O que ía ser o orgullo de Koruña, ese mercado que nos ía facer sentir coma se estivésemos en Estrasburgo (pero con Estrella Galicia e torreznos), resultou ser o maior fiasco navideño da década. O mercado de María Pita non é que teña mal pé, é que está directamente en coma inducido mentres os coruñeses asistimos atónitos a un sainete que nin na peor función de monicreques.
O electricista planta cara: "Ou cobro ou cortamos"
O venres pola tarde, a praza máis importante da cidade viviu un momento digno de película de Berlanga. Un electricista, farto de que a empresa organizadora (NC7 Events) lle deba a friolera de 8.000 euros, plantouse alí para cortar a luz. E non era un farol: a enerxía estivo cortada uns minutos ata que a Policía Local e os comerciantes —rogando por favor— conseguiron que o home desistise.
| Mercadillo navideño Foto de La Voz de Galicia |
| Electricista intentando acceder a la instalación eléctrica del poblado mientras dos agentes municipales siguen atentos sus movimientos. Foto de El Ideal Gallego. |
Comerciantes "timados" e desesperados
O peor non é a falta de luces, é a cara de parvos que se lles quedou aos comerciantes. Hai quen pagou 3.300 euros (máis IVE) por unha caseta que lles venderon como o non vai máis da elegancia europea.
A realidade? Unha empresaria do mercado dicíao hoxe sen cortarse un pelo: "Vendéronnos os mercadillos do norte de Europa e isto é peor que a Cañada Real". Non teñen comunicación co organizador, non saben se mañá terán luz para quentar o café e senten que o seu investimento foi directamente ao lixo.
Inés Rey a xuizo
A alcaldesa, Inés Rey, di que ela é "a primeira indignada". Moi ben, Inés, agradecemos a solidariedade, pero aquí hai preguntas que alguén ten que responder:
¿Como se fiscalizan estes concursos? ¿Como acaba unha empresa que non paga aos seus técnicos xestionando o "escaparate" de Nadal da cidade?
A decepción non se come: Que a alcaldesa estea decepcionada non lle devolve os cartos aos hostaleiros que apostaron polo mercado e que hoxe están vendendo churros ás escuras e baixo a choiva.
A "venda de fume": Prometer un mercado de luxo e acabar cun intento de corte de luz por impagos é, como mínimo, unha falta de respecto aos coruñeses.
O responsable de NC7 Events di que falará cando remate o evento. Pois que vaia preparando o discurso, porque dende o blog Koruña Rabuña temos claro que o de María Pita este ano non foi un poboado de Nadal, foi un monumento á improvisación e ao despropósito.
O único que brilla hoxe na praza é a paciencia dos placeros e o cabreo dos veciños. A ver se os Reis Magos nos traen para o 2026 un pouco de seriedade no Concello, porque o deste ano... iso non hai duna en Riazor que o tape.
O mercado do fiasco
Se a idea era montar un mercado de Nadal europeo en María Pita, o resultado quedou máis ben nun mercado de promesas rotas, facturas sen pagar e comerciantes facendo contas co gorro de Papá Noel torcido. “Aquí imos perder cartos todos”, resume Pier García, un dos vendedores, cunha frase que podería ser perfectamente o lema oficial do evento.
As cifras marean máis ca unha nora sen freos: casetas pagadas a 3.500 euros, outras a 10.000, e unha sensación xeralizada de ter sido enganados. O que se lles vendeu en vídeos cheos de luces, árbores brillantes e espírito navideño acabou sendo unha praza fría, sen animación, sen talleres, sen reclamos… e ás veces, sen luz.
Porque si, no Nadal de María Pita tamén houbo apagón. A empresa que montou a instalación eléctrica ameazou con cortar o subministro por unha suposta débeda de 8.000 euros do organizador. Durante uns minutos, algunhas casetas quedaron ás escuras, como metáfora perfecta do proxecto. A situación só se resolveu grazas á presión dos propios comerciantes e á mediación da Policía Local. O resumo: “non é culpa nosa que non paguen”, pero aquí estamos, vendendo igualmente.
Desde a empresa adxudicataria, NC7 Events, a versión é outra: que se debe cartos, si, pero xa se pagarán; que os comerciantes tampouco cumpriron cos pagos; e que todo se arranxará cando peche o mercado. O Concello, polo de agora, silencio administrativo, ese clásico villancico municipal que soa cando as cousas van mal.
