Raboñudos

Bienvenidos raboñudos del mundo entero a este blog!!!

sábado, 31 de enero de 2026

O espectáculo en Riazor: modernizar o fútbol ou respectar a tradición?

O pasado domingo 25 de xaneiro, o Estadio Abanca-Riazor viviu unha xornada intensa. O Deportivo recibía ao líder da Liga Hypermotion, o Racing de Santander, nun partido de alto risco que acabou con derrota blanquiazul (0-1, gol de Peio Canales no minuto 63). Máis de 24.400 espectadores desafiaron o temporal e encheron as bancadas, pero o que máis deu que falar non foi só o resultado, senón o gran espectáculo organizado polo club.

O Dépor preparou unha previa á altura de grandes escenarios europeos: DJ amenizando a espera, entrada dos xogadores ao son de Tinho, mosaico da afección, música en directo e, como gran sorpresa, uns cañóns de fume branco detrás da portería de Ezkieta. O detalle máis comentado chegou nos últimos segundos: Charlie Patiño soltou un forte disparo que golpeou no lateral da rede (non entrou), e nese momento activáronse os tubos de fume. Moitos pensaron que era gol, pero non o foi. O efecto, planeado para celebrar un tanto, disparouse por erro e xerou moitas risas... e tamén críticas.
Momento do mosaico. Foto de El Ideal Gallego



Tino cantando. Foto de El Ideal Gallego. 

A Federación de Peñas Deportivistas reuníuse esta semana co club para trasladar o seu malestar. Nun comunicado e nas súas redes deixaron claro o seu malestar: “En Riazor temos que ter un ambiente de fútbol”. Critican que a megafonía, o DJ, os concursos, a música e os efectos especiais están a afastar o estadio da esencia tradicional do fútbol: o berro da grada, os cánticos espontáneos e a tensión pura do partido. Non é a primeira vez que pasa. Hai quen di que isto parece máis un show de NBA, NFL ou de Premier League moderna que o Riazor histórico. Pero tamén hai quen, como moitos de nós, non entende esta resistencia ao cambio.O fútbol ten que evolucionarSemellantes críticas xa se viviron no Real Madrid coa remodelación do Santiago Bernabéu: luces LED, efectos visuais, música máis potente, pantallas xigantes e ambiente máis inmersivo. Parte da afeición merengue queixouse de que “xa non era o mesmo”, que se perdía a autenticidade. Pero a realidade é que o fútbol profesional do século XXI compite con outros espectáculos (baloncesto, eSports, música, streaming...). Os estadios que non se adaptan perden atractivo para as novas xeracións e para familias que buscan unha experiencia completa.
En Riazor, con case 25.000 espectadores nun temporal, o ambiente foi eléctrico. A guerra de cánticos coa afección racinguista foi épica. O erro do fume fixo rir e xerou memes (“Humo de que?”), pero non restou intensidade ao partido. Ao contrario: moita xente saíu falando do espectáculo como algo memorable, máis alá do resultado.
Non se trata de converter Riazor nun circo, senón de complementar a forza da afección con elementos que melloren a experiencia sen substituíla. Os cánticos seguirán sendo o corazón, pero un bo DJ, un mosaico, ou un efecto visual ben cronometrado poden facer que o estadio sexa máis atractivo, especialmente para atraer a xente máis nova e a familias.
O Dépor está a facer un esforzo por modernizarse despois de anos difíciles. Tal vez o erro do fume fose un pequeno fallo de timing, pero a intención é boa: facer de cada partido un evento especial. A tradición é sagrada, pero o fútbol que non evoluciona acaba quedando atrás.

Apercibimiento de clausura do estadio e multa por lanzamento de obxetos

O Comité de Disciplina da RFEF fixo públicas esta semana as sancións derivadas dos incidentes ocorridos no partido Deportivo - Racing do pasado domingo 25 de xaneiro.O RC Deportivo foi sancionado con unha multa de 3.000 euros e un apercibimento de clausura (parcial ou total) do estadio Abanca-Riazor en caso de reincidencia. A razón oficial: lanzamento de obxectos desde a grada en dous momentos do encontro.Segundo o acta do árbitro Muñiz Muñoz:
  • No minuto 51, lanzáronse bolas de papel antes dun córner do Racing → activouse o protocolo e detívose o partido durante 1 minuto e medio.
  • Ao final do encontro, lanzáronse máis obxectos (bolas de papel, botellas de plástico e varios mecheiros), un dos cales impactou no porteiro visitante Jokin Ezkieta (sen necesidade de asistencia médica).
A sanción baséase no artigo 107 en relación co artigo 15 do Código Disciplinario da RFEF.Ademais, o capitán do Racing, Álvaro Mantilla, recibiu un partido de sanción por facer a “peineta” á grada local tras o pitido final (expulsión directa).
 Non houbo ningunha sanción polo espectáculo organizado polo club (DJ, megafonía, música en directo, concursos nin os cañóns de fume). O erro dos tubos de fume no disparo de Patiño non foi obxecto de multa nin apercibimento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???