e hai tempo para todo”. E en Koruña sempre hai tempo para todo: para traballar, para pasear polo Orzán cando rompe a onda, ou para sentar cun café mirando como a choiva volve mollarnos, como sempre, con agarimo.
Así que benvido, setembro. Trae auga, sol, rutina ou sorpresas, pero sobre todo tráenos a vida koruñesa de sempre, esa que nin a chuvia nin o vento poden mollarlle o ánimo.
A primeira semana promete un fisgado pero realista cambio de tempo:
-
Temperaturas algo por debaixo do habitual e un cambio de aires que refrescarán a cidade — perfecta desculpa para sacar ese xersei sen remorsos.
-
Chuvias máis frecuentes do normal, cun patrón marcado por frontes e borrascas atlánticas.
-
Inestabilidade asegurada, cortesía da borrasca Erin, que non distingue entre paraugas e chuvasqueiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???