Segundo explicou Francisco Infante, delegado da Aemet en Galicia, o sucedido entra dentro do previsible cando se fala dun “tren de borrascas” como Ingrid, con tormentas que se suceden unha tras outra. Ademais do aparato eléctrico e do granizo, o vento fixo tamén acto de presenza con rachas moi serias: no observatorio rexistrouse unha de 96 quilómetros por hora, suficiente para causar danos visibles. Un dos máis chamativos foi o levantamento parcial do teito do aparcadoiro situado xunto ao Chuac.
 |
| Forte oleaxe petando en Orzán Foto de El Ideal Gallego. |
 |
A muralla de area de Riazor, vista de fronte, non puido conter as grandes ondas do temporal. Foto de El Ideal Gallego |
 |
| O granizo deixou as rúas cubertas na maña do vernes. Foto de El Ideal Gallego |
 |
| Na tarde do vernes, o forte oleaxe non chegou a ser tan forte como para que o mar chegara a terra, ca duna xa fora de xogo. |
 |
A xente inmortalizando o momento do paso do temporal sen medo a que una onda acabara con suas vidas. Foto de El Ideal Gallego. |
 |
| O Estadio de Riazor resiste outro temporal mais neste duro inverno. Unha pena que as reformas o separaran do oceáno que podiase ver desde su interior nos seus inicios. Foto del Ideal Gallego. |
Imáxenes do paso da borrasca Ingrid (fotos de El Ideal Gallego).
Fachadas, chemineas e farolas: os Bombeiros en acción
O vento estivo detrás da maior parte das intervencións dos Bombeiros durante a alerta vermella. Houbo que actuar en saneamentos de fachadas danadas en rúas como Gerión, Manuel Murguía ou a estrada dos Fuertes. Na avenida dos Mallos, unha claraboia solta obrigou a intervir a primeira hora da tarde, e no Paseo Marítimo retirouse unha farola que ameazaba con caer desde oito metros de altura. Na rúa Federico Tapia, unha cheminea tamén supoñía un risco claro de desprendemento.
Durante todo o día, a Xunta anunciou o peche dos centros escolares, mentres o Concello prohibía actividades deportivas ao aire libre e pechaba parques e xardíns. A cidade estaba en modo precaución total, especialmente polo que podía pasar co mar.
O mar ameazou… pero quedou a medio camiño
Desde o atril, a alcaldesa Inés Rey advertía do perigo que ofrecía o océano pola tarde, sobre todo pola desaparición da duna de contención do Orzán. A combinación de pleamar e forte oleaxe facía temer que a auga puidese chegar ata Modesta Goicouría ou mesmo á praza de Pontevedra. De feito, suspendéronse as clases no Eusebio da Guarda, situado no Paseo Marítimo, e precintáronse os accesos ás praias e á Coraza.
A alerta vermella rematou ás tres da tarde, pero continuaba o aviso laranxa, coa pleamar prevista arredor das sete. A alcaldesa insistía en que o vento podía xogar unha mala pasada se cambiaba de dirección e pedía prudencia máxima. Tamén deixou claro que saltarse as restricións tería consecuencias: “Ao que se o salte, multa”.
Finalmente, o vento afrouxou no momento clave e as peores previsións non se cumpriron. As ondas, duns seis metros, quedaron por debaixo do esperado e apenas salpicaron o Paseo Marítimo. Non foi necesario cortar o tráfico, aínda que o dispositivo estaba preparado. Iso si, non faltaron os curiosos que, pese ás advertencias, se achegaron a facer fotos do mar embravecido, poñendo o selfie por diante da seguridade.
Semáforos apagados e unha cidade en vixilancia constante
O temporal tamén deixou pegada na rede semafórica. Segundo explicou Inés Rey, Koruña estivo sen semáforos ata as cinco da mañá, e aínda pola mañá persistían problemas nalgúns cruces importantes como Juana de Vega, Fonseca ou Durán Loriga.
A borrasca Ingrid non se despediu de golpe. A alerta vermella volverá activarse e, segundo Aemet, a cidade entrará e sairá do nivel máximo de emerxencia durante toda a fin de semana. Seguirá facendo frío, con chuvias e episodios puntuais de granizo, aínda que con menor intensidade ca na noite do xoves ao venres.
Mentres tanto, a neve deixou en segundo plano o protagonismo do litoral, con varios concellos da comarca en alerta amarela por acumulacións a partir dos 400 ou 500 metros. En puntos como Curtis xa se puideron ver campos tinguidos de branco, anticipo do que pode vir.
Pouco máis pode facer a cidade que abrigarse, extremar as precaucións e manterse afastada do mar. Ingrid chegou con forza e deixou claro que este inverno non pensa pasar desapercibido. En Koruña, do vermello ao laranxa e do laranxa ao amarelo, a alerta xa é case parte da paisaxe diaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???