Xa non valen as escusas. Xa non valen os sorrisos de campaña nin o postureo feminista de Twitter o en Radio Coruña. O que está a saír do Pazo de María Pita non é política, é podremia. Koruña está hoxe gobernada por un binomio que confunde o bastón de mando cun látego: Inés Rey, a alcaldesa que mira para outro lado mentres busca no dicionario como insultar mellor, e José Manuel Lage Tuñas, o "vice-todo" que actúa como un auténtico matón de barrio para protexer os seus escuros intereses particulares.
Hai momentos nos que unha cidade sente que algo se rompe. Non é un edificio nin unha estatua. É o ton. É o clima. É esa sensación de que o debate público deixa de ser discusión política para converterse en confrontación persoal permanente. Iso é o que leva días respirándose en María Pita.
As denuncias presentadas por dúas exconcelleiras socialistas contra a alcaldesa Inés Rey e contra o seu número dous, José Manuel Lage Tuñas, por presunto acoso laboral non son un episodio illado. Chegan nun contexto delicado para o PSOE galego e nun momento no que o ambiente municipal xa estaba tensionado.
As denuncias: o que se afirma
Eva Martínez Acón e Esther Fontán, ambas exedís no anterior mandato (2019-2023), remitiron escritos ao canal interno do PSOE nos que describen unha dinámica continuada de presión, berros, insultos, trato vexatorio e baleirado de competencias. Sitúan os feitos entre 2020 e 2022, durante o exercicio das súas responsabilidades no goberno local.
| Fontán e Acón. |
Unha delas asegura que xa trasladara a situación á dirección federal do partido en 2022, mediante carta ao entón secretario de Organización, Santos Cerdán. Explica que valorou acudir á vía xudicial pero descartouno polo impacto profesional e polo estado de ansiedade no que se atopaba. Agora, di, decidiu dar o paso á vista doutros casos coñecidos no partido.
As denunciantes expresan tamén indignación polo feito de que a alcaldesa se teña situado publicamente en posición de firmeza fronte a outros casos de acoso no ámbito socialista galego, mentres —segundo a súa versión— elas sufrían unha situación que non foi atendida.
Estamos, por tanto, ante acusacións graves. E as acusacións graves esixen dúas cousas: garantías e prudencia.
A resposta da alcaldesa
A rexedora coruñesa respondeu cun comunicado no que fala de “uso espurio” do canal interno, subliñando que ese mecanismo naceu para protexer vítimas reais de acoso sexual. Defende que o ocorrido responde a discrepancias políticas e a decisións vinculadas á confección das listas municipais.
Rey anima ás denunciantes a acudir aos xulgados se consideran que existe delito e lembra que a denuncia falsa tamén está tipificada penalmente. Ao mesmo tempo, reafirma o seu compromiso na loita contra a violencia machista e o acoso.
Hai, polo tanto, dúas narrativas completamente opostas: dunha banda, a descrición dun clima de mobbing e menoscabo profesional; da outra, a defensa de que estamos ante un conflito político sobredimensionado.
Será o partido, ou eventualmente os tribunais, quen teñan que aclaralo. Pero mentres tanto, o dano reputacional xa está enriba da mesa.
O cadalso das concelleiras: feminismo de boquilla e mobbing de ferro
O relato de Eva Martínez Acón e Esther Fontán non é unha "discrepancia política", Inés, é un Berro de guerra contra un sistema que tritura ás mulleres que non din "si bwana".
A tortura psicolóxica: ter medo a coller o teléfono porque a alcaldesa te vai vexar? Acabar en Urxencias cun ataque de ansiedade porque non aguantas máis o baleirado de competencias? Iso chámase violencia.
O "capo" Lage: que se lle diga a unha concelleira que "Inés é a que manda" e que a traten de "vaga" por pedir que se cumpra a ética do partido, demostra que no PSOE coruñés non hai democracia, hai un clima de terror onde ou es do "clan" ou estás morta politicamente.
A cazaría de funcionarios: se tocas os meus pisos, vou por ti
Pero o máis perigoso é o que o PP acaba de denunciar e que confirma o que moitos xa sabiamos: Lage Tuñas está amedrentando aos funcionarios da casa. Cando os traballadores de Urbanismo, por pura hixiene democrática e obriga legal, enviaron os papeis do "Escándalo dos Pisos de Lage" á Fiscalía, o tenente de alcaldesa non tardou en sacar os dentes. Citounas no despacho de Alcaldía —ese búnker do poder— para pedirlles contas.
¿Dende cando un político investigado pode chamar a capítulo aos funcionarios que colaboran coa xustiza? Iso ten un nome: abuso de poder e coacción. Lage Tuñas non quere xestores, quere cómplices que lle tapen as vergoñas urbanísticas.
