Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

domingo, 12 de octubre de 2025

Aventuras coas focas no Aquarium Finisterrae: mergullarse na ciencia sen saír de Koruña

O Concello de Koruña abre este mércores 15 de outubro ás 9:00 da mañá o prazo para reservar praza nunha nova edición do programa “Aventuras coas focas”, unha das actividades máis queridas dos Museos Científicos Koruñeses, que volverá en outubro e novembro para achegar á veciñanza ao día a día dos animais mariños máis carismáticos da cidade.

Organizado polo Aquarium Finisterrae, o programa ofrece 108 prazas repartidas en nove sesións —con grupos reducidos de 12 persoas— nas que o público poderá vivir unha experiencia única: preparar a comida das focas, visitar as súas instalacións e incluso saír ás plataformas exteriores onde se lles alimenta e revisa o seu estado de saúde.

Trátase dun taller de divulgación científica dirixido a persoas maiores de sete anos, pensado para aprender xogando e sentir o traballo que se fai no acuario para coidar da fauna mariña. Os menores deberán participar acompañados por unha persoa adulta, que poderá facerse cargo dun máximo de dous nenos ou nenas, e será necesario acreditar a idade con DNI ou fotografía do libro de familia no momento da actividade.

As focas do acuario preparadas para sua ración diaria de peixe. 

A experiencia non ten custo adicional máis aló da entrada xeral ao Aquarium Finisterrae, pero é obrigatorio reservar praza con antelación a través da plataforma de ticketing do Concello da Koruña, xa que o número de participantes é limitado.

Unha viaxe entre ciencia e mar

Durante a actividade, as persoas participantes aprenden como se preparan as racións diarias de peixe, visitan a cociña do acuario e descobren as claves do adestramento veterinario e da comunicación entre as focas e o equipo técnico. Tamén se recrean situacións reais de observación e coidado, para entender como se mantén o equilibrio entre o benestar animal e a conservación mariña.

As sesións celébranse durante os fins de semana, con horarios de mañá (de 11:00 a 12:30 h), e combinan o xogo coa aprendizaxe. É unha actividade pensada tanto para familias como para persoas curiosas que queiran coñecer o mundo mariño desde dentro, sen saír de Koruña.

Un clásico dos museos koruñeses

“Aventuras coas focas” consolidouse como unha das propostas máis populares da rede municipal de museos, xunto coas “Noites no Planetario” e as experiencias inmersivas da Casa das Ciencias. O éxito radica no seu enfoque participativo e emocional: non só se observa, senón que se vive o traballo dos coidadores e se entende o vínculo entre humanos e animais

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???