Os vendedores, pola súa banda, non dubidan: nada do prometido existe. Nin luces especiais, nin neve decorativa, nin animación infantil. Un mercado de Nadal sen nenos é como un belén sen neno Xesús. E aquí, segundo contan, “os nenos nin veñen”. Algúns comerciantes mesmo senten vergoña ao escoitar comentarios de clientes chegados desde Andalucía ou Canarias, que viñan coñecer “a gran Nadal de Koruña”.
A alcaldesa, Inés Rey, declarou ser a “primeira indignada” e sinalou á concesionaria como responsable. Un clásico tamén: o Nadal é do Concello, o desastre é da empresa. Mentres tanto, María Pita converteuse nun escaparate de frustracións, con profesionais que levan décadas percorrendo mercados europeos asegurando que “isto non o viron nunca”.
Agora queda outra incógnita máis: o desmontaxe. O contrato di que o mercado remata o día 2, pero hai quen xa avisa de que será imposible recoller todo nun só día. Algúns comerciantes piden alongar a súa estancia para tentar recuperar perdas; outros temen que o resultado sexa unha praza chea de ferros, tellados soltos e perigo xusto antes da chegada dos Reis Magos.
En resumo: un mercado de Nadal sen Nadal, sen alegría e con números vermellos. Unha ruína envolta en papel de regalo institucional. E María Pita, unha vez máis, facendo de escenario perfecto para demostrar que en Koruña tamén sabemos innovar: o primeiro mercado navideño onde o espírito non aparece… pero as facturas si.
O que opinan os lectores da Voz de Galicia
Como sabemos que o mellor de calquera noticia é o que se escoita nas barras dos bares e se le nos foros, aquí vos deixamos unha selección do "cariño" que os coruñeses (e veciños) lle están dedicando á xestión deste mercadiño. A xente non perdoa unha:
Sobre a estética "Cutre-Medieval": "¿Navideño? Máis ben parece o mercado medieval de sempre coas mesmas casetas. Máis da metade dos postos non teñen nada que ver co Nadal" (Sasha-Viktoria).
Dardos á organización (e ao Mundial):
"¿Pero como imos organizar un Mundial se non somos capaces de xestionar un mercadiño de 'todo a cen' sen que nos corten a luz?" (BONI.6969).
Medo ao futuro (O Porto en xogo): > "O mercadiño é unha anécdota. O medo é que este Goberno que non sabe montar catro casetas con gusto sexa o que decida o que se fará nos terreos do Porto as vindeiras décadas. É para botarse a tremer" (jvie6213).
Incompetencia política: > "Unha mostra máis da incompetencia deste desgoberno. Non saben nin facer unha adxudicación. Ojo, que se fose o PP igual pasaba o mesmo... forman as listas cos que teñen menos neuronas" (dnie1989).
A retranca que non falte: > "Fai falta un enchufe: Rey sen corrente" (egec3088).
Comerciantes se van antes de tiempo
De las 35 casetas prometidas, 11 ya bajaron la persiana, cansadas de un proyecto que empezó torcido y nunca enderezó, ni con adornos de última hora ni con buenas palabras.
Los comerciantes llegaron con la ilusión de luces, música, Papá Noel y ambiente festivo… y se encontraron con pocas casetas, cero animación, lluvia colándose por los tablones y un silencio más propio de un lunes de febrero. Para rematar la escena, un corte de luz en plena tarde navideña fue la gota que colmó el vaso. Literalmente: sin luz, sin ventas y sin paciencia.
La mayoría de los feriantes se sienten engañados tras pagar entre 3.000 y 6.000 euros por un puesto que, en algunos casos, ni siquiera existía el día de la inauguración. Algunos abrieron con una semana de retraso, otros calculan pérdidas de miles de euros y casi todos coinciden en el diagnóstico: cero atractivo y demasiadas promesas incumplidas.
Ni Papá Noel, ni villancicos, ni espíritu navideño. Solo casetas que se desarman con la lluvia, facturas por pagar y un organizador que promete dar explicaciones… cuando termine la Navidad. Porque en el poblado de María Pita, al final, el único milagro sería que no se apague la luz.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???