O Pleno da infamia: "Voulle pintar a cara"
O que vimos no Pleno foi o cumio da chulería caciquil. Lage Tuñas, acurralado polo seu turbio asunto de licenzas, chamou a o concejal do PP Deus, Sinverguenza e o ameazou publicamente: "Voulle pintar a cara". Unha linguaxe propia dun tabernario en horas baixas, non dun representante público nunha cidade como Koruña.
E mentres o "Doberman" de Outes ladraba e ameazaba, Inés Rey facía de cómplice necesaria:Lage Tuñas insultó a nuestro concejal Antonio Deus por recordarle que hizo obras sin licencia en sus pisitos.
— PP A Coruña (@PPCoruna) February 12, 2026
¿Qué hizo Inés Rey?
NO llamar al orden a quien insultó por ser del Psoe
SÍ llamar al orden al insultado por ser del PP
Esta es la verdadera cara de la Alcaldesa pic.twitter.com/d89unjLsXC
Censura pura: cortando o micro a Miguel Lorenzo para que non puidese dicir o que todos pensamos: que Lage se comporta como un matón de feira. A alcaldesa no só cortou micrófonos, chamou á orde en repetidas ocasións e finalmente decidiu suspender o pleno ata as cinco da tarde ao considerar que o clima estaba “deturpado” e que a escalada verbal non era positiva.
A burla da RAE: sacar o móbil para buscar "sinvergüenza" mentres o Pleno saltaba polos aires é a maior falta de respecto á democracia que se viu en María Pita en décadas. Inés non moderaba, Inés estaba a disfrutar do linchamento.
O Semáforo do Réxime de Terror:
🟢 VERDE: os funcionarios que non se dobran. Malia as presións, malia as citacións intimidatorias en Alcaldía, hai xente con ética que segue enviando documentación á Fiscalía. Eles son os heroes desta historia.
🟡 ÁMBAR: o BNG. Ser socios de goberno de dous personaxes sinalados por mobbing e por amedrentar funcionarios empeza a queimar moito. ¿Ata cando vades seguir sendo a comparsa deste autoritarismo por unha cadeira?
🔴 ROXO: Inés Rey e Lage Tuñas. Non poden seguir nin un minuto máis nos seus cargos. Unha alcaldesa que ampara o acoso laboral e un concelleiro que ameaza á oposición e persegue a traballadores públicos deben ser cesados fulminantemente. Koruña non é o seu cortello.
O fondo do asunto: máis alá das persoas
Aquí hai varias capas.
-
A capa política: loitas internas, listas, equilibrios de poder.
-
A capa institucional: o respecto no exercicio do cargo e a protección do persoal e dos cargos públicos.
-
A capa cidadá: a percepción de que o Concello está máis centrado na confrontación que na xestión.
Cando unha cidade ve que un pleno acaba en suspensión por insultos, algo falla. Cando exconcelleiras falan de ansiedade e presión continuada, algo merece ser examinado con rigor. E cando a resposta política é cruzarse acusacións, o que medra é a desconfianza.
Que está en xogo
Non é só o futuro dunha alcaldesa nin o prestixio dun concelleiro. É a credibilidade dunha institución. María Pita representa á cidade. E a cidade necesita estabilidade, transparencia e respecto.
Se hai condutas reprochables, deben investigarse. Se hai denuncias infundadas, tamén debe quedar claro. Pero o que non pode continuar é a espiral de ruído permanente.
En María Pita se sabe debater con paixón. Pero a paixón non pode converterse en descalificación constante. Porque cando a política se transforma en ring, quen perde non é un partido. Perde a cidade.
A Nota do Licor Café (A que máis rasca)
"Escoita, oh, que isto xa pasa de castaño escuro. No bar hoxe non se falaba de fútbol, falábase da chulería destes dous. ¿Pero que se cren, que María Pita é unha película do Padrino versión Outes? Que Lage lle diga a un tío que lle vai pintar a cara no medio dun Pleno é para que alguén o colla pola orella e o poña na rúa xa.
E o de Inés... ¡ah, o de Inés! Vaia papelón, nena. Mochando o micro a todo o que non lle baila a auga e facendo chistes co diccionario mentres as súas propias compañeiras denuncian que as tiña torturadas coa 'gota malaya'. Aquí na Koruña sabemos o que é un kazike en canto o vemos camiñar, e estes dous teñen o andar moi marcado. Menos 'voulle pintar a cara' e máis dar a cara de verdade polos pisos, polas licenzas e polas berras ás mulleres do partido. ¡Saúde e que o próximo temporal leve de María Pita a toda esta xente que se cre que o bastón de mando é un garrote para dar paus!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tú Koruño o simpatizante de Koruña City cuál es tu opinión???