Koruña está de festa cultural e histórica. Por un lado, o Castelo de San Antón celebra o 57 aniversario do Museo Arqueolóxico cunha programación chea de conferencias, visitas, obradoiros e música. Por outro, a Autoridade Portuaria convértese no escenario dun ciclo de conferencias que nos leva cinco séculos atrás, cando dende o noso porto partían expedicións cara o fin do mundo coñecido.
O Museo Arqueolóxico sopra 57 velas no Castelo de San Antón
O programa esténdese do venres 3 ao domingo 5 de outubro e inclúe actividades para todos os públicos:
![]() |
| Museo Arqueolóxico |
Venres 3 de outubro
-
18:30 h – Conferencia da Asociación de Amigos sobre Pedra Cuberta, a cargo dos arqueólogos Lino Gorgoso e Fernando Carrera.
-
20:30 h – Noche Internacional de la Observación de la Luna no Castro de Elviña, organizada pola Asociación Ío (sempre que o tempo acompañe).
Sábado 4 de outubro
-
De 12:00 a 24:00 h – Xornada de portas abertas no museo.
-
12:00 h – Visita guiada (inscrición previa no 981 189 850).
-
12:00 h – Taller infantil: acceso á sala de investigación do museo e manipulación de réplicas arqueolóxicas.
-
17:00 h – Taller infantil: arquitectura defensiva a través do Castelo de San Antón.
-
18:00 h – Visita guiada.
-
19:00 h – Taller de adultos sobre procesos de restauración e conservación de pezas.
-
21:00 h – Visita guiada nocturna.
Domingo 5 de outubro
-
12:00 h – Visita guiada polo museo.
-
13:00 h – Sesión vermú no patio de armas con concerto de O Acorde Secreto.
Da Coruña ás Molucas: 500 anos dunha expedición esquecida
Cada xoves de outubro ás 19:30 h no Salón de Actos da Autoridade Portuaria terá lugar o ciclo Da Coruña ás Molucas. V Centenario da Expedición de García Jofré de Loaysa (1525), cunha conferencia semanal:
-
Xoves 9 de outubro – 19:30 h
A Coruña e o seu porto no tempo da Casa da Contratación da Especiaría (1522–1529). O soño imposible do comercio coas Molucas.
Ponente: Alfredo Vigo Trasancos. -
Xoves 16 de outubro – 19:30 h
Do Atlántico ao Pacífico: Galicia no contexto dunha exploración oceánica.
Ponente: David Rodríguez Couto. -
Xoves 23 de outubro – 19:30 h
Enfrontamentos nas Molucas (1527–1529).
Ponente: Emilio C. Ojea Saball. -
Xoves 30 de outubro – 19:30 h
De A Coruña ás Molucas: mercadores e homes de negocio do norte na financiación das rutas á Especiaría.
Ponente: Amparo Rubio Martínez.
Dúas caras dunha mesma moeda
Entre o pasado arqueolóxico da nosa terra e as expedicións oceánicas que saíron do porto, Koruña lembra estes días que a súa identidade está feita de pedra antiga, salitre e memoria. Unha cidade que mira ao mar pero tamén ao seu castelo, onde cada pedra garda unha historia.
E xa se sabe: en Koruña, a cultura sempre chega co aire fresco da ría… ou cun bo vermú no patio de armas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???