Koruña está a vivir unha explosión de tardeos nos últimos anos, pero o que se aveciña este domingo 1 de febreiro en Bellini Rooftop (na zona de Elviña) vai marcar un antes e un despois. Non é só un tardeo: é o Bellini Sunday Experience, unha experiencia de oito horas que mestura gastronomía de nivel, espectáculo en directo, pirotecnia e ambientación temática como nunca antes se viu por aquí. A estrea leva por título Masquerade Experience, inspirada no Carnaval de Venecia, e promete ser todo un espectáculo cinematográfico
Imaxina isto: comezas ás 14:00 cun cóctel de benvida, segues cunha comida temática amenizada por actuacións en directo e rematas cun tardeo épico ata as 22:00 con DJ, bailarinas, domadores de lume, saxofonistas e sorpresas que che van deixar coa boca aberta. Todo isto nos case 2.000 m² do local, co mellor ambiente para un público maduro (a partir dos 30 anos arriba, segundo a organización).
Con menú o só tardeo
O menú da Masquerade Experience inclúe:Tres entrantes: arancinis, carpaccio de polbo e bruschetta de tomate e mozzarella.
Principal a elixir: canelones de pato e foie con salsa de setas ou tagliatelle negro de sepia con frutti di mare.
Dúas consumicións incluídas.
A ambientación é de baile de máscaras veneciano, co dress code “elegante con máscara” (non é obrigatoria, pero forma parte da experiencia; repartirán atrezzo aos que non leven). Entre as 16:30 e as 18:00 haberá shows intensos para os sentidos, e a partir das 18:00 abrirase ao público xeral para o tardeo clásico pero elevado á máxima potencia. A propiedade de Bellini levaba tempo buscando algo así para diferenciarse: “Queríamos facelo desde o principio, pero non atopabamos á xente adecuada. O que se facía noutros sitios non nos gustaba. Aquí non había esa oferta, e contactamos cunha compañía profesional que nos trouxo bailaríns e especialistas de primeiro nivel”, explican.Hai dúas opcións para non perdertelo (só con reserva previa, prazas limitadísimas):Menú completo (comida + tardeo): 50 €.
Acceso só ao tardeo (desde as 18:00, cunha copa ou dous refrescos): 12 €.
As 20 primeiras reservas do menú levan unha copa gratis extra no tardeo.
Para reservar: chama ao 881 885 470 ou consulta as redes de Bellini Rooftop.
Se buscas un plan diferente este domingo, algo elegante, impactante e 100% lkoruñés, non o dubides: Bellini Sunday Experience vai ser o tema de conversa da cidade durante semanas. Máscaras posta, lume nos ollos e ganas de gozar. Koruña rabuña, pero este domingo... ¡Koruña brilla!
.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???